Boletín nº5 do 3º Pé

Boletín 5 do 3º Pé
A CORUÑA. 17 DE ABRIL DE 2006

  1. O Andar Criativo na web!
  2. Sae á rúa o número 4 do fanzine terceirope.com
  3. Primeira noite de “Cabaré Dublinés”
  4. Curso Intensivo de expresión vocal e canto


1) O Andar Criativo na web

Non vos imaxinades a de cousas que podedes atopar se
introducides as palabras “andar criativo” no buscador Google!!!

Ademais diso podedes visitar a nosa páxina
web… www.terceirope.com

Se a pesar diso non ficades contentas sempre podedes visitar
as páxinas www.imaxepress.com ou www.xanelagaliza.com e botarlle unha ollada a unhas reportaxes gráficas sobre o “I Festival galego de
Cabaré. Cabaré3 Oleiros” coas que se vos pode quitar o hipo…

2) Sae á rúa o número 4 do fanzine terceirope.com

“Imos tirando” é o lema da cuarta edición deste fanzine que emitimos en homenaxe ao cantor José Afonso e lle adicamos á nova cantautora Lucía Rolle “Sevigny” que acaba de botar a andar o seu primeiro disco da man de Falcatruada.

Co título de “Maio Longo”, en referencia a un dos temas de Zeca Afonso falaremos do feixe de actividades que temos preparadas para este mes, que comezará o 25 de abril cun homenaxe ao cantor portugués da man de Nelson Quinteiro e as alumnas e alumnos do Andar Criativo no Café Alfaiate, a partir das 22:30.

3) Primeira noite de “Cabaré Dublinés”

Nin París nen Berlín! A capital do Cabaré Galego estará en dublín, no Pub Dublín de A Coruña.

O vindeiro mércores 10 de maio terá lugar a presentación mundial dun novo proxecto para o Andar Criativo, as “Noites de Cabaré Dublinés”, un proxecto en colaboración co Pub Dublín e a nosa propia compañía de teatro e Cabaré “Femme Fatale, unha Compañía Perralleira, Fulera e moi cabaretesca”

A do mércores 10 de maio pretende ser o pistoletazo de saída para convertir o Pub Dublín nun Cabaré polo menos unha vez ao mes.

Para esta ocasión, ademais da presentación en sociedade do noso particular “enxendro” Femme Fatale teremos como convidadas ao grupo Detour e a súa mestra de cerimonias “Lolette”, unha Iria Piñeiro do máis camaleónica… que che pode levar de Pinto a Valdemoro pasando por Arkansas.

Unha aperta, entón, see you later!

4) Curso Intensivo de expresión vocal e canto

Aparte das materias permanentes que temos en funcionamento temos preparado para os días 19, 20 e 21 de maio. Un obradoiro intensivo no que trataremos temas como a respiración, a proxección, a dicción ou a interpretación.

Podedes obter máis información chamando ao teléfono 666 014 494 ou por correo electrónico ao enderezo info@terceirope.com

Descarga o Boletín nº 5 do 3º Pé