VII Concurso de Música Tradicional Xiradela …clasificacion final

There isn`t barn without straw…

O pasado domingo 2 de abril tivo lugar en Arteixo o VII Concurso de Música Tradicional organizado pola A.C. Xiradela. Os grupos premiados foron os seguintes:

Cuartetos de Gaita:
1º PREMIO: “Os Fontes Suairas” (A Coruña)
2º PREMIO: “Donaire” da A. C. Donaire (A Coruña)
3º PREMIO: S.C.R.D. “O Castro” (Miño)

Gaiteiros solistas
1º PREMIO: Anáisy Gómez Fernández
2º PREMIO: Anxo Piñeiro Souto
3º PREMIO: Eric Torra Naveira

Por outra banda, o vindeiro domingo 9 de abril terá lugar no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo o VII Concurso de Música Tradicional na modalidade de Grupos de Pandereteiras. Participan preto de 50 grupos, divididos en 4 categorías (según a idade).

Horarios:
Categorías A e B: 11:00 h.
Categorías C e D: 16:30 h.

quedades enterados…