Francisco Estevez. Profesor de percusión

Iniciou a carreira de percusión tradicional da man de Enrique Otero Covelo (mestre de gaita no Conservatorio Superior de Vigo) como integrante na formación “Amieiros do Lagares” (Vilar – Lavadores) na década dos 80.

Participa tamén na Banda de Gaitas Raigames (1981) dirixida polo mesmo mestre, facendo desta un lugar de encontro con outros músicos cos que un ano máis tarde cofunda o “Colectivo Paseniño” e realiza o primeiro rexistro sonoro en colaboración co contacontos “O Xestal” (1988).

É colaborador do mestre Ricardo Portela ao que acompaña en diversas actuaciós e tamén na gravación do disco “Alborada en Cotovade” (1990) derradeiro traballo do mestre.

Desde 1997 forma parte do grupo “Chouteira” co que grava o disco “Ghuaue” (1998) e “Folla de lata” (2001). Pero tamén desenvolve diferentes colaboracións ocasionais con grupos como Noitarega, Muxicas, Mattocongrio…, unha actividade que compaxina coa impartición de clases de percusión en diferentes centros culturais e asociacións de Vigo e bisbarra; froito das cales, varios dos seus alumnos destacan como membros de diferentes grupos de sona como son “Xistra de Coruxo”, “Violia”, “Os Carunchos”, “Millaradas”, “Lliño do cuco”, etc.

O seu último proxecto chámase “Tinta Femia”, unha agrupación formada por algúns dos ex-compoñentes de Chouteira.

É mestre do CMTF no que ademais de impartir clases ten realizado diversos cursos de distintos estilos de percusión da man de mestres como Eliseo Parra (percusións tradicionais da Península Ibérica), Dominic Molard (Tabla India), Marcos Teira (Palos flamencos), Xurxo A. Toncoso (Percusión brasileira) ou Pedro Estevan (percusión manual e Música antigua).