Diario Cultural da RADIO GALEGA. Sección: Comentario de Cd e concertos.

O programa Diario Cultural da Radio Galega que dirixe Ana Romaní ten todos os luns ás 15.30 unha colaboración de Uxía: Comentario Crítico de Discos e Concertos.
Hoxe luns dia 17 o Comentario Crítico vai adicado a un dos mais grandes músicos galegos de todos os tempos, D. Manuel Quiroga -violinista- por mor do disco recentemente publicado pola Ed. Ouvirmos e promovido polo Concello de Pontevedra.

Manuel Quiroga
Ningún outro músico deixou a pegada de Galiza tan fondamente marcada no mundo coma o violinista Manuel Quiroga (1892-1961). A súa música foi escoitada nos máis importantes auditorios de toda Europa, América e Estados Unidos. Os mellores intérpretes do momento admirábano e as críticas eran excelentes sen excepción. Estas gravacións son testemuña diso.

MANUEL QUIROGA & MARTA LEMAN
PONTEVEDRA PARIS 1912

Ficha técnica: Manuel Quiroga Losada -violino- e Marta Leman -piano-
Promove: Concello de Pontevedra
Colaboran: Consello da Cultura Galega, Museo de Pontevedra, Radio Galega
Edita: OUVIRMOS

Director artístico: Ramom Pinheiro
Productor executivo: J. Manuel ALdea
Restauración sonora: Pablo Barreiro (RG), Rubén Travieso (Giuseppe Verdi Grabaciones digitales, Bos AIres), Symposium Records (London)
Texto: Martin Gonzalo Martínez Blanes
Propietarios dos rexistros fonográficos: Museo de Pontevedra, Norberto Pablo Cirio, Symposium Records.

Esta grabación forma parte dos eventos impulsados polo Concello de Pontevedra dentro da programación do “2004 ANO DA MÚSICA”.
Todas as gravacións son orixinais e foron efectuadas pola Compagnie du Gramoghone en París (1912) e por Victor en Canden (1928) en discos de 78 r.p.m. Os temasa 1 e 8 son gravacións inéditas pertencentes a discos de proba gravados en París no 1912 e nunca comercializados. Temas como o 2 ou 7 aparecen grazas ao acordo con Symposium Records, London.

Selo: Ouvirmos
Formato: CD – Libro
Número de Discos: 1
Duración: 35′ 03″
Mastering: AAD
Disponibel: 11/2004

Artista: Manuel Quiroga & Marta Leman
Compositores: Pablo Sarasate
Manuel Quiroga Losada
Henri Wieniawski
Franz Drdla
Antonio Bazzini
Jenö Hubay

MERCAR: www.ouvirmos.com

—————————————————————–
OUVIRMOS
Novos médios para valorizar o patrimonio musical.
Ouvirmos é a primeira editora especializada en documentación musical galega.
Foi criada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural que nos conforma como comunidade.
Promovemos o seu coñecimento con o rigor histórico e documental necesário
para destacar a riqueza que este legado audio-visual posue.
Contribuimos para difundir este material sonoro e documental, parte viva ainda da nosa cultura, actualizando-o nos novos soportes documentais; sen renunciar a desenvolver proxectos que partan dunha
concepción actual da forma musical.
—————————————————————–