A ASOCIACIÓN DO CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN
Expón o seu modelo de ensino para a música galega, un curriculo aberto desde o início do centro. Un curriculo razoanado e experimentado nestes 5 anos do CMTF.

Modelo de Plan de estudios rexistrado pola directiva da As. Do CMTF.

PLAN de ESTUDIOS
Obxetivos xerais do ensino no CONSERVATORIO DE MUSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALIN:

O ensino de materiais etnográficos dun centro educativo é unha grande contradición porquea esencia da musica patrimonial está na sua trasmisión oral, non reglada… Convertimos nun tipo de centro de educación non formal en educación formal, isto fai que se postule unha serie de obxetivos xerais válidos para o proceso educativo de centro:

Descubrir, coñecer e controlar progresivamente o instrumento, a sua história e práctica. O virtuosismo será un valor engadido mais non o principal pois a pretensión é lograr que os músicos ademais de poder ser bons instrumentistas logren conectar coa musica tradicional e que manteñan unha técnica e unha arte herdada. O desenvolvemento da creatividade e de diversificacion das múltiples posibilidades de manifestación dentro do folque é outro dos pontos a seguir. O coñecemento de novas técnicas artesanais, musicais e de evolución e reelaboración dentro da musica de raiz son conceptos vigentes dentro do proceso educativo sempre coa teima do respeito, coñecemento e interiorización da nosa musica tradicional.

Este conservatorio proponse impartir unha docencia que permitar en todo momento ao aluno/a participar na elaboración do Curriculo escoitando as reflexións, às suas críticas e facendoos partícipes na elaboración dos materiais didácticos.

A nosa intención chegar algún dia a integrarnos no sistema educativo galego como conservatorio oficial mais o activo principal que presentamos é o do prestixio do noso profesorado e a calidade da nosa docencia.

A As. CMTF está desenvolvendo actualmente un PCC (Proxecto Curricular de Centro) para a Escola Folque Infantil, a EFI.

Modelo I. As. CMTF 2000-05
Modelo II. As. CMTF 2005-06