Presentación de Avregos, o novo traballo de Iván Costa en solitario…

There isn´t barn without straw…

Este sábado 25 de Marzo terá lugar a presentación do novo traballo en solitario do gaiteiro moañés.

O acto celebrarase na Casa do Concello de Moaña ás 21:30 e nel intervirán Xan Cancelas, concelleiro de cultura do Concello de Moaña, Xosé Gil Dopazo, da Asociación de Gaiteiros Galegos, Candido Meixide de Edicións do Cumio e o propio Iván Costa.

A presentación rematará cunha intervención musical do gaiteiro acompañado por Sergio Cobos (percusión), Miguel Souto (percusión) e Iván Abal (zanfoña e gaita).

Quedades avisados…