Concurso: Embarca na Carpa!

There isn`t barn without straw…

A Consellería de Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Xuventude e a de Turismo veñen de poñer en marcha o certame de fotos, microcurtametraxes e música ‘Embarca na Carpa!’, na que tamén colabora Televisión de Galicia. Trátase dunha convocatoria na que poden participar mozos e mozas de entre 12 e 20 anos enviando as súas imaxes, os seus filmes e as súas cancións.

‘Foto reveladora’ é unha convocatoria para a realización de fotografías que recollan e revelen aspectos singulares, raros e sorprendentes da vida cotiá e da ocupación do territorio. Han de ser orixinais e inéditas e valorarase, ademais da calidade, o sentido do humor.

‘Filminutos’ é unha iniciativa para promover a creación en vídeo dixital da xente máis nova, a través da realización de pezas moi breves (menos de 60 segundos) en soportes domésticos. As cinco mellores serán emitidas na TVG.

Para rematar, ‘Música a esgalla’ é unha convocatoria para a promoción de solistas e grupos de música. Os catro mellores poderán interpretar un tema dentro da programación musical do Xabarín Clube da TVG.

Os interesados poden conseguir as bases do concurso nesta web:
http://www.aculturacircula.info

quedades avisados pequenos padawans…