Fechamos folque.com 2.0

Este sitio estivo activo desde o 20 de Setembro de 2004 até o 2 de Junho de 2006.
Durante este tempo publicaron-se 810 novas e estivestedes connosco compartilhando-as 276 usuari@s registrados, acadando cifras tam significativas de visitas como as totais do projecto, aproximadamente 150.000 ou as actuais visitas diarias de promedio, em torno às 500.

Continue reading Fechamos folque.com 2.0

SORTEASE UN SIFóN DO BAILE DE RUA – PORTADA do CD de MARFUL

Sorteio muito especial

  1. O superpolo da web de Marful foi criado por um artista e desenhador que está envolvido também no projecto de Aduaneiros sem fronteiras. Quem é?
  2. Quem foi o primeiro guitarrista de Marful. O nome do primeiro guitarrista começa por Mi.
  3. De quem é a letra da única cançom em francês do disco… bem, essa é fácil de encontrar.
  4. As fotos fôrom feitas em lugares muito relacionadas com a inspiraçom da música de Marful. Dónde?
  5. Quem inventou o mecanismo do sifom…?

O prémio é um desses fantásticos sifons que aparecem na capa do disco e assinado por toda e todos os marfules. O presente entregarase na rolda de prensa que o grupo dará na Chocolataria de Santiago de Compostela o dia 31 de xuño ás 12 horas.

Envia as tuas respostas e entra no sorteo en:
www.clubedefansdemarful.blogspot.com

O ARTISTA LALINENSE MISHA BIES GOLAS TEN UNHA HISTORIA DE AMOR

A Fundación Granell de Compostela acolle o dia 1 de xuño a exposición-presentación do libro Leningrad do artista lalinense Misha Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) e J. Carlos Rodriguez ás 20 horas.

Interpretará Pablo Doval (tuba) unha peza titulada Salve Venere, Salve Marte do autor John Stevens.

Unha historia de amor entre o collage e a poesia.

RECOPILATORIO DE MúSICA EN GALEGO

A Coordinadora de Centros Sociais de Galicia (A Esmorga, A Revolta, A Reviravolta, etc… ) ven de publicar un recopilatorio de música en galego de grupos máis ou menos novos e máis ou menos consagrados.

GUEZOS aparece co tema que lle da o nome o seu disco TERRADENTRO.

Os grupos que aparecen son FESTICULTORES, CENK, GUEZOS, GALEGOZ, NAO, A MATRACA PERVERSA, PROJECTO GHARATÁ, POTEMKIM, A BANDA DE POI, NENO PETAKA, SKARNIO, OFENSIVA, OS TRES TREBÓNS, TINO BAZ e LAMATUMBÁ.

Un disco interesante para ver por onde vai a música en galego de hoxe. E a un precio máis que interesante. …de momento á venda nos Centros Sociais, pero todo chegará.

Un saúdo:
GUEZOS.

CONCERTO FOLQUE INFANTIL NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Preséntase o resultado das aulas nas que participaron 12 rapaces e rapazas de 7 a 11 anos, o percusionista Xurxo Troncoso, a profesora de canto Pili Araújo, o compositor Nacho Muñoz e o bailarin Marcelo González ao longo do curso 2005-06 nas dependencias do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra. Un traballo desenvolto a partir de 4 espazos creativos independentes, unificados posteriormente para deseñar a performance para este sábado, 27 de maio, ás 18.30, no Teatro Principal de Pontevedra.


Virán convidados tamén para este concerto os nenos e nenas da Escola Folque Infantil de Lalín, creando así a primeira oportunidade de convivencia e mostra folque infantil para o público de Pontevedra.

A AFI, Aula Folque Infantil, coordinada pola Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque e promovida polo Concello de Pontevedra, está formada por:

Aula de canto, coordinada por Pili Araújo, traballando con material que provén principalmente da tradición vocal galega, facendo incursións (ou excursións…) a outras culturas musicais do planeta mentras os nenos e nenas ian descubrindo o seu propio son por medio do canto.

Aula de percusión, coordinada por Xurxo Troncoso, traballando coa percusión como extensión do corpo e aportando a súa experiencia no mundo do teatro para misturar son, narrativa e escea.

Aula de baile, coordinada por Marcelo González, centrándose no movemento, a coordinación espacial (individual e colectiva) e o sentido escénico, desde bailes tradicionais galegos a coreografías deseñadas por él mesmo.

Aula de experimentación e escoita, coordinado por Nacho Muñoz dende o material sonoro xerado polos propios alumnos e alumnas, partindo de improvisacións libres (despoxadas de conceptos, normas ou estilos donde a expresión convírtese no máis esencial) ata chegar pouco a pouco á composicións máis elaboradas. O profesor foi un mero intermediario deste proceso compositivo delengando delegando o groso das decisións no alumnado.

Imaxina Sons 2006

Xa está dispoñible o programa do festival de jazz de Vigo Imaxina Sons 2006, que durará dende o quince de xuño ata o tres de xullo.

Hai tantas cousas interesantes que dan ganas de mudarse a vivir alá, pero entre todas eu destacaría, por destacar algo, a dous referentes do jazz contemporáneo como son o clarinetista Louis Sclavis e os inclasificables The Art Ensemble of Chicago. Un verdadeiro luxo.

Se vos gustan estas músicas, non o podedes perder. E se non vos gustan, ¿será que as tedes probado pouco?
Podedes consultar o programa completo aquí.

Serán no Carballal-Cabral-Vigo

A Asociación Cultural O Coto de Carballal-Cabral, Vigo quere convidar a todos a asistir ao V SERáN no Colexio Carballal (Avda, Aeroporto-Cabral, Vigo) o dia 20 de maio a partires das 21:30 horas, na que se conta coa participación de diferentes grupos de música tradicional, e pola media noite aperitivo e chocolate para todos os asistentes.

Os pontevedreses AVELAÍÑA presentan o seu novo disco

AVELAÍÑA presenta o seu segundo traballo discográfico “Xan e Sabela” (falcatruada, 06), 14 temas que nos levan por un mesmo fío conductor: a historia de Xan e Sabela, unha parella galega durante os derradeiros anos do século XIX, narrada nas letras de 8 cancións intercaladas por pezas instrumentais que funcionan como ambientes de transición.

Os pontevedreses Avelaíña, cunha formación eminentemente feminina moi pouco habitual nas bandas de folk, apostan por métricas pouco comúns que “desperten” o oído de quen escoita. A instrumentación neste traballo é moi equilibrada, mesturándose sons electrónicos, guitarras eléctricas e instrumentos acústicos propios da música folk.

>> MP3 [ escoita “Catro ou Cinco” ] <<

[ www.avelaina.com ]

Concertos Xabier Diaz

As “Músicas de Salitre” visitan Oleiros e As Pontes.

O martes 16 de Maio presentación de “Musicas de Salitre” no auditorio A Fabrica de Perillo (Oleiros) ás 21.00.
O venres 19 de Maio chegará o Salitre até As Pontes, Auditorio cine Alovi ás 21.00 .

Xabier Diaz e Guillermo Fernandez ao vivo.

Reformas em folque.com

Saudaçons desde folque.com
Este sitio web entrará esta semana num processo profundo de reformas. Isto afectará a toda a estructura informativa da web e ao processo de gestom da informaçom.

Desculpas polo incomodo que isto poida causar.
O webmaster.

…continuaremos informando.

SERAN DE REDONDELA – 20 DE MAIO

O sábado 20 de Maio na Alameda de Redondela celebrarase a terceira edición do Serán de Redondela onde gaiteiros, pandereteiras, bombeiros, tamborileiros, cantareiras e todo amante da música tradicional está convidado a participar.

A hora de comezo será ás 21:30h e todos os que queiran facer boa festa só teran que traer os seus intrumentos e subir ó escenario.

O Serán de Redondela está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela en colaboración con Asubios de Portocedeira e a Asociación Cultural Santa María do Viso.

ACUDIDE, ESTADES CONVIDADOS ¡¡

TerraMeiga.Net

II XORNADA DO FOLKLORE E GAITA EN ORTIGUEIRA

A “ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA” ORGANIZARA ESTE SÁBADO DÍA 13 DE MAIO A “II XORNADA DE FOLKLORE E GAITA”

PROGRAMA
10:00h ALBORADAS

  • CHACARRANDAINAS (ORTIGUEIRA)
  • OS SUPLENTES (AS PONTES)
  • ZARAMBEQUES (ORTIGUEIRA)
  • NON CHO DIGO (COVAS)
  • BRISA DA CROA (LADRIDO)

12:00h PASARRUAS
As bandas sairán dende distintos puntos da vila rematando o seu percorrido na carpa situada na zona da Alameda.

  • BANDA DE GAITAS DE RIOTORTO
  • BANDA DE GAITAS DE LADRIDO
  • O SON DO SOR (O BARQUEIRO)
  • SAN XIAO DO TREBO (CARIÑO)

13:30h BAILE E CANTE TRADICIONAL
Unha mostra de baile e cante tradicional na carpa da Alameda a cargo do corpo de baile e grupo de cantareiras:
O SON DO SOR (O BARQUEIRO)

14:00h XANTAR POPULAR
Serviráse un xantar de confraternización na carpa da Alameda.
Tanto nos estable-cementos autorizados coma na carpa da Alameda, pódense adquirir os vales para o xantar por só 7’O0¤.

  • CALLOS (CUNCA CONMEMORATIVA)
  • EMPANADA
  • PAN E VIÑO OU REFRESCO

17:00h II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA”
Concurso para cuartetos e quintetos.

20:00 CEA POPULAR
Para facer frente á noite de concertos, serviráse unha cea na carpa da Alameda. Tanto nos establecementos autorizados coma na carpa da Alameda, pódense adquirir os vales para a cea por so 6’O0¤

  • CARNE o CALDEIRO
  • PAN E VIÑO OU REFRESCO

22:00h ENTREGA DE PREMIOS
Na carpa da alameda os grupos gaòadores do II Concurso de Música Tradicional “Escota de Gaitas de Ortigueira” percibirán os premios da man dos membros do xurado:
Ernesto Campos
Marcos Campos
Xosé M. López

22:30h NOITE DE CONCERTOS

  • Dúo DE ARPA CELTA E VIOLÍN
  • O LINHO DO CUCO (TERRÁS DO DEZA)
  • TROMENTELOS CHIS PUM (MELIDE)

Tóda-las actividades terán lugar na carpa situada no aparcadoin da Alameda agas o II Concurso de Música Tradicional que terá lugar no Teatro da Beneficencia.

Temario Entrevista, grabación.

Hola, como vin que o guión da entrevista sobre a partitura de Gaita do día 29 na Radio Galega tivo bastantes visitas máis despóis dese día que antes, mandareille unha grabación a quen queira poder escoitala outra vez.

Creo que se trataron algunhos dos puntos sustanciais dese tema dende o meu punto de vista, non en demasiada profundidade, pero foron citados.

Quen a queira, que se dirixa a min e mandareilla.

      agaitaenre@hotmail.com
      Alejandro Montes Fernández

saiu Marful

MARFUL
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

O interese pola expresión musical nesas décadas de cambio social e a confluencia entre a música rural e a urbá tinxen esta proposta de Marful facendo que sexa unha peculiar interpretación da música urbá con sabor a porto, a casa de indianos, a emigración, etc. Twist, tangos, habaneras e pasadobles forman este particular universo, cunha posta en escena que consegue a emoción no fío da ambigüidade e o resultado: unha elegancia irreverente.
Continue reading saiu Marful

MESA DAS MúSICAS. CICLO UNIVERSIUM.

24/04/2006 – 05/05/2006 Ciclo Universium
“Culturas posíbeis e imposíbeis. Cultura e Vangarda na Galiza do século XXI”
[+ info: www.universium.uvigo.es]

05/05/2006 Ciclo Universium. Culturas posíbeis e imposíbeis.
Mesa das Músicas.

Xosé Luis Bará, Julio Gómez, Fran P. Lorenzo e Ugia Pedreira
19:00 h. Salón de Actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
[+ info: www.universium.uvigo.es]