saiu Marful

MARFUL
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

O interese pola expresión musical nesas décadas de cambio social e a confluencia entre a música rural e a urbá tinxen esta proposta de Marful facendo que sexa unha peculiar interpretación da música urbá con sabor a porto, a casa de indianos, a emigración, etc. Twist, tangos, habaneras e pasadobles forman este particular universo, cunha posta en escena que consegue a emoción no fío da ambigüidade e o resultado: unha elegancia irreverente.

Marful, con Ugia Pedreira á fronte e con Pedro Pascual (acordeón diatónico), Pablo Alonso (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarra), presentan neste 2006 o seu primeiro disco, un proxecto que nos abre xanelas na música actual do país. Con eles colaboran Luis Alberto Rodriguez (bateria) e Xacobe Martinez (contrabaixo).

Tres grandes músicos e unha voz conmovedora -coñecidos e recoñecidos pola súas carreiras artísticas individuais- xúntanse nun disco inspirado nos carnés de baile cunha inequívoca vocación contemporánea.

Proximamente nas tendas de discos.
Edita. Producciones Efímeras distribue Galileo en España e Alemaña.

Dentro dunha semán nas tendas Tipo e Corte Ingles.

Poderás atopalos tamén en: Lalín – Barriga Verde e no CMTF / Foz- A Esquina e no Xoima / S.Miguel de Reinante – Cinema / Ribadeo – O Curruncho / Santiago – Palavra Perdura, Livraria Pedreira, Restaurante “O 16”, Bar de Mon /… proximamente mais info.

www.marful.info
www.clubedefansdemarful.blogspot.com
www.abada.es – contrata
www.produccionesefimeras.com