Os pontevedreses AVELAÍÑA presentan o seu novo disco

AVELAÍÑA presenta o seu segundo traballo discográfico “Xan e Sabela” (falcatruada, 06), 14 temas que nos levan por un mesmo fío conductor: a historia de Xan e Sabela, unha parella galega durante os derradeiros anos do século XIX, narrada nas letras de 8 cancións intercaladas por pezas instrumentais que funcionan como ambientes de transición.

Os pontevedreses Avelaíña, cunha formación eminentemente feminina moi pouco habitual nas bandas de folk, apostan por métricas pouco comúns que “desperten” o oído de quen escoita. A instrumentación neste traballo é moi equilibrada, mesturándose sons electrónicos, guitarras eléctricas e instrumentos acústicos propios da música folk.

>> MP3 [ escoita “Catro ou Cinco” ] <<

[ www.avelaina.com ]