OS MúSICOS GALEGOS ESIXEN á XUNTA MAIS APOIOS

RECLAMAN A CONSIDERACIÓN DO SEU TRABALLO COMO UN BEN CULTURAL E ECONÓMICO
Os músicos galegos esixen á Xunta máis apoios.

[19/04/2006 19:27] Representantes de grupos como Milladoiro, Mamá Cabra e Nova Galega de Danza e autores como Xabier Díaz e Amaro Ferreiro, reuníronse hoxe en Santiago co galo das súas respectivas nominacións aos X Premios da Música. Este grupo de músicos denunciaron o esquecemento que sufre a industria musical galega por parte da Xunta e reclamaron apoios como os que recibe o sector audiovisual, así como a consideración do seu traballo como un ben “cultural e económico”.

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) propiciou hoxe un encontro destes músicos e un coloquio con periodistas. Nel constatouse que o importante número de nominados galegos a esta edición dos Premios da Música demostra a existencia de novos artistas que triunfan pese ás circustancias nas que traballa, segundo Xosé Luis Romero, integrante de Nova Galega de Danza. Moncho García, integrante de Milladoiro, opinou que a música que se fai en Galicia está a un nivel “fantástico” e que “está acadando cotas de mercado moito maiores que outros sectores máis apoiados pola Administración”, en clara referencia ao audiovisual e ao teatro.

O delegado da SGAE Noroeste, Xavier Vidal, afirmou que en relación coa música “os aliados naturais” son a consellería e o ministerio de Cultura, engadindo que “se conformaría” con que os departamentos de Industria “non sexan contrincantes”. Puntualizou que a cultura ten “unha faceta económica”, pero que non se pode esquecer a “vena romántica”. De feito, Gloria Mosquera, Mamá Cabra, reivindicou que a cultura é un “ben de todos” e que é necesario que os nenos reciban educación musical.

No referido aos premios, os nominados galegos mostráronse “contentos” e satisfeitos polo recoñecemento que supón as súas respectivas candidaturas. Gloria Mosquera, que comparte candidatura con Nova Galega de Danza e Xabier Díaz polo premio á Mellor Canción en Galego, lembrou que eles fan música infantil en galego e resaltou a “gran ilusión” que lles produce estar nominados. Pola súa parte, Amaro Ferreiro, irmán de Iván Ferreiro e autor de varias cancións do seu último traballo, opta no apartado de Autor Revelación e admitiu que é a primeira vez que se dedica a gravar cancións profesionalmente polo que ve a nominación como unha motivación extra para seguir escribindo.

Outro nome galego presente na gran final será o de Carlos Jean, que opta ao Mellor Álbum de Banda Sonora de Obra Cinematográfica por ‘Ausentes’, nun apartado polo que tamén compiten os autores da música de “Amor Idiota” e “Habana Blues”.

COMENTARIOS:
Encántame que alguén como Gloria e os cabritillos estean nominados. A musica dirixida ao público infantil é a máis esquecida do panorama mundial. Téñen merecido este recoñecemento por dobre partida: por facelo ben e por facelo pensando nos meniños. O único que me desagrada é ver a esa panda de “sangijuelas” da SGAE polo medio,,, o que fai a SGAE e Promusicae etc. etc. non é cultura, como mínimo é mercantilismo puro e duro.

Manel Rives (20/04/2006 00:20)

Temo que potenciar a musica n’a nosa lingua e o mesmo c’o cinema. Por certo falando d’o cinema estou farto de que en Galiza as peliculas fanse en castelan e doblanse ao galego as que se din chamar galegas. En fin, no ambito d’a normalización linguistica n’a musica e n’o cinema 25 anos por detras de Catalugna! Se ten que potenciar a musica de grupos en galego que fagan musica pop etc. Sober as SGAE penso o mesmo que Manel: isa xente non representa aos artistas senon que queren sacar cartos e o PSOE apoiaos como pago aos servizos prestados cando o PP estaba n’o poder. Inda por riba pretenden cobrar direitos d’autor por musicos extranxeiros coma Prince ou canons por cd cando un xa o paga. O que non falan isos hipocratas e qu’o verdadeiro problema e as multinazonais con isas que son as aproveitadas non se levantan E si lles vai tan mal coma e qu’os CD non baixan senon suben e agora calquera vende mais de 500000 discos. Enton onde esta a pirateria. Discos piratas de T bautista ja!

Afonso Feixoo (20/04/2006 12:45)