Ramom Pinheiro. Profesor de Historia da Música

Nado en Vigo en 1975, licenciouse en Historia pola USC e posgraduouse en Xestión de empresas na industria da Música pola Universidade Pompeu Fabra. Hoxe, compaxina a súa labor profesional como socio director de Ouvirmos S.L., coa docencia, pois é director do curso de posgrao de “Especialización en Música Tradicional Galega” da USC, e profesor tanto da USC como do CMTF de Lalín. Ademais, é o Director Artístico da colección de rexistros históricos galegos A tiracolo (editada por Ouvirmos e o Consello da Cultura Galega) e membro do Consello Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Ex produtor de Boa Music (Boa Cor S.A.) e ex responsábel de Pontevedra 2004 Ano da música, coordina o monográfico musical editado por Murguía Revista Galega de Historia (AGH).