Serán do “Mar de Rianxo”

Sábado, 27 de Maio do 2006.
No Campo de Arriba da Praza de Castelao celebrarase o primeiro Serán do “Mar de Rianxo” (Rianxo).

Organiza a Asociación de Música e Baile Tradicional “Vai de Roda” de Rianxo, agradecendo previamente a asistencia e participación de tóda-las persoas que queiran achegarse ata a nosa Vila para fartarse de cantar, bailar, tocar,… e pasalo de medo.

Serán do “Mar de Rianxo”
Sábado, 27 de Maio do 2006.

No Campo de Arriba da Praza de Castelao celebrarase o primeiro Serán do ”Mar de Rianxo” (Rianxo).

A Asociación de Música e Baile Tradicional “Vai de Roda” de Rianxo organiza por primeira vez un Serán nesta Vila, ó que queremos invitar a toda a xente, asociacións, grupos, etc, que queiran participar e disfrutar connosco dunha gran festa que escomenzará ó serán e que rematará cando non demos pra máis, que esperamos sexa o máis tarde posible, a poder ser cando o sol xa pete á porta, jejeje…

Sobra dicir que quen esté disposto a participar e facer bailar ós presentes ata caer de cu non ten máis que subir ó palco e lumeeeee, asique desexamos que haxa xente que queira participar actuando e bailando, e sobre todo acudindo, xa que agradecemos o apoio a este primeiro noso/voso Serán do “Mar de Rianxo”.

Para quen queira máis información de calquer tipo referida ó Serán ou para participar no mesmo non ten máis que poñerse en contacto por e-mail (davidcouso@hotmail.com) e con moito gusto se vos contestará a calquer dúbida.

Agradécese a difusión e exposición desta nota, un saudo e grazas, vémonos en Rianxo.