Cursiño de percusión en Xove

ESTE MES CURSO DE PERCUSIÓN. Difundeo a quen lle poida innteresar.
Vítor da Cheda

Asociación Cultural SAÍÑAS

Portocelo Nº 9 – C.P. 27877 – CIF: G 27022870
Tfno: 686 072 260 email: contacto@sainhas.org
XOVE (LUGO) WWW.SAINHAS.ORG

CURSIÑO DE TÉCNICA DE PERCUSIÓN

DATAS:
Sábado, 18 de marzo de 2006.
Domingo, 19 de marzo de 2006.

PROFESOR:
Xaquín Xesteira “Xocas”.

LUGAR:
Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro), Xove (Lugo).

PREZO: 15 ¤ (inclue o xantar do sábado).

CURSIÑO DE TÉCNICA DE CANTO E PANDEIRETA

DATAS:
Sábado, 1 de abril de 2006.
Domingo, 2 de abril de 2006.

PROFESORA:
Sonia Lebedynski.

LUGAR:
Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro), Xove (Lugo).

PREZO: 15 ¤ (inclue o xantar do sábado).

Inscripcións no número de tlf. 686 072 260 ou no correo electrónico: contacto@sainhas.org

O número de plazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptandose inscripcións ata completar o total.

Organiza: Asociación Cultural SAÍÑAS. / Colaboran: Asociación de Gaiteiros Galegos e Concello de Xove.

Concurso de Cuartetos en Cervo

There isn`t barn without straw

O concurso celebrarase o xoves 13 de abril de 2006 as 17.00 horas no auditorio de Sargadelos en Cervo, Lugo.

Haberá unha unica categoria pra maiores de 15 anos.
Os premios serán os seguintes:

    1º 600¤
    2º 400¤
    3º 200¤

+info: Asociacion cultural “Airiños do Xunco”
Rúa Xosé Alvarez nº27
27891-Cervo

Telefonos:
605-954-364/982-557-660 Chus
600-968-344/982-557-735 Rafa

Continue reading Concurso de Cuartetos en Cervo

Acústico Femenino en Compostela este sábado 11 de marzo 2006

Celebración dunha noite musical no Teatro Principal de Santiago de Compostela
o sábado 11 de marzo 2006, en conmemoración do día da Muller.

A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela presenta esta noite musical:

Acústico Feminino
dentro do marco de actos que convoca a Marcha Mundial das Mulleres
para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Acústico Feminino, 20 mulleres e un piano quere ser unha mostra da capacidade creativa das mulleres de Galiza a través da música de Leilía, Batuko Tabanka e Nordestinas,
que estarán acompañadas ao piano por Abe Rábade e
presentadas pola xoven poetisa Lucía Aldao.

Continue reading Acústico Femenino en Compostela este sábado 11 de marzo 2006

VII Festival de Entroido de Domaio

Esperámosvos a tod@s no festival que se levará a cabo o 25 de Febreiro para abrir ó Entroido de Domaio as 22:45 na carpa situada no Porto de Domaio.

Actuarán:

  • Zitania. (Grupo orquesta)
  • Xavier Blanco & Jorge Parcero. (Música tradicional)
  • Thunn. (Rock)
  • Sesión Disco-Pachangada.

Ademais…
I Festa da cervexa. 5¤ Xarra recordo e barra libre. (Ata fin de existencias).

…e tamén…

Doces típicos de Entroido e chocolate quentiño de balde.

Organiza a Comparsa Animodo de Domaio e colaboran a Asociación de mulleres “Poza da moura”, a Asociación veciñal Montefaro e a Concellería de cultura de Moaña.

Mariluz Cristóbal Caunedo en Ribadeo

O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá o vindeiro domingo 19, ás 20:30 horas, un concerto de Mariluz Cristóbal Caunedo, seguramente a mellor voz do folk asturiano actual, que servirá para presentar en Galiza o seu segundo disco, Cantar de Seronda. A Caunedo, como é coñecida na súa terra, canta en asturiano, a súa lingua materna e, xunto co galego -na zona eonaviega- e o castelán, unha das tres que se falan en Asturias.

M.C. Caunedo é a máis importante intérprete de tonada asturiana de hoxe en día. Forma parte do colectivo Muyeres, grupo dedicado á investigación e difusión do repertorio vocal tradicional feminino, con quen gravou 3 discos e actuou en festivais coma o de Lorient ou a Expo de Lisboa. A súa voz fíxose famosa grazas ao tema Busindre Reel que J.A.Hevia incluíu no seu disco Tierra de Nadie.
Continue reading Mariluz Cristóbal Caunedo en Ribadeo

Concertos no pub Dublín na Coruña

Estes son os concertos programados no novo ciclo do
pub Dublín en A Coruña.

Día de concertos: Martes. Hora: 22:00

  • 14 febreiro Tátara Trío.
  • 14 marzo Mutenrohi.
  • 18 abril Óscar Ibáñez e Edelmiro Fernández.
  • 23 maio Fiandola.
  • 6 xuño Pepe Vaamonde Grupo.

Concurso Escenario PRAU en Santander

O vindeiro 18 de Febreiro, sábado, comeza o concurso folk Escenario PRAU en Santander.

O concurso Folk “Escenario PRAU” está organizado pola Asociación Cántabra de Festivais e terá representación Galega.

GUEZOS abriremos o concurso o día 18 na capital, Santander.

Os coruñeses Xochilmica actuarán o último día, o 4 de Marzo en Laredo.
O concurso ten como obxectivo o descubrimento de novos valores do folk estatal e premia en metálico e coa gravación dun disco ós gañadores e finalistas do mesmo.
Continue reading Concurso Escenario PRAU en Santander

Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro

[Najla Shami, Hector Lorenzo e Quim Farinha]

Cun repertorio que abarca dende as composicións orixinais ata standards de jazz ou brasileira pasando polo funk, Sol de Farofa:

presenta un espectàculo ìntimo e sinxelo onde a sensibilidade dos compoñentes e do pùblico è un ingrediente esencial.

Martes, 31 de xaneiro ás 22:30
Entrada: 3 euros
Continue reading Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro

Foliada en homenaxe a Os Gaiteiros de Soutelo

O vindeiro venres, 27 de xaneiro, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido, organiza unha Audición-Foliada como homenaxe a Os Gaiteiros de Soutelo de Montes.

A Foliada comezará ás 20:30h. no Bar do Gaiteiro Feiticeiro en Soutelo de Montes, sen límite de horario.

Escoitaremos o disco-libro publicado por Ouvirmos, coa introdución de Juanjo Fernández. Logo intervirán Os Chichisos de Pontevedra, Os Trazantes de Tenorio, Os Abrentes de Cerdedo, Os Diplomáticos do Acordeón de Soutelo de Montes, O Tear de Llerena de Castro, e os/as espontáneos/as que se animen.
Poderáse mercar o CD a un prezo especial.
Alí vos agardamos!

FOLLA DE RUTA. Nova sección musical nas mañás da Radio Galega.

Todos os xoves ás 12.15 h. Folla de Ruta na Radio Galega, unha nova sección musical do programa dirixido por Xusto López “Un dia por diante“.

Esta sección está levada por Ugia Pedreira. Un espazo musical para falar de ideas, eventos, persoas e sentimentos.

Posto que a música está en todas partes ata no silenzo en Folla de Ruta Ugia falará das iniciativas musicais do planeta musgo (como ten bautizado Pacho La Peña a Galiza), dos formatos musicais, o pasado e presente do noso panoramix galego e como occidentais que somos buscarase o paralelismo e o contexto co resto dos planetas.

A cabeceira musical da sección é a canción de Eclectica Ensemble “Paxariños”, canción coa que se abria o musical Dillei (Carlos Branco, Nordesia Teatro).

En Folla de Ruta poderemos escuitar aos protagonistas da música feita en Galiza: os musicos, cantantes, técnicos, productoras, editoras, escolas… e disfrutar tamén dunha recomendación musical cunha semán por diante.
Continue reading FOLLA DE RUTA. Nova sección musical nas mañás da Radio Galega.

Vindeiros Seráns

Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior…) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

  • 21 Xaneiro: Serán en Gargamala (Mondariz)
  • 21 Xaneiro: Serán en Paraños (Ponteareas)
  • 28 Xaneiro: Serán en Arbo
  • 11 de Febreiro: Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)
  • 14 febreiro: Serán na Nasa (Santiago D.C.)

Venres 13 de Xaneiro, actuación do GHAITEIRO DO PIÑEIRO na Casa do Coto (Tomeza)

O vindeiro venres 13 de Xaneiro foliada na Casa do Coto (Tomeza, Pontevedra) a cargo do incombustible Sr. José, O Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán, Cangas do Morrazo).

Non vos perdades a un dos máis emblemáticos gaiteiros vellos da comarca aínda en activo. Descendente dunha longa saga de Gaiteiros, del tomaron repertorio e espírito grupos coma Treixadura, Quempallou, Fiandola ou Os Carunchos.
A festa enxebre está garantida, LUME NO COTO!!!!!
Continue reading Venres 13 de Xaneiro, actuación do GHAITEIRO DO PIÑEIRO na Casa do Coto (Tomeza)

Um pouquinho de cinema do brasil no centro social o pichel (santaclara 21)

SEGUNDA-FEIRA, 19 DE DEZEMBRO, 20H00

“O QUE É ISSO, COMPANHEIRO?”, de Bruno Barreto
Em 1964, um golpe militar derruba o governo democrático brasileiro e, após alguns anos de manifestaçons políticas, é promulgado em dezembro de 1968 o Ato Constitucional nº 5, que nada mais era que o golpe dentro do golpe, pois acabava com a liberdade de imprensa e os direitos civis. Neste período vários estudantes abraçam a luita armada, entrando na clandestinidade, e em 1969 militantes do MR-8 elaboram um plano para seqüestrar o embaixador dos Estados Unidos para trocá-lo por prisioneiros políticos, que eram torturados nos baixos da ditadura.

TERÇA FEIRA, 20 DE DEZEMBRO, 20H00

“BICHO DE SETE CABEÇAS”, de Lais Bodanzky
Seu Wilson (Othon Bastos) e seu filho Neto (Rodrigo Santoro) possuem um relacionamento difícil, com um vazio entre eles aumentando cada vez mais. Seu Wilson despreza o mundo de Neto e este não suporta a presença do pai. A situaçom entre os dous atinge seu limite e Neto é enviado para um manicômio, onde terá que suportar as agruras de um sistema que lentamente devora suas presas.

QUARTA FEIRA, 21 DE DEZEMBRO, 22H00

“ABRIL DESPEDAÇADO”, de Walter Salles (de Central do Brasil)
Em 1910, um jovem de 20 anos passa a receber apoio do pai para se vingar da morte de seu irmão mais velho, assassinado por uma família rival

QUINTA FEIRA, 22 DE DEZEMBRO, 22H00

“PEQUENO DICIONÁRIO AMOROSO”, de Sandra Werneck
Um jovem casal se conhece por acaso. Apaixona-se e inicia uma relaçom amorosa. À medida que se envolvem, eles questionam a natureza dos seus sentimentos. O filme acompanha, de forma bem-humorada e poética, o itinerário sentimental dos personagens, revelando a paixom através da forma incomum de um dicionário amoroso.

Dossier “Cinema do Brasil”

Concerto MARFUL no Dublín da Coruña

Pedro Pascual, Pablo Pascual, Marcos Teira e Ugia Pedreira = Marful
tocaram o dia 21 de dezembro ás 22.00 h. no Dublim da Corunha.

O Tango do Fresco, A Havaneira “minha rulinha”, o Leverelem, O Tris-trás, O Seica com letra de Anxo Quintela, …buscando a emoçom no fio da ambiguedade.

Foto: Luz Castro
[+ info: clubedefansdemarful.blogspot.com]

O primeiro traballo discográfico de A CARICIA DA SERPE

Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luis Saqués e Rómulo Sanjurjo presentan o primeiro CD homónimo da formación A Caricia da Serpe. Poesía musicada, concerto poético ou literatura sonora son termos que poden chegar a definir o indefible, esta proposta arriscada que fusiona estilos musicais e diversas tendencias artísticas.

A presentacion deste primeiro CD, editado pola empresa galega de promoción cultural e selo discográfico Wondeland, E Á VENDA NA TÚA TENDA DE DISCOS Ó PREZO DE 10 EUROS será no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO,
de A Coruña, MAÑÁ XOVES, 15 DE DECEMBRO, ÁS 21.00 HORAS.

O disco tamén se pode adquirir a través do catálogo do clube de lectura BIBLOS.
A entrada será libre con invitación, que se poderá conseguir en:

Portobello, Noni’s Gong discos, Radio Coruña e na A.C. Alexandre Bóveda.

Un saúdo
Manel Cráneo
Director creativo
Wonderland

Continue reading O primeiro traballo discográfico de A CARICIA DA SERPE

2º DíA do ORGULLO GAITEIRO en Ourense. Parte II

Do 17 de decembro do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a Asociación toma nome é recibido como veciño da vila de OURENSE.

Esa data supón pois a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro na nosa cidade (a segunda en toda Galiza), e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arredor da nosa música tradicional.

O pasado ano 2004 bautizaron esa data como o “DÍA DO ORGULLO GAITEIRO“, un día no que fronte a universalización que nos conquista, tan enriquecedora e tan empobrecedora ao mesmo tempo, deixan ben claro que a nosa música segue viva, animando a todos os músic@s tradicionais a facer un exercicio de auto-estima combativa fronte a outras músicas que nos inundan.

Baixo ese pretexto, e combinando actividades divulgativas (charlas, conferencias, exposicións, etc.), e lúdicas, facemos entrega ademais do PREMIO ORGULLO GAITEIRO GOMES MOURO, co que a nosa Asociación homenaxea e recoñece o traballo dunha persoa, grupo ou institución no ámbito da música tradicional.

O ano 2004 foi entregado a un músico, modelo musical e como persoa para moitos de nós, D. Francisco Villarino Ojea, gaiteiro de Escornabois, por toda unha vida dedicada ao mundo da gaita.
Continue reading 2º DíA do ORGULLO GAITEIRO en Ourense. Parte II

2º DíA do ORGULLO GAITEIRO en Ourense. Parte I

Por segunda vez celebrase na cidade de Ourense o 2º dia do orgullo Gaiteiro cunha serie de actividades diversas e apetecibeis:

  • mostra de postais antigas orixinais de músicos galegos
  • audición comentada de discos de pedra
  • serántriscafiadeiro de confraternización de coleitivos ourensáns
  • charlas coloquio
  • actuación e presentación dos Gaiteiros de Vilar
  • cea e leitura do manifesto do Orgullo Gaiteiro.

    o dia 16 e 17 de decembro no Centro de Cultura Popualr Xaquín Lourenzo Xocas “nas Lagoas” e no Ateneo de Ourense no Edificio da Torre.

    programación detallada en texto extendido… Ler mais…
    Organiza: As. Gomes Mouro.

  • Continue reading 2º DíA do ORGULLO GAITEIRO en Ourense. Parte I

    off opera

    Boas novas para @s amantes do imprevisto… vola á sala nasa a ópera sobre a linguaxe off, da cía galega “a última rata”, os días 8, 9, 10, 14, 15, 16 decembro ás 22 horas, entrada 8¤ e 5¤ estudiantes e parados, máis info www.alg-a.com e www.ludd34560.com, non faltedes, non todos os días pódese ver unha ópera, e menos en galego… beizos e noraboa pola vosa imparable ascensión …vémonos.

    Conferencia e Recital sobre Cultura Sefardita

    Estimados amigos:

    El próximo viernes día 11 de noviembre de 2005 a las 21:00 h, en la Casa de Cultura de Aldeamayor de San Martín (Valladolid), presentaré un acto sobre Cultura Sefardita conjuntamente con el Dr. Mario E. Cohen, director del CIDICSEF (Centro de Investigación y Difusión de la Cultura Sefardí), la más prestigiosa Sede Cultural Sefardita americana, radicada en Buenos Aires.
    Continue reading Conferencia e Recital sobre Cultura Sefardita

    Linho do cuco no GARCíA BARBóN

    O vindeiro sábado dia 19 de novembro actuarán no teatro Garcia Barbón de Vigo, os musicos de Linho do Cuco nos concertos de “homenaxe ao gaiteiro”.

    O grupo levará un repertorio novedoso con temas que formaran parte do 2º disco e como non pezas xa recollidas no seu 1º c.d. “Linho do Cuco“.

    Residência de Músicos

    Residência de Músicos
    sob a orientação de Stéphane Milleret

    7 a 13 de Novembro
    Herdade da Marmeleira – Évoramonte

    Programa em colaboração com a Associação D’Orfeu

    Durante uma semana, 14 músicos reúnem-se na Herdade da Marmeleira para uma residência artística internacional dedicada ao cancioneiro português.
    Trata-se de proporcionar um espaço de formação, experimentação, aprendizagem, intercâmbio e criação. Sem pressões de um resultado final: espectáculos formais, edição de CDs ou compromissos horários. Os músicos são convidados a viver e trabalhar na Herdade da Marmeleira (Evoramonte), criando laços artísticos intensos.

    Coordenação:
    Paulo Pereira
    Luís Fernandes

    Orientação:
    Stéphane Milleret

    Músico eclético, Stéphane Milleret interessa-se por diferentes estilos: música tradicional francesa, romena, irlandesa, que se reflecte depois nos diferentes grupos de que faz parte (Obsession, Djal, Duo Milleret-Pignol, Tsirba, Inishowen). Mantendo uma importante ligação à música tradicional, ele virou-se para o estudo de outras estéticas musicais: a música improvisada, o Jazz (harmonia e modos), a análise clássica e o contraponto. A composição surge como uma forma de expressão das suas diferentes influências: um fraseado melódico de inspiração tradicional, uma escrita polifónica, uma grande importância dada à forma e um lugar de destaque para a improvisação. Compositor nos grupos Obsession e Djal, escreveu também para espectáculos de teatro e de dança contemporânea.

    Músicos participantes:

    • Bitocas [Águeda]
    • Celina Piedade [Setúbal]
    • Eddy Cabral [Évora/Lisboa]
    • Luís Fernandes [Águeda]
    • Luís Peixoto [Coimbra/Lisboa]
    • Manuel Meirinhos [Miranda do Douro]
    • Marc [França]
    • Paulo Colaço [Beja]
    • Paulo Pereira [S. Pedro Sul]
    • Pedro Pascual [Galiza]
    • Rogério [Águeda]
    • António Bexiga [Évora]
    • Vasco Casais [Lisboa]

    Convite DESCALÇAS

    Caros Amigos:

    Gostaríamos de vos convidar a assistir ao nosso espectáculo DESCALÇAS que apresentaremos nos dias e locais descritos em baixo.

    Descalças é um projecto de palavras e música.
    Estar descalça é uma forma de estar na vida.

    “Descalças” não é mais do que um encontro de amigos em torno das palavras e da música. Tudo porque perceberam que havia coisas que queriam dizer, havia músicas que queriam partilhar e textos que queriam fazer ouvir. Juntaram‑se e, com todo o carinho do mundo (e muito trabalho), prepararam uma primeira apresentação à volta dos textos do Eduardo Galeano, que estreou na ACERT, em Tondela, em 2004.
    Continue reading Convite DESCALÇAS

    Festa Galego-Portuguesa

    No próximo sábado, dia 29 de Outubro de 2005, vai-se realizar uma PRIMEIRA festa galego-portuguesa na Cidade do Porto.

    Será no edifício Artes Múltiplas, situado na Av. Rodrigues de Freitas (São Lázaro).

    A apresentação do livro “Diário Comboio”, escrito por Raquel Miragaia em português da Galiza (ou galego-português), decorrerá pelas 23.30h. As fotos de Luz Castro, também integrantes do livro, serão apresntadas em simultâneo. Uma exposição de fotos de Miguel Muñiz, reputado fotojornalista galego, e música da outra banda completam este que quer ser o primeiro de muitos eventos “ponte” que representam a irmandade galego-portuguesa.

    A organizadora relações-públicas do Artes Múltiplas é a Ana “Laranja” Rocha, a “ponte” cultural é o Domingos Guedes Santos, as “verdadeiras artistas” são a Luz e a Raquel, jovens galegas muito prometedoras no espaço artístico-cultural da Compostela Universal.

    Estais, desta forma, convidadas a comparecer na data e hora marcadas. Divulga e traz contigo mais alguém.

    Continue reading Festa Galego-Portuguesa