CONCERTO FOLQUE INFANTIL NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Preséntase o resultado das aulas nas que participaron 12 rapaces e rapazas de 7 a 11 anos, o percusionista Xurxo Troncoso, a profesora de canto Pili Araújo, o compositor Nacho Muñoz e o bailarin Marcelo González ao longo do curso 2005-06 nas dependencias do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra. Un traballo desenvolto a partir de 4 espazos creativos independentes, unificados posteriormente para deseñar a performance para este sábado, 27 de maio, ás 18.30, no Teatro Principal de Pontevedra.


Virán convidados tamén para este concerto os nenos e nenas da Escola Folque Infantil de Lalín, creando así a primeira oportunidade de convivencia e mostra folque infantil para o público de Pontevedra.

A AFI, Aula Folque Infantil, coordinada pola Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque e promovida polo Concello de Pontevedra, está formada por:

Aula de canto, coordinada por Pili Araújo, traballando con material que provén principalmente da tradición vocal galega, facendo incursións (ou excursións…) a outras culturas musicais do planeta mentras os nenos e nenas ian descubrindo o seu propio son por medio do canto.

Aula de percusión, coordinada por Xurxo Troncoso, traballando coa percusión como extensión do corpo e aportando a súa experiencia no mundo do teatro para misturar son, narrativa e escea.

Aula de baile, coordinada por Marcelo González, centrándose no movemento, a coordinación espacial (individual e colectiva) e o sentido escénico, desde bailes tradicionais galegos a coreografías deseñadas por él mesmo.

Aula de experimentación e escoita, coordinado por Nacho Muñoz dende o material sonoro xerado polos propios alumnos e alumnas, partindo de improvisacións libres (despoxadas de conceptos, normas ou estilos donde a expresión convírtese no máis esencial) ata chegar pouco a pouco á composicións máis elaboradas. O profesor foi un mero intermediario deste proceso compositivo delengando delegando o groso das decisións no alumnado.