Curso de Palletas e Pallóns

O Coro Galego Cántigas da Terra organiza dous Cursos de realización de Palletas e Pallóns, un de iniciación e outro de perfeccionamiento.

Presentación de solicitudes:
Prazo: Do 28/01/2005 o 07/02/2005
Horario: 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Rúa San Juan, 9 baixo

Celebración do curso:
Datas:
Iniciación: días 13, 20, 27 de febreiro e 6 de marzo.
Perfeccionamento: dias 12, 19, 26 de febreiro e 5 de marzo.
Horario: de 16:00 a 19:30 horas.
Lugar: Rúa Angel Rebollo, 55 baixo.
Imparte os cursos:
Xesús Miranda Iglesias
Requisitos: Todas aquelas persoas interesadas na elaboración artesanal de palletas e pallóns para a gaita tradicional galega.

INFORMACIÓN:
Coro Galego Cántigas da Terra
Rúa San Juan, 9 baixo
Tfnos: 981 203 284 // 654 413 467

PRESENTACIóN LIBRO. Sabado 15 ás 13 horas no CMTF de Lalín.

Presentación do libro: ALLÁ EM RIBA UN REY TINHA UNA FILHA.

Galego e Castelhano no Romanceiro da Galiza de José Luís Forneiro (Profesor titular do departamento de Filoloxía Galega da USC).

Sábado 15 ás 13 horas no CMTF.
A aula de canto interpretará o romance de “Bernaldino e Sabeliña” do Cancioneiro Musical de Galicia. Casto Sampedro y Folgar, para abrir o acto de presentación.
Continue reading PRESENTACIóN LIBRO. Sabado 15 ás 13 horas no CMTF de Lalín.

CEIA-CONVIVIO DE NATAL. CMTF DE LALÍN.

O CMTF organiza a CEIA – CONVIVIO DE NATAL para todo o alumnado (gaita, acordeón diatónico, sanfona, percusión, canto, requinta, teoria e solfexo)matriculado nestes 4 anos, para o alumnado dos monográficos, do 1º postgrado da USC, a equipa docente do centro, profesorado asociado, traballadores da Asociación e amigos/as.

Interesad@s: Enviar e-mail a conservatoriofolque@bandua.com ou apuntarse no tlfe. 627 934368
+ info: no mesmo tlfe.
O pagamento realizarase no lugar do xantar.

Saida do Conservatorio Folque de Lalín ás 21 horas hacia o restaurante.
Auditorio Municipal s/n
36500 Lalín – Pontevedra.

VIAXE-CONVIVIO A ÁGUEDA

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín realizará unha viaxe-convivio á D’Orfeu (Águeda, Portugal) para asistir ao Mestiçal Peninsular (Luis Pastor / Emboscados).

Dias 4 e 5 de Decembro
Saida o sábado á mañá, chegada o domingo á tarde-noite.
[+ info: tlfe. 627 934368]

II POSTGRAO EN MÚSICA TRADICIONAL – USC

Organiza: Departamento de Hª da Arte (Área de Música)
Información: www.usc.es/cemt

Presentación:
Despois do éxito do pasado ano, o Curso de Posgrao en Música Tradicional Galega consolídase para dar resposta á demanda da sociedade dunha formación especializada no noso campo de investigación.

Este ano contaremos tamén coa participación dun prestixioso cadro de profesorado especializado procedente de diversas disciplinas (musicoloxía, historia da arte, antropoloxía, pedagoxía musical…) así como tamén coa participación dun destacado cadro de mestres de música tradicional para os talleres de instrumentos. Coma novidade pretendemos incorporar prácticas en colaboración con empresas que poida axudar a unha saída laboral dos nosos posgraduados.

Outra das novidades é a de separar en tres niveis (que poderán cursarse independentemente como cursos de formación) ó posgrao. Un primeiro nivel dedicado á antropoloxía da música. No segundo nivel tratarase a historia da música galega. No terceiro nivel se falará das fontes para o estudio da música tradicional. Finalmente tamén concluiremos cun apéndice relativo ós aspectos socioeconómicos da música galega.

Dende a dirección do curso pensamos que pode ser unha interesante oferta destinada a atinxir unha formación sólida e diversificada no terreo da música tradicional galega, quere atender por tanto a triple demanda existente: por parte dos licenciados e diplomados universitarios en especialidades de educación musical, preocupados pola materia para completar a súa formación, por parte dos propios profesionais da música tradicional, así como por parte das asociacións de música e cultura tradicional galega.
Continue reading II POSTGRAO EN MÚSICA TRADICIONAL – USC