Quince días extra para participar no Certame Runas

Quince días extra para participar no Certame Runas

A organización do Festival de Ortigueira prolonga ata o próximo 15 de abril o prazo de envío de maquetas para participar no Certame Runas de Músicas do Mundo Celta. O proxecto, dirixido a grupos noveis ou non consolidados dentro do panorama folk, ofrece aos participantes que resulten seleccionados a posibilidade de darse a coñecer no escenario de tarde da cita celta. O gañador saltará ao Escenario Estrella na edición 2006.

I Concurso de Música Tradicional “Escola de Gaitas” de Ortigueira

Cuartetos e quintetos
O concurso celebrarase o vindeiro sábado día 14 de MAIO de 2005, ás 17,00 horas na carpa situada na Alameda, en Sta, Marta de Ortigueira, A Coruña.
Os grupos participantes deberán presentarse unha hora antes do concurso na plaza do concello de Sta. Marta de Ortigueira para facer un pequeno desfile ata o lugar do concurso.

Haberá unha única categoría para maiores de 15 anos, ou ben, que como moito un
dos componentes do grupo sexa menor de esa idade.

Os premios serán os seguintes:

  • 1º premio: 1000 ¤ e diploma.
  • 2º premio: 600 ¤ e diploma.
  • 3º premio: 300 ¤ e diploma.

Tódolos grupos participantes que non reciban premio recibirán un agasallo.

Continue reading I Concurso de Música Tradicional “Escola de Gaitas” de Ortigueira

El Festival Ortigueira 2005 convoca el Certamen Runas de Músicas del Mundo Celta

Un cartel abierto a todos. El Escenario Runas busca en el 2005 hacerse más participativo que nunca. Y es que el Festival del Mundo Celta reinventa este proyecto musical con el objetivo de convertirlo en una auténtica plataforma escénica y mediática para artistas noveles de música celta o que todavía no han conseguido hacerse un hueco en el circuito musical. Para ello institucionaliza un concurso a nivel nacional para seleccionar a los grupos que debutarán en el escenario de tarde de Ortigueira.

Enviado por: xanpampin


Continue reading El Festival Ortigueira 2005 convoca el Certamen Runas de Músicas del Mundo Celta

LORIENT 2005

Delegación, provisional, que vai representar a Galicia no Festival Interceltique de Lorient 2005 ano da Irlanda (do venres 5 ó domingo 14 de agosto).

Concurso Mac Crimmon de gaita (sabado 6):

  • Agustín Garcia, da Cruña
  • Edelmiro Fernández, de Riveira
  • Pablo Seoane, de Cacheiras – Teo
  • Pedro Alvarez, de Nigrán

Grupo de danzas:

  • “C.C. A Ponte Vella”, de Reis – Teo

Bandas de gaitas:

  • “Manxadoira”, de Bueu
  • “Xarabal”, de Vigo

Grupos folk:

  • “Xochilmica”, 4 ou 5 actuacións, por datar.
  • “Leilia”, dia 7 con Pepe Vaamonde, dia 8 con C. Núñez
  • “Pepe Vaamonde grupo”
  • “Carlos Núñez grupo”
  • “Susana Seivane” dia 8 co Bagad de Kemper

(ENVIADO POR DON IGNACIO, REPRESENTANTE DO F.I.L. NA GALIZA, Ó L-GAITA A SEMANA PASADA)
Para máis información visita a web do Festival.

XIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL. Lugo.

Ponse en marcha a inscripción para o XXIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL organizado po-la Asociación Cultural “Cantigas e Frores” tedes toda a información sobre o curso, aloxamentos, etc en www.cantigasefrores.com
24, 25 e 26 de marzo 2005.

Para inscripcións enviade a inscricions@cantigasefrores.com os vosos datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Tfno
  • Enderezo.
  • Enderezo electrónico.
  • ESPECIALIDADE NA QUE QUEREDES PARTICIPAR

    Profesorado desta edición:

  • DANIEL BELLÓN – gaita
  • UGIA PEDREIRA – canto
  • JOSÉ LUIS ROMERO – percusión
  • SERGIO COBOS – baile
  • GERMAN DIAZ – sanfona
  • Continue reading XIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL. Lugo.

    Actividades de sensibilización musical en Lugo

    Os grupos de música tradicional de Lugo están organizando e desenvolvendo distintas actividades neste 2005 para sensibilizar á cidadania do valor que ten a música patrimonial feita en Lugo de xeito autónomo e plural desde calquer idade, en contraposición coas agrupacións homoxéneas e lineais que ainda hoxe ocupan unha grande parte do ensino musical de Galiza.
    Continue reading Actividades de sensibilización musical en Lugo

    Nova revista de etnomusicoloxía

    Acaba de facer a súa aparición no mercado a primeira publicación especializada no eido da investigación na música tradicional:

    Etno-Folk. Revista de Etnomusicoloxía Galega
    A nosa revista ten unha extensión de 156 páxinas, nun cómodo formato de 17 x 24 cm; a periodicidade será cuadrimestral (Reis, Letras Galegas, Novo curso). Cada número ten un custe de 12 euros, pero a subscrición anual (tres números) é de 30 euros (axúntase folla de subscrición).

    Etno-folk nace coa idea de proporcionar, a tódalas persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos propios da nosa terra, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación: en que se está a traballar, cales son as liñas de investigación que se están a desenvolver no eido da música tradicional, traballos de campo abertos… sempre baixo o criterio da publicación, que é, ante todo musical, étnico e investigador.
    Continue reading Nova revista de etnomusicoloxía

    Preténdese reunir toda a discografía galega, editada ou non.

    O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico dinamizará a sección de audiovisuais para dispor dun completo fondo de gravacións sonoras de Galicia.

    O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra logrou reunir polo de agora ó redor de 1.000 rexistros de audio a través de doazón, compra ou copia do material. Este fondo está composto por discos de 78 r.p.m. e vinilo, casetes, discos compactos e gravacións en cintas magnetofónicas con contidos tanto musicais coma de actividades diversas (conferencias, actuacións ou plenos).
    Continue reading Preténdese reunir toda a discografía galega, editada ou non.

    DISTRITO SON. Revista mensual de información musical galega.

    REVISTA MENSUAL DE INFORMACIÓN MUSICAL GALEGA, POP, ROCK, ELECTRÓNICA, JAZZ, ETNICA, HIP-HOP.
    Desde hai tempo, profesionais do sector, músicos e afeccionados en xeral botabamos en falta a presenza en Galicia dunha revista que dese conta da actualidade musical na nosa Comunidade dunha maneira rigorosa e o máis exhaustiva posible; unha revista que servise de apoio e rampla de lanzamento para os nosos grupos, as nosas produtoras, os nosos concertos, as nosas salas…

    Nace así DISTRITO SON, co obxecto de difundir as iniciativas musicais que se dan no país desde o Padornelo ata Fisterra, desde Viveiro ata Tui. Algo se está movendo no país, e nós queremos estar aí para contalo.

    Editorial.
    distritoson.com
    _________________

    Parabéns desde o CMTF.

    Escola de instrumentos tradicionais

    A Confraría da Dorna de Ribeira (http://www.cofradiadadorna.com/) pon en marcha a escola de instrumentos tradicionais (percusión e gaita). As clases van ser no local da confraría os sábados pola tarde.
    Ademáis desta escola tamén funciona outra de dornas a vela, aberta a todas e todos aqueles que queiran navegar pola ría.
    Para máis información podes escribir a: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

    fonte: paleon.net

    Espectáculo Musico-Vocal: VENTO MAREIRO

    Avelino Gonzalez + Caramuxo.

    Un espectáculo Musico-vocal que conta historias do mar. O mar… para algúns o fin do mundo, para os galegos e galegas, o principio.

    Contan historias da factora baleeira de Cée, das fabricas de Massó, do Xabrón da Toxa, da decacencia do acordeón (homenaxeando aos acordeonistas Mallo).

    Mais información. www.avelinogonzalez.com/ventomareiro.htm

    Uxía na nosa Eurovisión

    FESTIVAL LIET DA CANCIÓN EN LINGUAS MINORITARIAS
    LIET YNTERNASJONAAL

    22/10/2004 09:59
    Esta fin de semana celébrase en Ljouwert o festival Liet da canción en linguas minorizadas. Ljouwert é a capital de Frisia, e o Liet un festival que comezou como da canción en lingua frisoa e que dende hai dúas edicións se abriu ás linguas minorizadas europeas.
    Continue reading Uxía na nosa Eurovisión