Guadi Galego. Profesora de canto

Titulada en Educación Musical, é docente de canto tradicional en diversos centros de ensino musical e agora no CMTF.

Forma parte do grupo folque Berrogüetto con quen graba dous discos: “Viaxe por Urticaria” e “Repta”, cos que acada numerosos premios: mellor grupo Folk Europeo do 2000 ou a nominación aos Grammy latinos no ano 2002, entre outros moitos. Con esta formación ten tocado no Harvest Celtic Festival en Glasgow (espectáculo de inauguración do Celta Connections Festival) e realizado numerosas xiras europeas por Alemaña, Suíza, Reino Unido, Italia, Dinamarca, Francia, Bélxica, Holanda, Portugal, España ou o concerto especial no Teatro Colón en Bós Aires en putubro de 2000. Participa como compositora e interprete en diferentes discos de artistas tan recoñecidos no panorama galego como Uxía, Susana Seivane, Anubía, Lamatumba, Xosé Manuel Budiño, etc.

Actualmente arranca co seu proxecto en solitario xunto con Guillerme Fernández e en Nordestin@s, xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira.