Convite Gala Meninos Cantores

Na recta final do proceso da Candidatura queremos que as voces dos Meniños Cantores cheguen a París. Para iso convidámoste a asistir a presentación deste magno proxecto sen precedentes na historia da Gallaecia…
Gala retransmitida pola TVG

7 de Novembro 2005 ás 21 horas no Teatro-Cine Fraga Caixagalicia en Vigo
IMPORTANTE: HAI QUE CONFIRMAR ASISTENCIA!!

Continue reading Convite Gala Meninos Cantores

Últimos días para a inscrición no 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana!!

Atención todo o mundo, o vindeiro luns 31 remata o prazo oficial de inscrición no 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana na Estrada!! Non o perdades, garantida a boa troula galaico-astur!!

Lume nas pelicas!!!
Máis info en xuntanza_transeu@hotmail.com
Tlf. 657 209 731

Continue reading Últimos días para a inscrición no 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana!!

Magosto en “Os Teixois”

Ola:
Anunciovos que vai haber un magosto en “Os Teixois” o día 12 de novembro, sábado. Apuntadeo na axenda, a cita oficial é as 20.00h. Aconséllovos ir porque vai haber moito ambiente de música e xente. Non sei si temos falado deste lugar, é un caserío a poucos kilómetros de Taramundi no que hai un centro etnográfico con mazo e varias dependencias propias do oficio de ferrreiro, tan típico na zona. Hai cantina e varios lugares para acoller á xente que seguramente ateigará o lugar. O entorno é unha marabilla, con moito verde e unha orografía abrupta, arquitectura rústica ideal para pasa-lo día paseando por alí e rematar no dito magosto. Acudirán gaiteiros da zona: Nela de Bres, Ovidio de Cartea, Otilio de A Burela, Manuel de Avilés, Constantino de Pasarón, Firme de Batribán, Modesto de Murias, César de Queixoiro e seguramente outros máis. Xa non conto os novos, por decilo dalgunha maneira, entre os que están normalmente xente de Xistra de Coruxo e outras pandillas de Vigo, Pablo Seoane, Juan Carlos de Taramundi e un longo etc.

Aproveitarei para facer un artigo sobre o lugar e o magosto. O que queira saír na foto…
Xa se me esquecía, as castañas están boas.

Saúdos
Juanjo Fernández
agaitadofol.com

Cursos ALGARAVÍA 2005/2006 Ourense

OBXECTIVOS:

• Achegar ó coñecemento da nosa danza tradicional, a súa orixe, evolución e diferentes manifestacións.
• Contribuír á difusión da danza galega dun xeito normalizador e como parte intrínseca e viva da cultura do país.
• Consolidar espazos e ambientes que propicien a participación espontánea da danza tradicional así como a súa práctica

ACTIVIDADES:

CURSO INTENSIVO DE ACHEGAMENTO Á DANZA TRADICIONAL:
DATAS: 22 e 23 de outubro 2005
LUGAR: Local da A.C. Foula
PROFESORES: Francisco Aguiar e Bea Díaz

AULAS DE DANZA TRADICIONAL (Iniciación e perfecionamento):
DATAS: De novembro de 2005 a xuño 2006
LUGAR: Local da A.C. Foula
PROFESOR: FRANCISCO AGUIAR.

FESTA PRESENTACION:
DATAS: 4 de novembro de 2005
LUGAR: Café A EFÉMERA
HORARIO: Dende as 22:30

MAIS INFORMACIÓN: TEL. 609.022.512 / 686.460.096 ou algaravia@gmail.com

Continue reading Cursos ALGARAVÍA 2005/2006 Ourense

Coro Nacional Popular. Selección de Voces.

Ola, camaradas
O comité de actividades revolucionarias e festeiras do 3º Pé-Andar Criativo ten o placer de convidaros ao casting de voces para o seu coro nacional popular.

Trátase dunha actividade própia do 3º Pé, e está focada á criación dun coro Montealtino que se adique a ir por tabernas rescatando cancións do noso repertorio máis rojo e máis popular.


Continue reading Coro Nacional Popular. Selección de Voces.

2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana na Estrada!!!

O colectivo de asturian@s e galeg@s TranEu convócavos ao:
El coleutivu de galleg@s y asturian@s TransEu convócavos al:

2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
2º Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

O vindeiro sábado 5 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica na Casa Grande de Vilanova (A Estrada). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica a o nacer do día.

Agradecémosvos a/la difusión!!!!
Continue reading 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana na Estrada!!!

I aniversario HILGEN

RECORRIDO POLA SERRA DO CANDáN

O día 16 de outubro de 2004, foron esparcidas no cumio da Serra do Candán, alto de San Benito (1.015 m), as cinzas do xeólogo holandés J. D. Hilgen. Naquel evento, organizado por unha comisión presidida por Perfecto Navaza, un lalinense “vello amigo” do xeólogo, participaron varias persoas tanto a nivel particular como en representación de asociacións (Sociedade Galega de Xeografía, Alcalde e membros da Corporación Municipal de Lalín, Asociacion Cultural Manuel Ferreiro, Asociación Cultural O Naranxo, Asociación Ecoloxista Sobreira, etc.). Tamén estiveron presentes a viuda, un sobriño e unha amiga que se desprazaron desde Holanda para asistir ao voleo das cinzas do xeólogo no venteado Candán.
Continue reading I aniversario HILGEN

Serán dia 9 Outubro na Coruña

O Colectivo Urbano Lugrís organizará o próximo domingo, dia 9 de Outubro, un serán na Praza de Azcárrega de A Coruña.

Empezará a partires das 19,00h e invitamos a todos a participar neste acto, que está encadrado dentro das festas patronais, que van dende o dia 6 ata o 9.

Para mais informacións, consultade a nosa páxina web www.colectivourbanolugris.org.

VENTO MAREIRO (nova xira de outono)

O cuarteto CARAMUXO e o actor AVELINO GONZÁLEZ regresan aos escenarios galegos co seu espectáculo “Vento Mareiro” logo do éxito acadado na súa anterior xira de primavera.

Un espectáculo con SABOR A MAR onde se entremezclan as historias de baleas, sereas e mariñeiros coa música popular en directo co peculiar estilo do cuarteto Caramuxo.

A xira dará comenzo o vindeiro Sábado 8 de Outubro en Sanxenxo, e percorrerá localidades como Pontevedra, Tui, Gondomar, Oleiros, Narón, Viveiro ou Lugo entre outras.

Para ampliar a información visitar a estupenda páxina: www.avelinogonzalez.com onde atoparedes o calendario e toda a información completa do espectáculo.

¡Non o perdas, pode ser a derradeira oportunidade!!!

comeza o novo curso da escola municipal de música e danza

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, dirixida polo director e profesor portugués Lourenço da Cruz, bota a andar neste novo curso 2005-06.

Como ven sendo costume nestes anos, os obxectivos do curso, o corpo de profesores e as novidades e proxectos do mesmo serán explicados polo propio director e pola concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, aos alumnos e pais e nais da Escola, na presentación pública que terá lugar o 30 de setembro, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Ribadeo.

Conciertos presentación Ourense

Os enviamos información de una actividad cultural musical, con el ruego de su difusión.

CONCIERTOS-PRESENTACIÓN
Los próximos días, 30 de setiembre del 2005, a las 20,15 horas, y 1 de octubre, a las 12 horas, se celebrará en Ourense, en el local de la librería Torga, situado en la Rúa da Paz, número 12, unos conciertos-presentación de 2 libros de investigación musical realizados por el músico Daniel García de la Cuesta, miembro del grupo folk asturiano LLiberdón.

El acto de la presentación correrá a cargo de Manuel Brañas, responsable del Obradoiro da Deputación de Ourense y miembro del grupo Brañas Folk. La entrada es libre.
Continue reading Conciertos presentación Ourense

Concerto de GUEZOS. Ourense.

GUEZOS volverán de novo a Ourense.
A data confirmada é o 8 de Outubro no barrio de Sta. Teresita.

O motivo son as festas do barrio que reúnen a diversas formacións folclóricas, bandas de gaitas, grupos, etc.

Todo de Balde e ó aire libre.
A hora aproximada do evento será as 11 da noite.
Un saúdo dende Ourense.

GUEZOS

DONAIRE en Concerto !!!

A Asociación Cultural Donaire ofrece un concerto no Pub Dublín da Coruña o 4 de Outubro as 22: 00 h. está garantizada a festa e a carallada, animádevos!!!

II Cursiño Xarabal 21 aniversario – Rias Baixas

A Banda de Gaitas Xarabal, que baixo a dirección de Antón Corral ven despempeñando unha laboura que xa cumple 21 anos, quere celebrar este acontecemento, ofrecendo a tódo-los interesados unha serie de cursiños e actividades ca intención de propagar todo o bó facer que se ven desempeñando na nosa terra.

Para todo isto dispoñemos da axuda inestimable dos nosos compoñentes, amigos, profesionáis e colaboradores de este mundillo.

Os cursos programados son os seguintes…
Continue reading II Cursiño Xarabal 21 aniversario – Rias Baixas

Curso Músicas do Mundo en Ourense

a Asociación Cultural ALGARAVIA organiza en Ourense na Facultade de Ciencias os Venres do 16/09 ao 18/11 de 20:15 a 21:45 horas.

CURSO DE CANTOS DO MUNDO
Se estás interesad@ en aprender música de países tan dispares como Tailandia, Kenia ou Nebraska, xa está aberto o prazo de matrícula ata o próximo 12 de setembro.

Se queres máis información chama a estes teléfonos:
686.460.096
653.509.266

Continue reading Curso Músicas do Mundo en Ourense

danza contemporanea

hoxe, agora
a vida EN DANZA

Volve a Ribadeo a mellor danza contemporanea, para mostrarnos ideas e discursos encarnados. Para levarnos do simple gozo visual á comprensión da identidade, do espazo, do que se conta. Para ollar con curiosidade. Para valorar se é preciso. Para descobrer. En tres días, tres compañías, no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 9 da noite.
Continue reading danza contemporanea

Invitacións CONSTANTINO BELLóN

O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle á FINAL do
XV Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”

DATA: mércores día 31 de agosto de 2005
HORA: 8 tarde.
LUGAR: Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n) – Ferrol.

Encontro de portadores no Occidente Asturiano 19 e 20 de agosto 2005

I ENCONTRO DE PORTADORES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS NO OCCIDENTE ASTURIANO

19 e 20 de Agosto de 2005
San Tirso de Abres, Asturias

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO realiza esta fin de semana un encontro de portadores no Occidente Asturiano para dinamizar e divulgar o patrimonio inmaterial galego-portugués.

Con este evento, trátase de visibilizar a existencia dun rico e variado patrimonio de carácter inmaterial, e polo tanto asociado coaexistencia das persoas que o preservan, denominadas de maneira xenérica como “portadores” na terminoloxía da UNESCO.

As tradicións orais galego-portuguesas maniféstanse no Occidente de Asturias dunha forma especialmente intensa, dadas as afinidades xeográficas e culturais existentes, e a existencia de formas de vida tradicionais ata hai moi poucos anos, debido ao illamento xeográfico da rexión.
Continue reading Encontro de portadores no Occidente Asturiano 19 e 20 de agosto 2005

Concurso terceirope.com

Ola amig@s!

Recordarvos que o domingo que vén; día 28 de agosto, ás 8 da tarde terá lugar a festa do novo tren, na que inauguramos o noso local social, no propio baixo, na rúa do Tren 5 baixo, ao lado do Desquite (onde seguirá a festa despois das once da noite!)

As consumicións serán económicas e teremos cantautores, dilleis, contacontos e coma sempre… moito petardeo.

Pero como xa sabedes nós non paramos coas festas, e estamos montando unha moi pero que moi gorda para o comezo do curso, que será probablemente o domingo 2 de outubro, no Patachim.

Bueno, ó regho… que estamos montando un concurso de fotografías para o cartel desa festa. Na última gran festa contamos coa imaxe de Rosalía… e non sabedes como ligou a raíz de ver a súa foto por todos os bares da cidade!
Agora queremos colar toda a Coruña coa vosa cara!
Valen fotos de cando erades pequen@s… de primeira comunión, disfrazad@s, espid@s, bailando a muiñeira na punta do pé ou cun hula-hop!

Sacaremos tres modelos de cartaz; un primeiro, un segundo e un tercer premio (que serán entregados na festa, claro!) e ademais todas as fotos serán impresas en tamaño A4 para facer unha exposición no noso local.

Reenviade esta mensaxe! Correde a voz!
Queres ser famos@?
Pois xa podes!
Envía o teu e-mail a info@terceirope.com
E moita sorte!

IV Noite da Lúa Meiga (O Viso – Redondela)

IV Noite da Lúa Meiga

O vindeiro sábado 27 de Agosto, a música folk e tradicional ten unha nova cita no Miradoiro do Monte Outeiro Grande (xunto a torre de control) na parroquia do Viso, Concello de Redondela.

Neste incomparable marco natural, dende onde se divisa a Ría de Vigo, os sons da tradición unirán a nenos, mozos e maiores, nunha xornada onde serán protagonistas os xogos populares, Feira de artesanía, actuacións folclóricas variadas, e, como non, concertos de música folk e tradicional, conformarán o prato forte da edición 2005 da NOITE DA LÚA MEIGA.
Continue reading IV Noite da Lúa Meiga (O Viso – Redondela)

XXIV Festival Folclórico Internacional do Emigrante – San Miguel de Reinante

A agrupación Folclórica “O Arco da Vella” de San Miguel de Reinante (Barreiros – Lugo) organiza o seu XXIV Festival de Folclore Internacional, no ano que celebra o seu XXV aniversario. A data é o próximo sábado 6 de Agosto, ás 10 da noite, no campo de Fútbol da localidade.

Grupos participantes:

  • Ballet nacional “SAYANI” de Tuba-Siberia
  • Grupo folclórico “IYOLMACEHUAYOTL” de México
  • Grupo folclórico “Nª SEÑORA DE LAS MERCEDES” de Murcia
  • Agrupación folclórica “O ARCO DA VELLA”

Agardamos vervos alí a todos, pois quedades convidados (A entrada é de balde). [+ info]