Información Riki López

Benquerid@s amig@s:

Esta semana dempois dun pequeno descanso voltaremos cun cantautor con humor Riki Lopez grazas á súa peculiar maneira de interpretar os textos das súas cancións, Riki aparece en varios programas televisivos de emisión nacional, tales como Calamar (Antena 3) ou El Club de la Comedia (Canal Plus e Tele 5).

Tamén ten colaborado como invitado habitual de Guillermo Fesser e Juan Luis Cano (Gomaespuma) no seu programa radiofónico de M-80.No seu espectaculo, este home con alopecia, tan capilar como lingüística, entrelaza as súas explosivas cancións cuns risibles monólogos que non teñen desperdicio. Desenvolve situacións coas que, por cotiás e intimistas, non custa esforzo ningún identificarse. Elas son o “telón de fondo” onde Riki fai o seu traballo. Nin un só dos seus cacahuetes vén sen chicha. Sera o venres 5 de Maio as 23 horas.

Os prezos 10 euros, 8 anticipada e 5 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com ou da sua www.rikilopez.com.

Noutro orden de cousas, comentarvos, que estamos incorporando na paxina web fotos de todolos concertos, de momento na seccion da nosa historia xa esta dispoñibel a seccion 04 atopate onde podedes ver fotos do publico dos anos 1.993, 1.994, 1.995 e 1.996 esperamos cos nosos publicistas vaian pouco a puco incorporando mais anos e mais fotos.

Unha aperta moi grande
Paco Quintas

Contactos:
Paco Quintas: 986-330520 Traballo 986-330740 Casa 670-016754 Telemóbel


Riki López
Cargado da nocturna filosofía urbana, a sinxeleza e a autenticidade que caracterizan a Riki López, froito do seu efervescente patinaxe artístico neuronal, nace o seu espectáculo. Nel, este home con alopecia, tan capilar como lingüística, entrelaza as súas explosivas cancións cuns risibles monólogos que non teñen desperdicio. Desenvolve situacións coas que, por cotiás e intimistas, non custa esforzo ningún identificarse. Elas son o “telón de fondo” onde Riki fai o seu traballo. Nin un só dos seus cacahuetes vén sen chicha.

Coa cómplice e sorrinte receptividade do público como encubridora, sen máis compaña que a súa guitarra e a extensa gama de xestos que adopta o seu rostro, sempre ácido, bota man da ironía e o sarcasmo para envolver cada mensaxe.

Así, a audición deste show non é, nin moito menos, o mesmo sen a súa visualización. Os recursos escénicos dos que fai gala Riki López convirten a súa música, intencionadamente, nun mero fío condutor.

Grazas á súa peculiar maneira de interpretar os textos das súas cancións, Riki aparece en varios programas televisivos de emisión nacional, tales como Calamar (Antena 3) ou El Club de la Comedia (Canal Plus e Tele 5). Tamén ten colaborado como invitado habitual de Guillermo Fesser e Juan Luis Cano (Gomaespuma) no seu programa radiofónico de M-80.