Foise co vento… e faltan ainda moitas…

There isn´t barn without straw…

O mesmo vento que fixo crebar o mastro da bandeira española na Coruña parece o mesmo que propagou a noticia pola rede galega, e así ao longo do domingo e deste luns os blogueiros apuraron a manifestar a súa alegría e facer algo de chanza co asunto. A frase máis repetida é “foise co vento”, pero hai máis onde escoller: dende “os falla la base”, que titula O quilombo até o “Se rompe España” da VA-CA ou os “novos aires” que dixo Javier Losada que ía traer á Coruña, pasando polos máis poéticos Martin Pawley ou Si home si, quen nos recorda que “a natureza imita a arte”.

Mesmo temos a exclusiva en vídeo dos primeiros momentos da bandeira caída, ofrecidos por Televaral. E en Arredemo xa ofrecen unha posíbel substituta á bandeira rojigualda. Pero ademais os coruñeses xa pasaron á acción e autoconvócanse vía SMS para concentrarse na coraza do Orzán á mesma hora na que traten de repoñer a bandeira. Polo momento non se sabe que decisión vai tomar o novo alcalde da Coruña, pero dende Indymedia aconsellan estar pendentes do teléfono móbil.