II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA

II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA
28, 29 e 30 de abril 2006
Auditorio Municipal de Narón

EXPOSICIÓN INTERACTIVA. O ARTESANATO DA ZANFONA.

ARTESáNS:

  • Xaneco Tubio – Outeiro de Rei, Lugo
  • Pablo Cid – Antas de Ulla, Lugo
  • Jaime Rebollo – Marín, Pontevedra
  • Venres 28 11:00/13:30 e 16:00/20:00

CURSO DE ZANFONA CON MARC EGEA (CATALUNYA) www.marcegea.com
Sábado 29 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Domingo 30 de 10:00 a 13:00

CONCERTOS:

  • MARC EGEA. (Catalunya)
  • LUIS CORREA. (Galicia)
  • Dúo FDZ. – QUINTÁ. (Galicia)

Venres 28 ás 20:30

Para inscribirse no curso tede en conta:
Prezo 70¤ / 60¤ asociados ao CMTF.

e-mail: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384829 – Tlfno: 981 391144

Enviar Fax ou e-mail cos seguintes datos:

  • nome e apelidos
  • correio electrónico
  • nº de tfno.
  • Xustificante de ingreso na conta:

2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia
Reserva de aloxamento e comidas no mesmo tfno. da inscripción.


EXPOSICIÓN INTERACTIVA: OS ARTESÁNS DA ZANFONA.

Esta é a gran novidade que se incorpora ao II Encontro coa Zanfona Contemporánea e que este ano abre boca cunha proposta na que se procura crear un punto de encontro entre zanfona e público. Con ela, un descubrimento das sensacións, vivencias, controversias que rodean este instrumento e que nos fan tomar parte nel nun momento de evidente crecemento, pero no que aínda se están asentando cimentos.

Os Artesáns converteránse en mestres por un día e abren as portas do seu taller, para achegárno-los seus instrumentos, inquedanzas e segredos con todo luxo de detalle..

Todo isto artellase nun formato revolucionario que converte a tradicional mostra nun espacio didáctico de carácter multisensioral no que se tentan condensar o maior número de experiencias co obxectivo de facilitar unha visión mais ampla sobre o mundo da zanfona: instrumentos desartellados, curiosidades, anécdotas, partes do proceso de construcción, proxeccións audiovisuais, coloquios, demostracións, proba de instrumentos, material sonoro, información divulgativa…

Esta mostra guiada estará pensada para grupos escolares e mais para o público xenérico.

ARTESÁNS:
EXPOSICIÓN INTERACTIVA. O ARTESANATO DA ZANFONA.
Artesáns:

  • Xaneco Tubio – Outeiro de Rei, Lugo
  • Pablo Cid – Antas de Ulla, Lugo
  • Jaime Rebollo – Marín, Pontevedra
  • Venres 28 11:00/13:30 e 16:00/20:00

SERÁN DE CONCERTOS: OS SONS DA ZANFONA.

As actuacións deseñadas para este ano tentan dar mostra ó público da gran diversidade de propostas musicais que rodean á zanfona contemporánea. Trátase de tres actuacións pensadas para tódo-los gustos na que participan artistas galegos e mais do exterior:

[Zanfona + palabra] únense na figura de Luis Correa (Galiza) para revivi-la figura do cego e os seus romances, xénero zanfonístico por excelencia. Humor, retranca, espontaneidade e unha gran dose de improvisación son rasgos do seu espectáculo.

[Zanfona + danza] fáise inevitable cando soan xuntos a roda e mai-lo acordeón de Óscar Fernández e Carlos Quintá (Galiza). A zanfona é reciclada, adaptándoa aos ritmos bailables populares da tradición galega como muiñeiras e pasodobles, nos que nun principio non estaba presente.

[Zanfona+0] Marc Egea, (Catalunya), presenta o seu novo disco titulado Melanocetus. Nel a zanfona é a única protagonista dunha proposta ecléptica e intimista, principio e fin dun círculo vicioso persoal.

CONCERTOS

  • MARC EGEA. (Catalunya)
  • LUIS CORREA. (Galicia)
  • Dúo FDZ. – QUINTÁ. (Galicia)

Venres 28 ás 20:30