Edelmiro Fernández. Profesor de Gaita

Iniciou a súa andaina musical aos 12 anos na Escola de Gaitas de Ribeira, formando parte da Banda de Gaitas “Ancoradoiro”, e estudando solfeo no Conservatorio de Santiago. Ademais, realiza distintos cursos de dixitación, percusión e pedagoxía musical, e a diplomatura de Educación Musical.

A partir de 1986 forma parte do Cuarteto de Gaitas “Ancoradoiro” e, desde o ano 2002, de “Laghareu”, cos que acada importantes premios (Ponteareas, Memorial Ricardo Portela, Cerdido, Betanzos, etc.). En 1990 comeza a súa carreira como gaiteiro solista, acadando o primeiro posto en diversos concursos, entre os que destacan o Trofeo Macallan (Lorient-Francia), o Trofeo Caixa Galicia, Xacarandaina e Avelino Cachafeiro. Asemade, colabora con distintos grupos (Amistades Peligrosas, Laio, Xochilmica) e en diferentes espectáculos (“Eropeé Celtique” de Eddie Maguire ou “The Pilgrim” de Shaun Davey, por citar algúns).

Na actualidade é mestre de gaita no CMTF de Lalín, e director e mestre de gaita e percusión das Bandas de Gaitas “O Son do Sor” de O Barqueiro (A Coruña) e “Municipal de Outes” da Serra de Outes (A Coruña), así como do Grupo de Gaitas “A Mámoa” de Luou-Teo (A Coruña).