Benjamín Otero. Profesor de linguaxe musical. Xefe Estudos

Profesor superior de óboe polo Conservatorio da “Real Sociedad Económica de Amigos del País “de Santiago co profesor Fermín Feijoo imparte clases de linguaxe musical no CMTF de Lalín desde o 2001. Esta actividade é compaxinada coa de xefe do departamento de Linguaxe Musical do Conservatorio Profesional de Grao Medio de Lalín do que tamén é xefe de estudos.

É óboe principal da Banda de Lalín, tendo participado na Banda Sinfónica de Galicia, na Banda da Federación de Bandas de Galicia, na Banda Municipal de Coruña, etc., e fóra do mundo das bandas; igualmente foi menbro de Grodan de Flo e Curitiba tendo colaborado con Driade, Linho do Cuco, Cia. Marfil, etc…

Cabe suliñar a súa participación como compositor e arranxista do último espectáculo de Matarile Teatro “Historia Natural” (onde tamén participa como músico e actor), e como compositor da música para diversas curtametraxes, entre as que destaca “Alzheimer” de Alex Sampaio, coa que recibe unha mención de honra no festival de Cerdanyola.