O Vaticano fará un texto sobre o uso do condón por enfermos

There isn`t barn without straw…

O Vaticano publicará un documento sobre o uso da preservativo por parte de persoas afectadas por enfermidades graves como a sida, segundo anunciou o ministro da Saúde da Santa Sede, o cardeal mexicano Javier Lozano Barragán.

“O meu Ministerio estao a estudar atentamente con científicos e teólogos encargados de preparar este documento que dentro de pouco tempo será público”, declarou Lozano Barragán, nunha entrevista publicada onte por La Repubblica.Barragán sinalou que o papa Benedicto XVI “nos pediu un estudo deste particular aspecto do recurso ó preservativo por parte de enfermos de sida ou doutras enfermidades infecciosas”.

No que se refire á posibilidade de dar en adopción embrións conxelados, o ministro vaticano sinalou que é “un tema delicado”. “Para a Igrexa, o embrión é o inicio da vida e polo tanto é unha persoa, polo cal non vai xamais manipulado”, afirmou.

“Outra cousa –agregou– é a sorte dos embrións conxelados, sobre os cales hai que ter presente que son sempre portadores de vida. Entendo a quen suxire de os dar en adopción como se fai cos nenos”.

Ábrese á adopción a persoas soas, pero nunca homosexuais
Así mesmo, declarouse cautamente aberto á posibilidade de permitirlles a adopción de nenos a persoas soas. “Para os nenos abandonados, o ideal é sempre darlle un pai e unha nai, aínda que en casos particulares, mesmo a unha persoa soa, pero con moita prudencia e descartando os homosexuais”, precisou.

Pola súa bnada, o Papa Benedito XVI envioulles onte os seus desexos de paz ós ortodoxos que celebraron a Pascua, e elevou as súas pregarias por quen sofren a consecuencia das inundacións nos Balcáns.

“Vaian os meus sentimentos cálidos ós nosos irmáns na Igrexa de Oriente, que celebra a Pascua este día”, dixo Benedito, desde a xanela do seu despacho, ante decenas de miles de peregrinos e turistas congregados na Praza de San Pedro, no Vaticano. “Que o Señor resucitado traia a todos o don da súa luz e a súa paz”, engadiu.

“No ambiente xubiloso destes días, non podo deixar de lembrar que moitos destes pobos, en Serbia, Romanía e Bulgaria, sofren polas inundacións destes días”, sinalou. “Estou con eles na oración e espero firmemente que eles poidan superar estes momentos”.