EXPOSICIÓN. Caxigueiro. Narracións. Mes decembro no Museo Provincial de Lugo.

Durante o mes de decembro permanecerá aberta no Museo Provincial de Lugo a exposición de Caxigueiro titulada Narracións con música de Ugia Pedreira e a técnica do Master D.S. Xurxo Pinheiro. Colabora na música: Pierrot Rougier (Bretanha).

[+ info]: http://www.museolugo.org/paranoti/noti2.htm

Na exposición recollense instalacións do artista realizadas nos últimos anos e tamén unha serie de pezas e instalacións realizadas en exclusiva para este espacio.
——————————————————————————–
Caxigueiro (Mondoñedo – Lugo, 1955) é un artista que tras a sua formación na cerámica durante os 80, decide ampliar o seu horizonte plástico con propostas nas que incorpora materiais e técnicas de actualidade.
Según di Antonio Garrido, “unha constante na sua obra é o desexo expreso de empregar a arte como un medio de comunicación ao servicio e defesa das culturas minoritarias, das agresións contra as liberdades, á protección do medio natural e a denuncia expresa da inxustiza”.

O seu obradoiro – galeria está asentado en Sto Martiño de Mondoñedo no Concello de Foz.

En Narracións, os dous artistas do Norte de Lugo (Ugia Pedreira e Caxigueiro) acheganse e atoparonse con corazóns de xeo, plástica e música. Narracións mostra unha pequena referencia da sua primeira conexion artística en contacto con Pierrot Rougier. Músico bretón que visitou e coñeceu o acolhedor obradoiro de Caxigueiro con Ugia.