Raigañas presenta o CD Baila que podes bailar

O vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños, o grupo de cantareiras Raigañas presentará a súa primeira gravación musical baixo o título Baila que podes bailar.

Unha ducia de temas tradicionais recolleitos na parroquia nativa deste grupo de voces femininas (Cerqueda) e tamén ó longo das comarcas de Bergantiños e Xallas. O acto de presentación contará coa colaboración de persoeiros da música e danza tradicional como Quique Peón e Olga Kirk, entre outros.

Unha boa ocasión para escoitar a música máis tradicional da Costa da Morte.