José Luís do Pico. Profesor de Teoría e Método

Aínda que naceu no Grove en 1969, considérase natural da Illa de Arousa. É profesor de primaria no Colexio Brea Segade de Tarragona, de Teoría e Método do Folclore do CMTF de Lalín e de Historiografía da Música Patrimonial, no Posgrao de Especialización en Música Tradicional organizado pola USC.

Membro fundador do grupo folque Leixaprén, co que gravou os discos “Na Festa do Boi” e “Gaitropos”, forma parte do colectivo Arma-danças e da Sociedade Ibérica de Etnomusicoloxía. A súa vez, tamén colaborou nos discos de Maria Manuela “O Barco na Alba” e “Para Miguel”.

Ademais de dar numerosas conferencias e cursos por todo o país, foi director no ano 2001 do Congreso de Antropoloxía Musical de Lalín. Ten publicado diversos artigos en prensa e revistas especializadas, non en balde, é o coordinador do monográfico sobre música popular tradicional de Murguía, Revista Galega de Historia.

Dirixiu a investigación que deu no disco “Os Dezas de Moneixas. As cartas sonoras”, da editorial Ouvirmos e é o autor do estudo crítico sobre da obra “Cantos e bailes da Galiza de José Inzenga”.