3º MANGUELO FOLK

O vindeiro día 27 de Maio na parroquia de Orazo do concello da Estrada (estrada N-525 a 30 km de Santiago e 30 de Lalín), a Asociación Socio Cultural COTO MANGUELO, organizamos o 3º festival de música tradicional e Folk MANGUELO FOLK.

Dende as 19.00 do serán ata que o corpo aguante. Contaremos coa actuación dos grupos:

  • As 19:00 a xuntanza dos Regatos.
  • Asociación folclórica Tamparrantán.
  • Xirandola.
  • Compañía de Títeres Seis Dedos de Lalín.
  • Pandereiteiras Liláila de Orazo.
  • O Arco de Merza.
  • Pandereiteiros da A.C. Nos de Sobradelo.
    * A partires das 23:30:

  • O REGATO DE MATAMULLERES.
  • RUOTE.
  • A XISTRA DE CORUXO.
  • QUEMPALLOU.
  • Grupo de animación musical e de Baile Dálle Caña
    mais información no telf – 616 534077

Contaremos tamén coa exposición dos productos de varios artesáns (Mario Coiro, Elena Ferro, Sirves 31, Feitoamán, etc.) e tamén exporemos os mais de 300 debuxos que se presentaron ó 1º concurso de debuxo (o debuxo ganador e o que figura no cartel do festival).

Contaremos con zona de acampada, aparcadoiro e cunha zona onde poder merendar ou cear (polbo, churrasco, xamón asado, bocatas quentes, etc. Todo a prezos populares.

O campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.