Día do ORGULLO GAITEIRO. Ourense. Venres 17 e sábado 18 de decembro.

O Dia do Orgullo Gaiteiro celebrarase en Ourense o dia 17 e 18 de decembro, coincidindo coa data da primeira referencia histórica coñecida de un gaiteiro na provincia de Ourense, Gomes Mouro, recollida no documento de 17 de decembro de 1458 (que podedes consultar na sección Documentos).

OURENSE TEN TRADICIÓN. O DIA DO GAITEIRO É UN DIA PARA CELEBRAR O GRANDE PATRIMONIO MUSICAL DE OURENSE.
+info: aulagomesmouro

Programa:

VENRES 17 de Nadal 2004
———————————————————————————–

Na Aula de Cultura do Liceo de Ourense (está no centro, próximo á praza maior) a partir das 20:00 hs.

Conferencia a cargo de José Luis Dopico Orjais, experto en música patrimonial e mestre do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, sobre a figura do gaiteiro.

A continuación, lectura do Manifesto Gaiteiro, e declaración formal do día 17 de decembro como Día do Orgullo Gaiteiro e festa anual reivindicativa da música tradicional en Ourense.

Actuacións de grupos e músicos ourensáns: Aula Gomes Mouro, Coanhadeira, Os Vapores das Burgas, e tamén de músicos convidados de toda Galiza. Festa e baile.

SÁBADO 18 de Nadal 2004
———————————————————————————–

No Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas (Centro Comercial As Lagoas, Plaza Mtnez. Padín, xunto á eirexa)

Mesa redonda: “Gaiteiros para un novo século”, Participarán membros da Aula Gomes Mouro, da Asociación de Gaiteiros Galegos, e do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas.

Homenaxe e entrega do premio “Orgullo Gaiteiro”, ao Sr. Paco, Gaiteiro de Escornabois (concello de Trasmiras-Ourense).

Actuación do homenaxeado e dos grupos e músicos convidados de toda Galiza, Pablo Carpintero, Picuinha gaiteiros…

Clausura con Festa e Baile…