Novas actuacións de Nelson Quinteiro

Despois da actuación no Café Alfaite de A Coruña en Homenaxe ao cantor José Afonso e á Revoluçom dos Cravos Nelson Quinteiro ten novas datas para presentar o seu espectáculo “Nelson Lines… Aerolíneas Quinteiro”.

Nestas ocasións o cantareiro fará diferentes paradas por diferentes oficios e realidades do noso país.

Canteiros, conserveiras, mariñeiros, miltares ou cregos pasan pola galería do cantareiro ao ritmo da súa propia voz…

VENRES 5 DE MAIO
Proxecto A Cultura Circula
Lugo. 13:00 do serán

DOMINGO 14 DE MAIO
Proxecto A Cultura Circula
Ourense. 20:00 do serán

MARTES 16 DE MAIO
Bar A Repichoca.
A Coruña. 23:00
Compartindo escenario co grupo de Pandereteiros “O tear de Llerena

Maio, maduro maio, maio longo, maio tolo… de seguro que haberá máis ocasións para ouvir as polifonías das Aerolíneas Quinteiro.
De momento… esto temos