Roberto Sala. Profesor de frauta. Dirección combos

Comezou a estudar frauta traveseira e solfeo en Madrid no ano 1987 da man do profesor José Luis Vilches. No ano 1988 trasládase a Santiago onde estuda coa profesora cubana Gladis Castelo e xente como Luis Arean (Dhais), Kin Fariña (Dhais, Berrogüetto), Chus Bello (Xorima) e outros, que lle intreducen na música tradicional e na nova corriente da música Folk. En 1991 empeza a estudar gaita galega, requinta e percusión tradicional e participa en proxectos como “Breixa”, gañador dun dos certames “Cidade Vella”, Ophiusa, con quen graba un CD conxunto.

Desde a súa fundación, é membro do grupo de música antigua “Martin Codax”, co que graba catro discos e participa en múltiples concertos en Galicia e dentro e fóra de España. A súa vez, é fundador do grupo Acibreira co que leva centos de actuacions por toda a Península desde o ano 1992 ata hoxe, cun CD publicado.

É mestre de gaita, requinta e percusión tradicional desde o ano 1995 en diversas agrupacións musicais, e profesor de frauta e requinta desde 2001 no CMTF de Lalín, e Director do Combo desde 2002.