Programa de exhibicións da Mostra Audiovisual Viaxes na Lusofonía

There isn`t barn without straw…

Entre o xoves 20 de abril e o sábado 22 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC proxectará 55 filmes procedentes de Brasil, Portugal, Galicia, Angola, Cabo Verde e outros países da África Lusófona. Son producións independentes, non comerciais, realizadas nos últimos dous anos, entre as que destacan a gran variedade de olladas sobre a realidade social destes países, presentadas a través dun conxunto de documentarios de gran calidade, moitos deles premiados noutras mostras e festivais. Hai que salientar asemade a presenza de producións de creadores noveis, procedentes das escolas de cinema de Portugal e Galicia, así como de pezas audiovisuais realizadas polas televisións universitarias brasileiras. Por último, a mostra reserva un espazo para amosar a realidade actual dos pobos africanos de Cabo Verde, Sao Tomé, Guiné Bissau, Mozambique ou Angola.

A Mostra ábrese o xoves ás 16 horas, nunha sesión que se adianta á apertura oficial, na que se proxectará o filme de Carlos Velo Terras do Xicle, inédito en Europa. Tras case quince horas de cinema, Viaxes na Lusofonía pecharase o sábado ás 13.30 horas. E como non todo vai ser cine, o venres 21 ás 21.30, Uxía ofrecerá un concerto no que, como o título da Mostra, viaxará polas tradicións musicais da lusofonía, das costas africanas ás galegas, pasando por Brasil e Portugal.

A Feira Audiovisual conta coa participación de case 300 producións, procedentes de todos os países xa referidos. Todos os filmes que non se proxecten nas exhibicións públicas poderán ser vistos igualmente; para ese fin a Sala de Visionado 2 (V2) da Facultade de Xornalismo queda a disposición de todo o que o desexe. Os interesados en consultar algún dos produtos presentes no catálogo só teñen que solicitalo no stand da organización, localizado no primeiro andar da Facultade, xunto á entrada ao Auditorio. En función da dispoñibilidade dos filmes e dos locais de exhibición, facilitarase unha copia do DVD solicitado, debéndose deixar en depósito un documento de identidade. As proxeccións que se realicen na V2 estarán abertas a todos os asistentes e serán supervisadas por un representante da organización da Mostra.

Xoves 20 quinta

16:00 Sala de Visionado 1 (V1) Olladas sobre Brasil (120’)
Silva. Beto Sporkens. Docu. 18’. Brasil
Isso, aquilo e aquilo outro. Miriam Chnaiderman. Docu. 35’. Brasil
Ó Antenor, igualmente nós. A.C. Cirino, J. Carvalho, M. Costa, M. Rattes e P. Gomes. Docu. 10’. Brasil
A urgência. Dellani Lima. Experimental. 4’. Brasil
Olhar transeunte. Anna Lucchese. Docu. 33’. Brasil
Estudo etílico para construção de uma estrada real. Pedro Urano. Docu. 20’. Brasil

16:00 Sala de Visionado 2 (V2) Viaxes no tempo, viaxes no espazo (110’)
From park to park. Tito Guedes e Manuel Ogando. Experimental. 4’. Portugal
Sao Paulo, Saudades do futuro. Marie-Clémence & César Paes. Docu. 52’. Brasil
Cidade em movimento. Vasco Santos e Frederico Gonçalves. Experimental. 3’. Portugal
Duas histórias de prisao. Ginette Lavigne. Docu. 52’. Portugal

18:00 Auditorio da Facultade. Apertura da Feira
Proxección do filme inédito de Carlos Velo Terras do Xicle

19:00 Auditorio da Facultade. Viaxes en África (150’)
Mar e Selva (Mionga ki ôbo). Ângelo Torres. Docu. 50’. Sao Tomé
Batuque, a alma dun povo. J. Silvão. Docu. 50’. Cabo Verde
Histórias da música angolana. Jorge António. Docu. 50’. Angola

Venres 21 sexta

11:00 V1 Cinema Novísimo de Brasil (75’)
O cao sedento. Bruno de Sales. Fición. 10’. Brasil
Leviatá. Camilo Cavalcante. Fición. 20’. Brasil
O escritor das ruas. Marcelo F. Sampaio e Tote Justino. Fición. 12’. Brasil
Sacanagem poética para as novas gerações. Dellani Lima. Experimental. 4’. Brasil
O cao engarrafado. Anna Lucchese. Fición. 10’. Brasil
Ah! Eu já ía mesmo pedir notícias dele…. Louise Ganz e Dellani Lima. Experimental. 3’. Brasil
Capítulo primeiro. Roberto Maxwell. Fición. 17’. Brasil

12.15 V1 Feito aquí (135’)
Titirimundi. Marcelo Martínez. Docu. 6’. Galicia
Manuel María. Fala e terra desta miña terra. Margarita Ledo. Docu. 27’. Galicia
Rúa Limia, s/n. Teresa Barberena. Fición. 10’. Galicia
O Mito de Venus. Cristina Castro, Carmen Costa, Jacobo Rey, Silvia Roca e Nuria López. Docu. 16’. Galicia
Wolfram. Antón Álvarez, Inés Colmeiro, Miguel Lamas, Cristina Mouriño e Claudio Pan. Docu. 10’. Galicia
Cabodomundo. Comba Campoy. Fición. 30’. Galicia

14:30 V1 Creando historias (90’)
Lixo verbal. Fernando Pujalte. Fición. 5’. Galicia
A dúas velas. Quique Otero. Fición. 5’. Galicia
En Plan Galicia. Quique Costas. Fición. 5’. Galicia
O señor do Telexornal. Alex Sampaio. Fición. 5’. Galicia
As muxicas. Carlos A. Alonso. Fición. 18’. Galicia
Como foi o conto. Alberte Pagán. Fición. 31’. Galicia
A boa caligrafía. Alex Sampaio. Fición. 20’. Galicia

16:00 V1 Recreacións do real (150’)
Ave Maria ou Mãe dos Oprimidos. Camilo Cavalcante. Docu. 9’. Brasil
Gosto de ti como és. Sílvia Firmino. Docu. 56’. Portugal
Branco e negro. Daniel Blaufuks. Fición. 21’. Portugal
História da Eternidade. Camilo Cavalcante. Fición. 9’. Brasil
Documento Boxe. M. Clara Vasconcelos. Docu. 53’. Portugal

18.30 V1 É todo verdade (150’)
Tinta Fresca. Paula Alzugaray e Ricardo van Steen. Docu. 52’. Brasil
Muvart. J. A. Nhantumbo. Docu. 52’. Mozambique
Bissau d’Isabel. Sana na N’hada. Docu. 52’. Guiné Bissau

18.30 V2 Elas teñen a palabra (140’)
Estrela da tarde. Madalena Miranda. Docu. 26’. Portugal
D. Nieves. Miguel Gonçalves Mendes. Docu. 30’. Portugal
Mulheres da terra. Liliana Liberato, Mariana Puga, Xandra Stefanel. Docu. 20’. Brasil
Coisa dos homens. Rafael Miyashiro, Belkis Trench. Docu. 35’. Brasil
City skin. Telmo Ramos. Experimental. 3’. Portugal
Naquele bairro. Madalena Miranda. Fición. 26’. Portugal

21:30 Auditorio da Universidade, Campus Sur
Concerto de Uxía

Sábado 22

10:00 V1 Cidades en (de)construción (120’)
Foi através da necessidade. Ana Lúcia Ferraz. Docu. 20’. Brasil
O arquitecto e a Cidade Velha. Catarina Alves Costa. Docu. 72’. Cabo Verde
Madrugadas. Rui Simões. Docu. 24’. Portugal

12:00 V1 Olladas sobre Portugal (90’)
A guerra no Iraque. Leonor Areal. Docu. 25’. Portugal
No jardim do mundo. Maya Rosa. Docu. 65’. Portugal

12:00 V2 O cinema é do pobo (75‘)
CCCV, Cine Clube Carlos Varela. Ramiro Ledo. Docu. 65’. Galicia
Tudo Punk é católico. Carlos Magno e Bruno Pacheco. Experimental. 7’. Brasil
Cançoes de Dili. André Bechelane. Docu. 10’. Timor Leste

fonte: http://www.lighthouseman.blogspot.com