Nace, Verdegaia

There isn`t barn without straw…

NACEU VERDEGAIA!
Verdegaia é o nome escollido para a nova asociación ecoloxista de ámbito galego que se constituiu o 2 de abril nunha asemblea celebrada en Compostela, para a que se inscribiron 90 persoas.

Unha asociación plural, apartidaria, democrática e independente, que aspira a cubrir un oco até o de agora libre no panorama ecoloxista galego.

Unha asociación que contará con activistas organizad@s en Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo desde o seu nacemento.

Proximamente, poderás saber máis sobre a asociación no web www.verdegaia.org
[+info: www.constituinte.info]