Organizan dende a Rede o Día do Orgullo Friki para o vindeiro 25 de maio

There isn`t barn without straw…

O vindeiro 25 de maio celebrarase unha orixinal festividade en distintos lugares de España: O Día do Orgullo Friki. A iniciativa parte dun mozo madrileño que decidiu organizar distintos campionatos, concursos e sorteos para conmemorar a estrea da película Star Wars, así como a morte do creado da Guía del Autoestopista Galáctico.

Polo momento non hai ningunha actividade programada para Galicia, pero resulta curioso que un colectivo tan especial (que estaría composto por fanáticos á ciencia ficción e outro tipo de culturas alternativas) decida reivindicarse como contrapunto a outras celebracións coma o Día do Pai, o Día do Traballo ou o Día do Orgullo Gai.