Pedro Pascual. Profesor de diatónico

Desde moi novo comeza o seu contacto coa música galega descubrindo posteriormente outras músicas como o jazz, as músicas do mundo, o tango, etc.

Está directamente ligado a proxectos como Laio, Nuke Trío (con Germán Díaz e Pablo Pascual), Talabarte Trío (con Kin García e Quim Farinha), Marful (con Ugia Pedreira e Marcos Teira), o espectáculo “Ao Pé da Letra” (xunto a Guadi Galego, Narf, Xabier Díaz…)

Ademais de ter acompañado a notábeis solistas do panorama das músicas tradicionais como Leilía, Uxía Senlle, Xose Manuel Budiño ou María Salgado, ten traballado xunto a importantes músicos como Jacky Molard e Soïg Sibèril (Bretaña), Donal Shaw (Capercaille), Wafir e Sabastián Rubio (Radio Tarifa), Värtina (Finlandia), Tony McManus e Alasdair Fraser (Escocia), Mercedes Peón (Galicia), Pierre Invert (Francia), Mairin Fahy (Irlanda), Kathryn Tickell (Reino Unido), Daniel Lapp (Canadá), Javier Bergia, Kepa Junkera (Euskadi), Jaime Muñoz (La Musgaña), Harry Manx (Canadá), Tanya Tagaq (Canadá), David Herrington (Reino Unido), Jorge Drexler (Uruguai)…

Na actualidade compaxina os concertos, as grabacions e a súa labor compositiva coa docencia do acordeón diatónico no CMTF de Lalín.