CONCENTRACIóN – HOMENAXE áS VíTIMAS DO FRANQUISMO

CONCENTRACIóN-HOMENAXE áS VíTIMAS DO FRANQUISMO DE SILLEDA
(75º ANIVERSARIO IIª REPúBLICA)

A Asociación Cultural Adellis de Silleda e a Comisión pola Memoria Señor Afranio
convocan para o vindeiro domingo 9 de abril ás 18 horas, diante do monolito falanxista situado na Praza da igrexa de Silleda unha concentración-homenaxe aos republicanos de Silleda asasinados polo franquismo lembrando o 75 aniversario da II República.

Un saúdo,
Comisión pola Memoria Siñor Afranio

Xuntamos cartel
Por favor, difundide esta convocatoria entre os vosos correos

Audiência Zero apresenta Samesugas e Motornoise

O Eixo Norte-Galiza, da Audiência Zero, tem as honras de apresentar concertos de Samesugas e Motornoise para o fim-de-semana de 7 e 8 de Abril. E… o resultado só poderá ser, em curtas palavras, verdadeiramente explosivo. A concretização destes concertos responde aos esforços da Audiência Zero no sentido de impulsionar uma crescente relação cultural entre Portugal e Galiza.

Assim sendo e ao abrigo destes objectivos, a Sala Woodstock (7 de Abril), de Portonovo, e o Porto-Rio (8 de Abril), no Porto, recebem o punk pesado e descarnado dos portuenses Motornoise, aliado ao rock’n’roll mais selvagem servido pelos galegos Samesugas. Duas alucinantes noites de concertos, e uma viagem conjunta e acelerada de dois grupos sintonizados com mesmas origens musicais.

Nace, Verdegaia

There isn`t barn without straw…

NACEU VERDEGAIA!
Verdegaia é o nome escollido para a nova asociación ecoloxista de ámbito galego que se constituiu o 2 de abril nunha asemblea celebrada en Compostela, para a que se inscribiron 90 persoas.

Unha asociación plural, apartidaria, democrática e independente, que aspira a cubrir un oco até o de agora libre no panorama ecoloxista galego.

Unha asociación que contará con activistas organizad@s en Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo desde o seu nacemento.

Proximamente, poderás saber máis sobre a asociación no web www.verdegaia.org
[+info: www.constituinte.info]

II Foliada de Melide

II FOLIADA DE MELIDE

Domingo 30 de Abril
Pazo de Congresos e Exposicións

Organiza: Agrupación Folclórica “Castelo”
Colabora: Concello de Melide
Asociación Catasol

11:00 Pasarrúas Grupo de Gaitas “Castelo” de Melide
11:30 Apertura “Mostra de Artesanía”

  • Obradoiro Lis
  • Nebra instrumentos musicais
  • Xosé Miguel Mosquera. Gaitas e flautas
  • Obradoiro de instrumentos tradicionais Mouriño
  • German Arias. Luthier
  • Pablo Cid. Zanfonas
  • Sanin. Percusións
  • J. Presedo. Master gaita
  • Xosé Luis Toxo. Construcción de guitarras
  • A Grileira
  • Comercio xusto. Fundación Enxebre
  • Recicla con arte
  • Valdi
  • Berto Leis. Forxa
  • Teresa Taboada. Traxes rexionais
  • Ángel. Talla de madeira
  • Paul Marino

11:30 Apertura “Exposicións”

  • “Os Garceiras” (Esc. de gaita e percusión galegas Axoúxere)
  • “Os Xogos Populares Galegos” (AGXPT Asoc. Galega do Xogo Popular e Tradicional)
  • “Melide en fotos” (Agrup. Folc. Castelo – Colabora:Museo Terra de Melide)
  • “Comercio xusto” (Fundación Enxebre)

13:00 Actuación Grupo de baile “Azougue” E.M.F de Betanzos
13:30 OBRADOIRO: “A malla” Exhibición dunha máquina de mallar
do S. XIX (Manuel Varela)
14:30 Xantar popular
17:00 Actuación Mini e Mero: “Romances de cego”
17:30 OBRADOIRO INFANTIL: “Os maios” Agrup. Folclórica “Castelo”)
18:00 CHARLA: “Afinación da gaita e tratamento das palletas”(Jesús
Miranda)
19:30 Marcha Gaiteira. Percorrido pola vila
22:00 SERÁN

  • Agrupación folclórica “Castelo” (Melide)
  • Grupo de gaitas “Charamela” (Antas de Ulla)
  • Grupo de gaitas “Maristela” (Sobrado)
  • Grupo de gaitas “Pao de Buxo” de Saídres (Silleda)
  • Esc. de gaita e percusión galegas “Axoúxere” (Melide)
  • Grupo de gaitas “Castro Curbín” (Arzúa)
  • Grupo de gaitas “Bico da Balouta” (Agolada)
  • “Melidaos” Gaiteiros (Melide)
  • Gaiteiros “Froito Novo” (Melide)

00:30 CONXURO DA QUEIMADA e a continuación serán aberto para tódolos
grupos que desexen participar

Apeteceche ir a Gales este verán?

O 21 e 22 de Julho celebra-se em Gales o Festival Folque:
Sesiwn Fawr 2006

Desde Gales envia-nos o convite Swyn Angharad.

Gwybodaeth Cyffredinol
Gorffennaff 21 & 22 July

Bore da, a chroeso i wefan Sesiwn Fawr 2006

Yn ddi-dor ers 1992 mae Dolgellau wedi llwyfannu y Sesiwn Fawr flynyddol. Yn dilyn dechrau digon bychan mae’r wyl wedi tyfu i fod yn un o brif wyliau cerddoriaeth byd Ewrop. Mae’r rhaglen ar gyfer 2006 yn gyffrous iawn gyda artistiaid o sawl cyfandir yn hedfan i Ddolgellau i droi’r Sesiwn Fawr yn garnifal cerddorol eto eleni.

Llinell Docynnau ar 08712301314
Continue reading Apeteceche ir a Gales este verán?

A SGAE acosa a ONGs de acción humanitaria

There isn`t barn without straw…

Todo o imperio dos dereitos de autor en perigo!… todo?

Non!, nunha das provincias occidentais da vella Europa, en Hispania, uns cruzados logran resistir teimudamente aos piratas.

Quen son estes benéficos heroes?
Pois a Sociedad General de Autores y Editores, a SGAE. Esta loable organización -sen ánimo de lucro segundo os seus estatutos!- de 107 anos de existencia, conta con 485 empregados e numerosos profisionais a soldo para defender os dereitos dos seus 80.000 afiliados, aínda que só uns 6.000 reciban máis de 2.000 euros ao ano e por tanto teñan dereito a voto. A SGAE adícase a loitar contra o mal, combatendo o top manta, coa satisfacción de heterodoxos -en ámbitos non pecuniarios- cantantes como Sabina, aplicar o canon de copia a todos os produtos posíbeis (CDs e DVDs de todo tipo), e querelándose incluso contra os sibaritas de Apple polo seu innovador iPod!.
Continue reading A SGAE acosa a ONGs de acción humanitaria

Subvencións, axudas…

There isn`t barn without straw…

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria ven de publicar, nos últimos días, unha serie de axudas que teñen a finalidade de potenciar o comercio e o sector artesanal galego.

Este tipo de iniciativas poden resultar interesantespara os comerciais, industriais e artesáns vinculados á música tradicional galega. Por esta razón, a AGG habilitou un apartado no portal da Asociación dende o cal se poden descargar os documentos relativos a estes e outros anuncios: “Descargas: Anuncios, subvencións, oposicións…”

[+ info: www.gaiteirosgalegos.com]

Concurso: Embarca na Carpa!

There isn`t barn without straw…

A Consellería de Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Xuventude e a de Turismo veñen de poñer en marcha o certame de fotos, microcurtametraxes e música ‘Embarca na Carpa!’, na que tamén colabora Televisión de Galicia. Trátase dunha convocatoria na que poden participar mozos e mozas de entre 12 e 20 anos enviando as súas imaxes, os seus filmes e as súas cancións.
Continue reading Concurso: Embarca na Carpa!

Queres que a tua música soe no programa Ene-agá?

Levamos seis meses de emissom semanal pontual na Rádio Filispim, rádio livre e comunitária, em FM 93 para Trasancos e as comarcas vizinhas do Noroeste galego, desde que no mês de Outubro de 05 soltamos amarras e a nossa singradura começou. Somos o programa Ene-agá, realizado por um grupo de associados e associadas da Fundaçom Artábria, em emissom na rádio livre e comunitária da comarca de Trasancos, Rádio Filispim.

Queres que a tua música soe no programa Ene-agá?
Se tés um grupo e as vossas letras som na nossa língua, envia-nos as vossas maquetas ou CD´s e difundiremo-las no programa. Interessa-nos a música feita na Galiza e em galego, e também a de outros países lusófonos. Esperamos o teu envio ao endereço:

Programa NH – Rádio Filispim
Apdo. 303 15401 Ferrol (Galiza)

Foise co vento… e faltan ainda moitas…

There isn´t barn without straw…

O mesmo vento que fixo crebar o mastro da bandeira española na Coruña parece o mesmo que propagou a noticia pola rede galega, e así ao longo do domingo e deste luns os blogueiros apuraron a manifestar a súa alegría e facer algo de chanza co asunto. A frase máis repetida é “foise co vento”, pero hai máis onde escoller: dende “os falla la base”, que titula O quilombo até o “Se rompe España” da VA-CA ou os “novos aires” que dixo Javier Losada que ía traer á Coruña, pasando polos máis poéticos Martin Pawley ou Si home si, quen nos recorda que “a natureza imita a arte”.

Mesmo temos a exclusiva en vídeo dos primeiros momentos da bandeira caída, ofrecidos por Televaral. E en Arredemo xa ofrecen unha posíbel substituta á bandeira rojigualda. Pero ademais os coruñeses xa pasaron á acción e autoconvócanse vía SMS para concentrarse na coraza do Orzán á mesma hora na que traten de repoñer a bandeira. Polo momento non se sabe que decisión vai tomar o novo alcalde da Coruña, pero dende Indymedia aconsellan estar pendentes do teléfono móbil.

Esto está mal, isto está moi mal… son o teu amigo gaiteiriño…

There isn`t barn without straw…

Deputacións Provinciais e gaitas marcianas
O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere amosar a súa gran preocupación polos feitos acontecidos recentemente trala sinatura dun convenio de colaboración entre a Asociación de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra (ABGPP) e a Deputación pontevedresa para a implantación de varias escolas que o único que van fomentar, segundo os antecedentes existentes, será a música de corte militar, propia de Escocia, e non a galega, tal e como acontece dende hai anos na Provincia de Ourense coa súa Escola Provincial de Gaitas en mans da Deputación ourensana.

Tralas conversas mantidas coa Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) a adxudicación deste “ambicioso” proxecto caeu sen remedio en mans da ABGPP, tal e como xa sospeitabamos moitos dos gaiteiros e demais xente relacionada coa música tradicional galega que coñecemos sobradamente este tema.

É inconcebible que institucións da nosa Terra, financiadas con cartos públicos de todos, fomenten un modelo musical alleo á nosa cultura, ignorando e rexeitando as propostas presentadas por diferentes asociacións e entidades para a posta en marcha deste proxecto.
Continue reading Esto está mal, isto está moi mal… son o teu amigo gaiteiriño…

Programa clave…

There isn`t barn without straw…

Este sábado 25 de marzo de 2006 no espazo “O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” que presenta Emilio Españadero na sintonía da Radio Galega teremos unha lembranza ao primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, D. Ricardo Portela Bouzas, tristemente falecido o 24 de marzo de 1992.

Ademais, presentaran o novo e ambicioso proxecto que está a levar a cabo a AGG en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, contando coa presenza do artesán de gaitas e requintas Xosé Manuel Gil, de Ponteareas.

Internautas á rúa contra a SGAE

Fonte: Vieiros

[23/03/2006 12:28] “A nova reforma da Lei de Propiedade Intelectual vaille dar aínda máis beneficios á SGAE. Vanse incluír novos roubos en forma de canon”. Así comeza a mensaxe que buliga polos correos electrónicos chamando a unirse a unha concentración protesta diante das sedes da Sociedade Xeral de Autores. Contámoslles de paso da iniciativa Estremadura Creativa, xurdida naquela comunidade para ofertar a xestión de dereitos de autor á marxe da SGAE.

“Chámannos piratas e obrígannos a pagar por descargarmos música cando non poden probar o uso dos nosos suportes”, recolle o manifesto que pide o seguimento da convocatoria para este venres 24 ás 13h diante das sedes da SGAE, que en Galiza está na Coruña. “Compartir é legal e bo”, reivindican, “amenázannos e coaccionan a nosa liberdade de expresión, obrigaron a pechar a Frikipedia e ameazaron con silenciarnos”. Recomendámoslles ampliar información na revista musical galega Contrasurco.

Por outro lado, chega a nova da creación de Estremadura Creativa, unha entidade creada para prestarlle asesoramento aos autores sobre como ceder os dereitos das súas obras e escoller o modelo de xestión ao respecto de forma que teña “pleno dereito sobre a copia e reprodución da súa obra, a distribución, a comunicación pública e a realización de versións ou obras a orixinal”. Con ese obxetivo, promoverán o uso das licenzas Creative Commons. Os creadores da iniciativa critican que a SGAE se atribúa en exclusiva a representación dos autores e pídenlle á Junta estremeña que tal e como foi pioneira no apoio da administración ao software libre, apoie agora o espallamento das licenzas Creative Commons.

Arxentina berra “Nunca Máis” no 30 aniversario do golpe militar

There isn´t barn without straw…

Na noite do 24 de marzo de 1976 un golpe de estado militar poñía fin ao réxime democrático e instauraba unha terrorífica ditadura que durou até 1983 e que deixou tras de si máis de 30.000 desaparecidos. Entre eles 576 cidadáns de orixe española, dos que 300 eran galegos. Nunca até hoxe ningunha institución galega condeara estes feitos, pero o debate aberto polo BNG e a viaxe de Touriño a Arxentina días antes deste aniversario fan que por fin se empece a recuperar a memoria de todas as vítimas e se apoien as reivindicacións dos seus familiares, tamén no ano en que aquí se celebra o ‘Ano da Memoria‘. En Bos Aires xa comezaron os actos de conmemoración, co despregamento dunha gran bandeira arxentina co lema ‘Nunca Más‘ na sede da Amia. Pola noitiña as Nais da Praza de Maio convocaban un acto de recordo ás vítimas, seguida dunha vixilia culminada de madrugada, á mesma hora que se declarou a ditadura arxentina. O venres pola tarde está convocada unha marcha dende o congreso até a Praza de Maio para reclamar ‘Memoria, verdade e xustiza’ e reivindicar os ideais dos que foron desaparecidos. Nela irá unha representación galega na que participarán membros do BNG e da CIG.

Especiais sobre o 30 anivesario do golpe en Clarín e La Nación.
Anuncios para a radio chamando á manifestación.
A Xunta anuncia que cooperará coas familias dos desaparecidos galegos
Unha árbore por un fillo desaparecido.
Un artigo de Ana Miranda sobre Dionisia López Amado, Nai galega da Praza de Maio.
Continue reading Arxentina berra “Nunca Máis” no 30 aniversario do golpe militar

Curso de Cultura Tradicional… Cantigas e Frores

There isn`t barn without straw…

Esta asociación ven organizando dende 1983, con carácter anual, un “Curso de Cultura Tradicional Galega”, con varias especialidades, e con caracter aberto e gratuíto. Este curso foi o primeiro que se fixo con carácter permanente en España e vense celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa. Acadará no ano 2006 a súa XXIV edición.

Nos últimos anos foi patrocinado pola “Dirección Xeral de Promoción Cultural” da “Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo” da Xunta de Galicia; colaborando o Excmo. Concello de Lugo coa cesión do Auditorio Municipal e os locais anexos da Piscina Municipal, onde de levan a cabo as clases.
Continue reading Curso de Cultura Tradicional… Cantigas e Frores

Adeus á Catedral do Folk

Entereime pola páxina de Ghastas Pista (www.ghastaspista.com/novas/cova.php) do peche da Cova Folk, en A Coruña. Tendo en conta que, xunto coa Casa das Crechas en Compostela, a Cova Folk foi o primeiro local de este tipo de músicas que abriu na Galiza, penso que ben merece un par de liñas no voso portal.

Un saúdo
Fer


Tras casi 14 anos de existencia, que o fan o local pioneiro neste tipo de músicas na cidade de A Coruña, a Cova Folk pecha as súas portas. Na memoria quedan moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía. Se medimos o tempo en días esaxeraría o dicir que pasei alí media vida, pero si a medida se fai en tempo disfrutado… nese caso quedaríame corta. Por eso quixera dende este portal buscar algún xeito de gardar os bós momentos que alí moitos vivimos.

E para iso preciso da vosa axuda: mandade fotos, lembranzas, bós desexos, e demáis comentarios a ghastaspista@gmail.com

O catálogo de Ouvirmos disponíbel nas tendas de música-on line de todo o globo

Ouvirmos convértese na primeira editora galega que ofrece o servizo de descarga de cancións en formato mp3 desde plataformas dixitais de todo o globo.

DESDE HOXE EN:

iTunes
eMusic

Napster
só desde EE.UU.
Real

Gostas de levar a música para outra parte? Aqui tes a solución. Descarga o teu rexistro histórico preferido desde Xenebra, o Río da Prata ou Hong Kong; de día ou de noite, chova ou escampe. Non podes prescindir de ningunha peza? Pois descarga toda a colección A Tiracolo e lévaa sempre enriba.

Podes baixar todos os temas de Ouvirmos desde as máis importantes plataformas provedoras de contidos dixitais da rede. Máis de 130 cancións por 1$ cada unha, máis de 400 min. dispostos para o teu ordenador ou reprodutor de mp3.
Para viaxar co primeiro disco galego no peto …e axiña tamén co último (Ecléctica Ensemble).

PROXIMAMENTE EN:

musicNet
Sony Connect

MSN music
Yahoo music
Ruckus

E isto é só o comezo…

Lorient 2006 listado de participantes…

There isn`t barn without straw…

A medida que se achega o verán vanse coñecendo os pormenores da celebración dun dos festivais con máis sona de Europa, o “Festival Interceltique de Lorient”, que terá lugar dende o 28 de xullo ata o 6 de agosto na vila gala. Aqui o listado acerca de cal será a representación galega neste evento.
Continue reading Lorient 2006 listado de participantes…

Bitácoras da REDE

Fonte: alg-a.com
Fonte: Boletín de Cultura do Concello de Ribadeo

Pasaron en pouco tempo -como corresponde á época que vivimos-, de moda marxinal a auténtico fenómeno cultural. A Rede non coma unha fin, senón coma unha ferramenta, coma un caderno de bitácora, coma unha caixa de resonancia ou xardín secreto. Os blogs fixéronse cun espazo importante do noso tempo, e son protagonistas de encontros, teses universitarias, xornadas, … Galiza e a nosa cultura non é allea ás mesmas, e mesmo plataformas como Blogaliza deron sentido, sensibilidade e camiño ás feitas aquí.

As seguintes son só algunhas recomendacións de blogs culturais galegas, a partir das cales mergullarse no océano da internet:

http://bretemas.blogspot.com/
http://aregueifa.blogspot.com/
http://ocartafoldesilencios.blogspot.com/
http://facendoamigos.blogspot.com/
http://casatlantica.blogspot.com/

Desde alg-a.com so engadir mención a estes outros tres fabulosos proxectos colectivos:

Mapa da Blogaliza feito por lantania.com.
Chuza.org actual colector de boa parte das publicaións galegas vía Blog.
blogalego.com recente proxecto paralelo de indexación de blogs galegos.

Recomendar igualmente este artigo relacionado:
Ferve a rede social galega

Baile de danzas europeias

Ola a todos,
podedes divulgar, por favor. (E ir!)
Graciñas, bicos
Marta Pereira Coutinho

No próximo domingo dia 26 de Marzo 2006, polas 20h na Praza da
Constitución (xunto ás Portas do Sol) en Vigo:

Baile de danzas europeias con
Quim Farinha e Pedro Pascual – música
Marta Pereira Coutinho – axudavos a bailar