Linho do Cuco …concerto en Barcelos

O pasado 11 de febreiro (sexta feira) Linho do Cuco, convidados polo CMTF de Lalín, actuamos no concerto de clausura das “Xornadas de Metodoloxía Kodaly” que organizou o Conservatorio de Barcelos realizadas no Auditorio da Biblioteca Municipal da cidade.

O Conservatorio de música de Barcelos estaba interesado en amosar aos asistentes, o traballo que en Lalín está a desenrolar o CMTF, como exemplo de que a música tradicional, aparte de server como recurso educativo, ten un valor en si mesma, e pode ser tratada coas mesmas consideracións que calquer outro xénero.


Continue reading Linho do Cuco …concerto en Barcelos

Modificación na data do concerto de Xochilmica

A data de presentación do grupo Xochilmica en Vigo vaise trasladar para a última semana de marzo “por mor do retraso que levan as obras do Tren de Alta Velocidade no trazado Santiago-Vigo …jejejje”

…ainda non sabemos a data exacta… Sentímolo moito, e agardamos non vos enfadedes connosco… Xa a confirmaremos un pouco mais adiante… Pero si que sabemos con seguridade a data de presentación en Santiago de Compostela:

O día 8 de Marzo na Casa das Crechas a redor das 10.30 (da noite).

Un saudo a todos/as
Xan Pampin

PD: gracias Oscar por esa estupenda critica…

Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón

Encontro coa Zanfona Contemporánea
Auditorio Municipal de Narón 12 e 13 de Marzo.

Curso de Zanfona, Imparte Gilles Chabenat.
Sábado 12 de Marzo de 15h:30 a 19h:30
Domingo 13 de Marzo de 9h:30 a 14h:00 e de 15h.30 a 18h:30

Conferencia: "A Zanfona na Peninsula Ibérica" por Julio
García Bilbao
.
Domingo 13 ás 20h:00

Concerto: Trame
Gilles Chabenat Zanfona Electroacústica.
Alain Bonnin Piano.
Domingo 13 ás 21h:00

Organiza:
ACMTF, Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque.
Subvenciona:
Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Precio curso: 60 Euros / 50 Euros asociados á ACMTF.
(É imprescindible dispoñer de instrumento propio, aloxamento e
comidas non incluidos)

Inscripción:
Envía os teus datos…
Nome e Apelidos:
Dirección:
Nº de Tfno:           E-Mail:

E un xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031 de Caixa Galicia

A este enderezo:
Auditorio Municipal
Plaza de Galicia s/n
CP 15570
Narón (A Coruña)

Ou a este Fax: 981 384 829

Indica se queres reservar unha habitación para a noite do Sábado:

  • Individual [ ]
  • Doble individual [ ]

    Información:
    i.lopez@concellodenaron.com
    tfno: 981 391 144

  • Continue reading Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón

    VEN-RES-PI-RAR os 2os venres de cada mes a Ourense

    VEN-res-pirar

    Recuperadas xa (agardamos) as forzas logo do entroido, e coa idea de nos xuntar periódicamente a xente que fai música e baile tradicional en Ourense, a Asociación Cultural Algaravía e a AULA DE MÚSICA TRADICIONAL Gomes Mouro comprácense en vos convidar ás xuntanzas mensuais que imos realizar en distintos locais da nosa cidade de Ourense o segundo venres de cada mes ao mes até xuño…
    Continue reading VEN-RES-PI-RAR os 2os venres de cada mes a Ourense

    Cea-degustación con RUSO NEGRO

    Mércores 16 de febreiro no Cabaliño do Demo (o restaurante vexetariano da Porta do Camiño en Compostela):

    Cea-degustación coa actuación do trío cómico-musical “Ruso Negro” e o seu “Concerto normal e corriente”.
    Cabaliño do demo: pratos dendetódolomundo-paratódolomundo; pequeno, acolledor, amistoso e colorido.

    Ruso Negro: un italiano, unha andaluza e un galego; un acordeón, unha flauta e unha guitarra; os tres cantan; dous bailan; unha come espaguetti.

    Contacto: rusonegro2004@yahoo.es
    Fotos: http://fotos.yahoo.es/rusonegro2004/
    Info e reservas: 981.588.146 ou 652.182.540
    Continue reading Cea-degustación con RUSO NEGRO

    Duas notícias de gaita. Pepe Vaamonde + Norberto Pablo Cirio

  • Pepe Vaamonde, um dos mais prestigiados gaiteiros galegos,
    lançou agora o site do seu grupo, (www.pvgrupo.com)
    em Abril e que conta com convidados de peso, como o gaiteiro escocês
    Fred Morrison (Capercaillie), John Joe Kelly (Flook), John McSherry
    (Lunasa) e Xavier Cedrón (Luar Na Lubre) e com as vozes convidadas de
    María Vidal e Xurxo Fernández.

  • De Gaitas e Charangas: Conferência em Pontevedra No próximo
    dia 16 de Fevereiro, Quarta-feira, o antropólogo argentino Norberto
    Pablo Cirio levará a cabo uma conferência na Sala Sargadelos de Pontevedra
    (Galiza) com o título “De Gaitas e Charangas na Argentina. A visão de
    um emigrante”, a partir das 20:30 horas (hora espanhola). Norberto Pablo
    Círio dedica-se há muitos anos ao estudo dos fenómenos identitários
    e musicais da comunidade galega na Argentina (cuja emigração nesse país
    é bastante numerosa) e possui uma das visões mais completas e interessantes desse fenómeno e dos seus resultados na cultura musical galega.

  • IV Encontro: O Son da Memoria. Música galega na emigración.

    17 e 18 de febreiro no 2005. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
    Praza do Obradoiro. Pazo de Raxoi. Segundo Andar.

    Qué relacións de pertenza rexen ás producións musicais, e outros bens patrimoniais, e aos países de orixe e destino?, serán os procesos de hibridación actuais os que firmen a sentencia de morte dos sinais de identidade das comunidades minoritarias?

    Estas e outras cuestións, que están na mente de estudosos, músicos e xente vinculada á produción artística e cultural, serán abordadas no Encontro por especialistas na materia, que nos guiarán e enriquecerán os nosos recursos de análise e percepción dunha realidade que cambia a unha velocidade cada vez máis vertixinosa.

    ————————————————————————————-

    TELÉFONO: 981 957 202 / 981 957 210
    FAX: 981 957 205
    ENDEREZO ELECTRÓNICO: asonoro@consellodacultura.org
    ORGANIZA: Arquivo Sonoro de Galicia
    Consello da Cultura Galega

    PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 15 de febreiro de 2005
    PRAZAS: 100 persoas
    Continue reading IV Encontro: O Son da Memoria. Música galega na emigración.

    ¿Como incorporar fotos a folque.com???

    Os conteudos da comunidade folque.com medram, mas quizais bótase em falha algumha que outra foto para ilustrar tanto texto e tanta nova.

    Esta é umha referencia facilitada pola comunidade vizinha alg-a.com para como solventar esta eiva actual: FAQ alg-a.com ¿Como podo mandar imaxes?
    As notas aportadas nesta resposta som igualmente válidas para o casso de folque.com

    400 px de ANCHO MáXIMO para imagens
    em portada. Texto da nova.
    500 px de ANCHO MáXIMO para imagens
    em interior. Texto extendido.

    Continue reading ¿Como incorporar fotos a folque.com???

    Rao Trío en concerto

    SÁBADO 19 DE FEBREIRO ÁS 23:30 hs
    OUTÓTONO – Ponteareas (entrada 4 euros) AFORO LIMITADO
    (Reservas: outotono@outotono.com )

    RAO TRIO es una formación original y que imprime cierta novedad al panorama de las Otras músicas. Zanfona, Bajo y Batería, es la curiosa formación que utilizan estos tres jóvenes músicos para ofrecer un repertorio también original basado en temas tradicionales y de compositores ligados a un tradición como son Anouar Brahem, Gilles Chabenat o Valentin Clastrier.
    Continue reading Rao Trío en concerto

    Curso de zanfona con Stephane Durand

    XXII CURSO DE ZANFONA Impartido por Stephane Durand
    Los cursos se impartirán en el albergue de Casavieja (Ávila). Constaran de 15 horas lectivas. La recepción de alumnos será el viernes 15 a partir de las 18 h. En el precio del curso está incluido el alojamiento y comidas en el mismo albergue. El precio para acompañantes no asistentes a los cursos es de 55 Euros. Los cursos están dirigidos tanto a músicos interesados en perfeccionar su técnica como a aficionados o principiantes que desean conocer el instrumento.

    [+ info: http://www.zanfona.com/proximocurso.html]
    Continue reading Curso de zanfona con Stephane Durand

    Nova revista de etnomusicoloxía

    Acaba de facer a súa aparición no mercado a primeira publicación especializada no eido da investigación na música tradicional:

    Etno-Folk. Revista de Etnomusicoloxía Galega
    A nosa revista ten unha extensión de 156 páxinas, nun cómodo formato de 17 x 24 cm; a periodicidade será cuadrimestral (Reis, Letras Galegas, Novo curso). Cada número ten un custe de 12 euros, pero a subscrición anual (tres números) é de 30 euros (axúntase folla de subscrición).

    Etno-folk nace coa idea de proporcionar, a tódalas persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos propios da nosa terra, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación: en que se está a traballar, cales son as liñas de investigación que se están a desenvolver no eido da música tradicional, traballos de campo abertos… sempre baixo o criterio da publicación, que é, ante todo musical, étnico e investigador.
    Continue reading Nova revista de etnomusicoloxía

    OFF Mércores 9 ás 9 da noite na Sala NASA

    OFF Ópera Fonética Futura

    Mércores 9 de Febreiro ás 9 da noite
    Entrada 5 euros

    Un espectáculo comtemporáneo made in Galiza no que se mesturan a música electrónica ea música improvisada con proxeccións de video e imaxes realizadas en tempo real.

    Mónica de Nut como PALABRA
    Fernando Abreu como MÚSICA
    IG como XESTO

    Isaac Cordal, video
    Sono-mama, proxeccións
    Xurxo Troncoso, iluminación

    Dirección: IG

    mais información en: www.alg-a.com ou www.salanasa.com

    Escola Oficial de Idiomas de Compostela + Aula de Canto do CMTF

    2 cançons de Entrudo e 1 Canto de Aguinaldo de Cedeira

    A aula de canto do CMTF desplazou-se á Escola Oficial de Idiomas de Compostela para interpretar duas cantigas de Entrudo: O Romance de Oza (Chouteira), Entrudo Chocalheiro (Brigada Vitor Jara) e O Canto de Aguinaldo tradicional de Cedeira.

    As profesoras da aula de canto, Guadi Galego (piano) e Ugia Pedreira (pandeiro) acompañaron ás alumnas Inés Portela, Xan Herrera, Pilar Gzlez, Hortensia Fdez, Begoña Fdez, Martázul, Bea Diaz e Cheché Comojo.

    A AULA DE CANTO ESPALLA O SEU CANTAR PARA QUEN O QUEIRA ESCUITAR
    Aproveitan, improvisam e desfrutan cantando nos ciclos do ano, nas escolas, nas fundacións como a Solaina de Piloño, na presentación do libro de José L. Forneiro, nos recebimentos, nas ceas, nas jam-sesións, no escenario, nos patios, na rua, nas casas de baño, …

    CALQUER MOMENTO É BOA DISCULPA PARA CANTAR
    Grazas á complicidade e cariño do público que estivestes ali.
    Foi o dia 3 de febreiro ás 20.30 h. na Escola Oficial de Idiomas.
    10 minutos de música galega para 100 estudiantes de idiomas.
    Continue reading Escola Oficial de Idiomas de Compostela + Aula de Canto do CMTF

    Monográfico: O JOGO ABERTO

    Jogo, estratégia musical e comunicação

    O sábado dia 12 comeza o monográfico O JOGO ABERTO impartido por O Bitocas da Asociaçom Dorfeu de Águeda (Pt).

    De 12 a 14 horas.
    De 16 a 19 horas no CMTF.

    Inscripçom:
    conservatorifolque[a]bandua.com / tlfe. 627 934368

    ———————————————————————————–

    O JOGO ABERTO
    Jogo, estratégia musical e comunicação

    Oficina de improvisação musical que utiliza o jogo como provocador lúdico de interacções comunicantes. Destinado a músicos, comunicadores, professores, educadores, animadores e curiosos, amadores ou profissionais.

    O JOGO ABERTO basea-se numa experimentação curiosa que tem como ponto de partida a relação entre o jogo e a improvisação musical idealizei esta oficina que, como o jogo, tem utopias próprias; como a improvisação não se sabe onde vai ter; e como a música, harmoniza-nos com a vida.

    Prezo: 30 ¤ (20 ¤ socios/as da As. CMTF)
    Continue reading Monográfico: O JOGO ABERTO

    Preténdese reunir toda a discografía galega, editada ou non.

    O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico dinamizará a sección de audiovisuais para dispor dun completo fondo de gravacións sonoras de Galicia.

    O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra logrou reunir polo de agora ó redor de 1.000 rexistros de audio a través de doazón, compra ou copia do material. Este fondo está composto por discos de 78 r.p.m. e vinilo, casetes, discos compactos e gravacións en cintas magnetofónicas con contidos tanto musicais coma de actividades diversas (conferencias, actuacións ou plenos).
    Continue reading Preténdese reunir toda a discografía galega, editada ou non.

    Premios Opinión

    —- Os tres Gañadores dos IV Premios Opinión

    Xosé
    Manuel Budiño
    acada o primeiro posto como mellor disco galego
    folk do ano 2004, con Zume de Terra, na IV edición dos Premios Opinión.

    A segunda posición foi para a orquestra folk SondeSeu,
    co seu disco de debut discográfico titulado Mar de Vigo.

    A terceira praza foi para Susana Seivane con Mares de Tempo. A
    gaiteira é a única artista que ten dous premios Opinión
    no seu palmarés, posto que xa acadara un na primiera edición.

    A cuarta praza foi para Luar na Lubre, o quinto lugar para Carlos
    Beceiro
    e a sexta praza para o grupo Nao d’Ire. (outros debutantes
    no eido discográfico).

    Tamén obtiveron votos do xurado, formado por nove
    xornalistas, a banda Brath, Miro Casabella e os Quempallou.