Curso de Cultura Tradicional… Cantigas e Frores

There isn`t barn without straw…

Esta asociación ven organizando dende 1983, con carácter anual, un “Curso de Cultura Tradicional Galega”, con varias especialidades, e con caracter aberto e gratuíto. Este curso foi o primeiro que se fixo con carácter permanente en España e vense celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa. Acadará no ano 2006 a súa XXIV edición.

Nos últimos anos foi patrocinado pola “Dirección Xeral de Promoción Cultural” da “Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo” da Xunta de Galicia; colaborando o Excmo. Concello de Lugo coa cesión do Auditorio Municipal e os locais anexos da Piscina Municipal, onde de levan a cabo as clases.

As especialidades do curso son as seguintes:

    1. Técnicas de gaita
    2. Técnicas de canto e pandeireta
    3. Técnicas de percusión tradicional
    4. Técnicas de baile tradicional
    5. Técnicas de zanfona

Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 teñen que asistir cos correspondentes instrumentos musicais. Entre o profesorado atópanse nomes dos máis destacados dentro
da música e o baile galegos. Nas dúas derradeiras edicións
participaron coma mestres:

No ano 2003

IVÁN COSTA BLANCO (Técnicas de gaita) – Mestre de gaita
no CEIP de Carballedo (Cotobade), director de varios grupos na provincia de
Pontevedra e gañador de numerosos premios de gaitas.

OLGA KIRK MARTÍNEZ (Técnicas de canto e pandeireta) –
Dra. Pandeireteiras de "Cantigas e Agarimos" (Santiago).
Directora de "Donaire" da Coruña.

FRANCISCO ESTEVEZ "Chuco" (Técnicas de percusión
tradicional) – Expercusionista de "Chouteira" e profesor no "Conservatorio
de Música Tradicional e Folque de Lalín".

PABLO DÍAZ CARRO (Técnicas de baile tradicional) – Excompoñente
de "Xacarandaina", compoñente de "Route" e profesor
de baile de "Donaire" da Coruña.

OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO (Técnicas de zanfona) – Membro
de "Os Cempés", profesor de zanfona no "Conservatorio
de Música Tradicional e Folque de Lalín" e profesor
de zanfona na Escola Municipal de Música da Coruña.

No ano 2004

PEPE VAAMONDE MANTEIGA (Técnicas de gaita) – Leva máis
de vinte anos como mestre gaiteiro. Gañóu importantes premios
"I Certame Pelegrín", "Soutelo de Montes", e en tres
ocasións "Constantino Bellón". Ten editados os discos
"Danza Prima", "Aviouga".

Mª DEL CARMEN GIADÁNS DOPAZO (Técnicas de canto e
pandeireta) – Pertence ó grupo "Brincadeira" dende o ano 1997.
Da clases de pandeireta e canto en varias agrupacións de Santiago de
Compostela e impartiu cursos en varios Centros Galegos.

ANDRÉS VILÁN (Técnicas de percusión tradicional)
– Está adicado dende hai máis de 15 anos ó estudio da percusión
tradicional galega. Imparte clases en diversas escolas de música tradicional
e asociacións culturais. Ten participado en numerosos traballos discográficos.

LUÍS PREGO FERNÁNDEZ (Técnicas de baile tradicional)
– Director do Grupo de Baile e Música Tradicional "Brincadeira".
Fundador e director de "O Fiadeiro".

ANXO LOIS PINTOS (Técnicas de zanfona) – É basicamente
gaiteiro e zanfonista, ainda que tamén participa do uso do violín,
do saxofón, do piano, da frauta de pico, da percusión tradicional"
Na actualidade divide a súa actividade entre Berrogüetto e o labor
de mestre de Zanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Escola
de Artes e Oficios de Vigo.

No ano 2005

DANIEL BELLÓN GARCÍA (Técnicas de gaita) – Profesor
na "Escola de Gaita Tradicional" da Sociedade Cultural Medulio
(Ferrol). Membro de grupos como a Banda de Gaitas ‘Airiños de Fene’,
"Roquementroque", "Xaloucos" ou "Luvas
Verdes", cos que ten realizado importantes actuacións en España,
Portugal e Francia.

Acadou moitos trofeos, algúns en repetidas ocasións, coas mencionadas
formacións e en solitario. Foi nomeado "Gaiteiro Maior de Fene",
e ten participado en varias gravacións así como nalgunhas publicacións.

UGÍA PEDREIRA (Técnicas de canto e pandeireta) – Directora
do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

É Cantante e Psicóloga. Fundadora do proxecto MARFUL. Coñecida
na música tradicional polos tres discos editados co grupo Chouteira e
pola súas constantes colaboracións en distintos estilos musicais
(O Musical Dillei, Nación Reixa, Banda Basotti, Eliseo Parra, o espectáculo
Son delas, Susana Seivane, Cempés, a música para a exposición
Narracións de Caxigueiro, o espacio sonoro do Canto Do Dime-dime de Factoria
Teatro,etc.). No ano 2000 crea e dirixe o Conservatorio Folque de Lalín
onde imparte aulas de canto.

XOSÉ LOIS ROMERO GAGIGAL (Técnicas de percusión
tradicional.) – Membro do Grupo de Música Tradicional do IGAEM, corpo
musical habitual do Ballet Galego Rei de Viana.

Forma dúo con Xesús Vaamonde. Tamén é membro de
Lelia Doura e, ven exercendo como percusionista de Luvas Verdes. Forma parte
do espectáculo "Projecto Ninguém", na montaxe
"Ball-cans". Ten acadado diversos premios e recoñecementos,
algúns deles en varias ocasións. Ten participado en diversas gravacións,
e feito varias publicacións. Algunhas obras súas forman parte
do repertorio de coñecidos artistas

SERGIO COBOS (Técnicas de baile tradicional) – Profesor de baile
tradicional impartindo clases en diferentes grupos.

Tamén fai unha ampla labor de recollida de música e bailes tradicionais.
Foi membro de Violia e Rumbadeira e estivo trece anos no grupo Cántigas
e Agarimos. Impartiu cursos en Pamplona, Barcelona e Nova York e ten participado
en diferentes festivais e obradoiros de baile internacionais en Francia e Portugal.

GERMÁN DÍAZ (Técnicas de zanfona) – Forma parte
dos proxectos: BALDO MARTÍNEZ CUARTETO ACÚSTICO, SINFONIA QUARTET,
NUKE TRIO, RAO TRIO, LUKUM TRÍO, Dúo Anxo Lorenzo-Germán
Díaz, DÚO DE FUEGO (Pascal Lefeuvre y Germán Díaz),
Dúo Gorka Hermosa-Germán Díaz, Dúo Wafir Sheik-Germán
Díaz, LA PARRUS DIXIE BAND, e dirixe o seu propio espectáculo,
"EL SÚETER DE CLAUDIA". Foi membro da VIELLISTIC
ORCHESTRA en Francia.

Traballou con cantantes coma MARIA SALGADO e UXÍA. Tamén pertenceu
ó grupo galego LAIO. Ten actuado por toda España, Francia, Arxelia,
Irlanda, Alemania, Portugal, Bélxica, Países Baixos, Noruega,
etc.
Foi compositor en diferentes obras teatrais, ten desenrolado unha ampla actividade
docente e editou diversas publicacións. Tamén colaborou en case
un centenar de grabacións discográficas. Galardoado co premio
"Racimo de Oro" da música. Ten a súa propia
discográfica.


A este curso asisten coma alumnos músicos e bailarines de todo o Estado
e, en ocasións, de outros países.

Nas últimas edicións a duración do curso foi de tres días,
aínda que en anteriores ocasións ten cuberto a Semana Santa completa.
O horario ocupa todo o día, dende as 9:30 da mañá ata as
20:00 do serán.

No referente ás incricións pódense facer dende o momento
da convocatoria do curso que, ainda que non ten unha data fixa, vense facendo
un mes e medio antes da apertura do curso. A asociación, nese momento,
fai comunicados á prensa, ós socios e a outras asociacións,
así como ós anteriores participantes e a entidades relacionadas
co mundo da Cultura Galega, tales como Casas Galegas de toda España e
no extranxeiro.

Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico
(se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 – 27080 LUGO
FAX: 982 26 52 80
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
O prazo de inscripcións remata no momento que se cubren as prazas de
cada especialidade.

Quedades avisados…