Nelson Lines presenta…

Estimad@s usuarias…

A compañía de viaxes Nelson Lines e a súa filial de navigación aérea “Aerolíneas Quinteiro” teñen o enorme pracer de convidalas a unha viaxe de pracer que terá como punto de saída o café Alfaiate de A Coruña, o vindeiro Martes 25 de Abril ás 22:30 horas.



Utilizando o mellor medio de transporte do que dispoñemos na nosa Compañía… a palabra… invitámolos a unha viaxe que comezará facendo escala por diferentes localidades, xéneros e oficios galegos. As seguintes paradas serán xa no país veciño, e a data non é casualidade, porque homexanearemos coincidindo co XXVI aniversario da revoluçom do Cravos a José Afonso, o home que puxo banda sonora a este grande acontecemento. Dende aí colleremos primeiro o avión e logo o barco para seguir con visitas a diferentes países da lusofonía, como Cabo Verde, Angola, Moçambique ou Brasil. Finalmente, como emigrantes retornados volveremos ao noso lugar de orixe facendo unha parada obrigatoria polo Morrazo.

Lembren que poden facer efectivo o seu billete electrónico chamando ao 647 647 404.
A porta de embarque estará situada no campo da Leña nº 1, Café Alfaiate.
O horario de consigna e facturación da equipaxe é dende as 18:30, todos os días.

Sen mais, entón lembren de traer un cravo vermello e preparense para desfrutar coa voz do noso piloto, Nelson Quinteiro e con toda a trepulación de a bordo, @s alumn@s do obradoiro de Expresión Vocal e Canto do 3º Pé. Andar Criativo.

Nelson Lines, Aerolineas Quinteiro agradécelles a deferencia de viaxar con nós.

Moito obrigado.