CURSO CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS

Casa de Galicia en Valladolid

CURSO DE FABRICACIÓN DE PALLETAS DIAS 21,22,23 E 24 DE ABRIL DE 2006
IMPARTIDO POR ANTÓN CORRAL

  • As prazas son limitadas (somentes 12 plazas).
  • O prezo da matricula para o curso e de 60 ¤ socios, 75 ¤ no socios.
  • A incrición somentes se considerara efectiva previo o pago da matricula.

    O curso impartirase nos locais da Casa de Galicia en Valladolid situados na Praza de Santa Cruz, nº 4.

    A duración do curso sera de 4 días, comenzando o día 21 e rematando o día 24 de abril e o horario sara o seguinte:

  • Venres, día 21 de 16:00 a 19:30 h.
  • Sábado, día 22 de 11:00 a 13:30 y de 15:30 a 19:30 h.
  • Domingo, día 23 de 11:00 a 13:30 y de 15:30 a 19:30 h.
  • Luns, día 24 de 11:00 a 13:30 h.

    A data limite de inscrición e o venres día 31/03/06.

    Para solicitar mais información ou inscribirse, podesvos poñer en contato con:

  • Ricardo Arce, telf. 676 585 633
  • Ramón Martínez, telf. 677 410 112

    cursoscasadegalicia@hotmail.com

  • MúSICAS DE SALITRE NOS PREMIOS DA MúSICA DA SGAE

    Este ano o disco “Musicas de salitre” de Xabier Diaz e Guillermo Fdez, é finalista no Premios da Música na categoria a mellor canción en galego.

    Unha categoria marxinal posto que porqué non se pode competir en igualdade de condicións cos artistas españois? pola lingua? por non ter detrás unha multinacional?

    Este é o link no que podedes votar se sodes socios da SGAE para esta categoria (xa vos imaxinaredes o que pode supoñer a nivel mediático acadar un premio destes para unha autoproducción con moi poucas posibilidades de promoción).

    O Prazo remata o 2 de abril e o unico requisito é que sexades socios-as da Senhora SGAE.


    […]
    Al igual que en la elección de Finalistas, te damos la posibilidad de votar sobre papeleta electrónica de la siguiente manera:

  • A través del link GANADORES PREMIOS DE LA MúSICA, accederé¡s directamente a la votación.
  • A través de la página web www.academiadelamusica.com.
  • gala: ESTA NOITE HAI UNHA FíA …en VIGO

    HOLA A TODAS E TODOS

    ESTE VINDEIRO 1 DE ABRIL DE 2006, no Teatro Sala de Concertos do
    Centro Cultural Caixanova en VIGO ás 20.00 H.

    O FIADEIRO VAMOS CELEBRAR A NOSA
    GALA X ANIVERSARIO
    “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA”

    Patrocina:
    Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo
    Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova

    ADXÚNTOVOS O CARTEL DA GALA, DONDE PODEDES OBTER TÓDOLOS DATOS DE
    RESERVA DE ENTRADAS, HORARIO DA GALA, LUGAR ETC…
    ANIMÁDEVOS E VINDE

    P.D. AGRADECERÍAVOS QUE NOS AXUDÁSEDES A PUBLICITAR ESTE ACTO E
    QUE REENVIÁSEDES ESTE CORREO ÓS CONTACTOS QUE ESTIMEDES OPORTUNOS.

    MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS
    CHISCO

    + INFORMACIÓN:
    A.C.F. O Fiadeiro
    Appdo. Correos 1969 – 36200 Vigo
    Tf. 629 585 355 – 986 253 585
    ofiadeiro@ofiadeiro.com
    www.ofiadeiro.com
    Continue reading gala: ESTA NOITE HAI UNHA FíA …en VIGO

    novo grupo: O VENDAVAL DO ROSAL

    O Vendaval do Rosal (Lourenzo Castro) presenta o novo grupo do panorama musical galego, Potemkim. A súa carta de presentación é un tema que fala sobre o pobo de Lourenzo, O Rosal, onde o viño é medicinal. Onde ademais os homes tiveron que traballar nas telleiras de Castela (España), o que deu lugar a un xeito de falar, o cabaqueiro, para que non os entenderan por aquelas terras.

    É precisamente neste argot, o cabaqueiro, que Potemkim titula o tema que presentan, “Calindra Xida” [MP3] que traducido quer dicer “Rapaza Xeitosa”.

    Ademais deixanos duas pezas dos 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal, que como o seu proprio nome indica, el tamén participa, cos temas “Santa Liberdade” [MP3], que é unha homenaxe que o grupo fai ao comando galego-portugués que tomou heroicamente o trasatlántico do mesmo nome ala polos anos 60, e “Foucellas” [MP3], tema composto polo 50 cabodano do fusilamento do guerrilleiro Foucellas polo franquismo.

    NARF en LONDRES e BRIGHTON

    Co motivo da pequena xira británica do músico galego Fran Pérez, NARF, que desde o día 15 ata o 21 de Marzo actuará en diversos locais de Londres e Brighton, a radio libre londinense Resonacefm ofrecerá o mércores entre as sete e as oito, hora británica, un programa especial titulado Galegos en Londres.

    O programa poderase escoitar en Londres na frecuencia FM 104.4 ou ben vía internet no web de Resonancefm, será realizado en inglés e presentado polo escritor residente en Brighton Xelís de Toro, quen fará unha pequena introdución á presenza galega na capital británica, repasando momentos da nosa historia máis recente como o activismo galego na cidade durante a crise do Prestige e o movemento Nunca Máis.

    Serán entrevistados varios intelectuais galegos residentes en Londres como Carlos Durán e Fernando Pérez Barreiro. Fran Pérez será o convidado especial e tocará en directo no programa.

    Programa de Radio

    Em Portugal estamos a produzir e a realizar um programa de rádio
    chamado “Euroregião Rádio” uma hora semanal com transmissão em diversas estações de rádio do Norte de Portugal.

    O Programa “Euroregião Rádio” tem por objectivo divulgar e projectar o património tradicional das afinidades histórico-culturais e sócio-linguístas que fazem e formam as gentes da Galiza e do Norte de Portugal.

    O “Euroregião Rádio” é normalmente composto por reportagens, entrevistas e música tradicional da Galiza e Norte de Portugal.

    Por este motivo entendemos que este é um espaço priveligiado para a divulgação dos vossos trabalhos musicais.

    Vimos assim soliciar, se entenderem, que nos enviem as vossas músicas para que façam parte do conteúdo musical do nosso programa de rádio.

    Junto enviamos o mapa das emissões semanais do programa “Euroregião Rádio” – que é transmitido em 6 rádios do norte de portugal.

    • Rádio Lidador – Maia (Porto) – Martes 16h/17h
    • Rádio Voz de Sto. Tiso – Sto. Tirso – Miércoles 21h/22h
    • Rádio Larouco – Chaves – Viernes 19h/20h
    • Antena Minho – Braga – Sábado 11h/12h
    • Rádio Valença – Valença – Jueves 19h/20h
    • Rádio Cultural de Cerveira – Vila Nova de Cerveira – Lunes 17h/18h

    A vossa música poderá ser enviada por correio para:

    Programa EUROREGIÃO RÁDIO
    Ao c/ de Victor Cardoso
    PORTUGAL
    Apartado 1158
    4471-909 MAIA CODEX

    Por e-mail:
    victor.cardoso@primeiramao.pt

    Com os melhores cumprimentos
    Victor Cardoso

    Xantar Gaiteiro 2006

    There isn`t barn without straw…

    De novo no comezo da primavera, coma noutras e facéndoo xa ritual, nesta ocasión a Asociación de Gaiteiros Galegos quéreo celebrar cun suculento xantar ao estilo do país, formalizando o ‘XI Xantar Gaiteiro’, para o vindeiro domingo 26 de marzo no restaurante Punta del Este de Carballo (A Coruña).
    Continue reading Xantar Gaiteiro 2006

    Gaita e baile tradicional na “Stichting draailier en doedelzak”… coidado!!

    There isn`t barn without straw

    A fin de semana de 22 e 23 de abril, Simón Díaz e Manolo Serantes serán os responsables de impartir, respectivamente, os cursos de gaita e danza galega que ofrecerá a “Stichting draailier en doedelzak”, asociación de zanfona e gaita que leva a cabo unha intensa labor en torno á música tradicional en Bélxica e Holanda.

    O curso de gaita está destinado a alumnos que xa teñen algunha experiencia con instrumentos de fol. O repertorio que se estudará será de musica galega, pero poden acudir interpretes con outro tipo de cornamusas pois do que se trata é de facer un achegamento ao repertorio, as técnicas e o sentir galego. A posibilidade de facer unha pequena cooperación co o curso de baile esta presente.

    Para o curso de danza o repertorio O tamén se trae de Galiza.
    Niste taller veranse bailes como a muiñeira, a xota, o fandango e a regueifa, facendo referencia á xénese e historia de cada un destes bailes.

    Quedades avisados…

    De curso em curso…

    There isn`t barn without straw

    Esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, terá lugar o Cursiño de Técnica de Percusión dentro ciclo que a Asociación Cultural Saíñas, Lugo, organiza, en colaboración co Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

    Nesta ocasión será Xaquín Xesteira “Xocas” o encargado de impartir as aulas. O lugar de celebración será o Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro) e o prezo da matrícula será de 15 ¤ (inclúe o xantar do sábado).

    As inscricións pódense formalizar no número de teléfono 686 072 260 ou no correo electrónico: contacto@sainhas.org. O número de prazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptándose inscricións ata completar o total.

    quedades avisados…

    Tropa Quempallou

    Convidámosvos a participar na muiñada do Millo Corvo o venres 24 de Marzal no Muíño da Presa, na aldea de Meiro (Bueu).

    Aproximadamente entre as 9 e as 12 da noite, mentres se moe o escuro e saboroso millo co que se farán os produtos da Degustación do domingo, haberá parolada, foliada e o que faga falla no mesmo muíño. Traede instrumentos, algo de mantenza se vos presta e por suposto gaña de festiña.

    E o domingo 26, na propia aldea, o VIII Encontro-Degustación do Millo Corvo, con pregón a cargo de Uxía Senlle e actuación das Malvela pola mañá; e pola tarde participación das enxebres Pandereteiras de Barro de Arén (Cerdedo), e o peche do grupo folque Quempallou.

    Adxúntovos cartaz. Non o perdades!!!

    Continue reading Tropa Quempallou

    Xuntanza de Música Tradicional en Vilagarcía

    There isn`t barn without straw

    O 17 deste mes a partir 22.30 en Vilagarcía terá lugar unha xuntanza musical tradi… na Cafetería Vila Aurora…

    Também en Pontecaldelas tera lugar um serám a iso das 21.30 do día 12 também de Marzo.

    E xa pra rematar este mini resumo desta semá…

    Outro serám na Hermida, Pazos de Borbén as 21.30.
    Que máis podo dicir… sobras os comentarios

    Lume pa´ diante…

    What happens with pipes in this country??? …incribel pero certo

    There isn`t barn without straw

    Aínda que de forma lenta, os trámites realizados pola AGG na Deputación de Pontevedra para esclarecer os pormenores da adxudicación da escola de gaitas á AGBGPPP, van dando algún que outro resultado.

    Hoxe mesmo chegou a notificación da institución provincial comunicando a resolución do concurso e o informe que solicitara a AGG para coñecer as puntuacións outorgadas. Só proporciona as puntuacións da AGG e máis da AGBGPPP, non as do resto de concursantes, polo que animan e ofrecen apoio ao resto de concursantes para presentaren solicitudes de informes similares aos que solicitou a AGG.
    Continue reading What happens with pipes in this country??? …incribel pero certo

    Yujuuuuuu outras 100 novas partis…

    There isn`t barn without straw…

    O traballo que veñen a facer a Comisión de Partituras da Asociación de Gaiteiros Galegos, liderado desta volta por Eduardo Méndez Baamonde (Dubi) e Ricardo Santos, ven de dar como resultado a revisión exhaustiva dun cento de partituras que estarán ao dispór de todos os socios na sección de descargas.
    Continue reading Yujuuuuuu outras 100 novas partis…

    Entrega do Percebe de ouro

    There isn`t barn without straw

    O pasado 25 de febreiro tivo lugar a ‘Gran Noite de Galicia en Barcelona 2006’, unha gala á que acudiron varios cargos da Xunta e mesmo o alcalde da Cidade Condal, Joan Clos.

    Os galardóns entrégaos dende hai 24 anos a ‘Enxebre Xuntanza do Percebe da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña’ que quixo facer este ano un recoñecemento á gaita. Os membros do obradoiro de gaitas da familia Seivane foron agasallados co Percebe de Prata. O pai de Susana Seivane foi o encargado de levar a Cambre o merecido crustáceo.
    Continue reading Entrega do Percebe de ouro

    Nova Publicaçom

    There isn`t barn without straw…

    O Gaitero Xosé Luís Miguélez acaba de sacar ó mercado o libro “Estudios Volume I: Nivel Iniciación”, dentro dos “Cadernos de Gaita Galega” da editorial Dos Acordes.

    O “Estudio” é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza, unha especie de exercicio con forma musical. Con estas publicacións preténdese aportar unha ferramenta máis, fundamental no estudio de calquera outro instrumento musical, ó ensino da gaita.

    Continue reading Nova Publicaçom

    O I Festival Galego de Cabaré “cabaré3 oleiros” remata a súa andaina con dous cheos absolutos e vocación de continuidade

    A noite do sábado 25 de febreiro tivo lugar no Auditorio Gabriel
    García Márquez de Mera o espectáculo “Femme Fatale”, broche final do I
    Festival Galego de Cabaré
    e que estivo marcado pola enorme afluencia
    de público aos espectáculos.

    Preto de trescentas persoas acudiron ao espectáculo “Cabaré na Fábrica” que tivo lugar o venres co grupo de cabaré “Manicómicos”, “Pepa e Davide” e “Mariclown”. O número de espectadores subiría aos cincocentos na segunda montaxe
    escénica, “Femme Fatale”, e que se convertíu nun auténtico crisol das
    diferentes verquentes de Cabaré que se están a traballar en Galicia.
    Música en directo con Os Bluesmakers ou o jazz cabareteiro do grupo
    Detour; números aéreos de trapecio e telas con Divino malabar ou
    endesequilibrio; cabaré corrosivo con As Super Preñadas, Yoni
    Mediogramo, Patricia de Lorenzo ou Gabriella Sacaúntos, transformismo
    con Pía de Tolomei, escapismo da man de Pajarito e monólogos da man
    dos alumnos do obradoiro de cabaré convertiron ao espectáculo “Femme
    Fatale” nun fito histórico para o Cabaré Galego.
    Continue reading O I Festival Galego de Cabaré “cabaré3 oleiros” remata a súa andaina con dous cheos absolutos e vocación de continuidade

    o ano de xabier díaz e as músicas de salitre

    Este venres 3 de marzo, ás 22:00 horas, no Auditorio Municipal, Xabier Díaz festexará en Ribadeo o recente premio que outorga o xornal coruñés LA OPINIÓN aos mellores discos galegos do ano. Músicas de salitre, o traballo co que Xabier Díaz debuta en solitario, gañou o terceiro premio; ESPIDO, unha proposta na que participan Guadi Galego e o compañeiro de Xabier en Música de salitre, Guillermo Fernández, o segundo, e o primeiro foi para Alento, da Nova Galega de Danza, formación na que Xabier Díaz pon a súa voz. Un ano triunfal, pois.

    Dentro do ciclo Músicas Posíbeis, que organiza a Concellaría de Cultura de Ribadeo, todos os amantes da música poderán gozar, pois, das cancións do disco de Xabier Díaz. O prezo das entradas será o habitual: 5 ¤ xeral e 3 ¤ estudantes, xubilados e parados.

    jazz en Galicia. novo CD de Xavier Constenla

    O pianista ourensan Xavier Constenla grabará no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, o seu traballo discográfico que levará o nome de”miña maneira”.

    Será no estilo de jazz-fusion, e contará con temas e arranxos propios como:
    DEICA, PREPÁRATE, QS-8 (arreglo de pandeirada) etc.
    estaran:

    • XAVIER CONSTENLA … piano
    • MIGUEL CABANA … bateria
    • QUIQUE ALVARADO … baixo eléctrico

    NOS PREMIOS OPINIÓN DE MÚSICA FOLK GAÑAN NOVAS FORMULAS.

    Nos premios de música fok La Opinión (A Coruña) os músicos de Nova Galega de Danza acadan o 1º premio.

    2º premio. Espido (Guadi Galego e Guillermo Fdez).
    3º premio. Xabier Diaz con Salitre.

    ————————————————————————————-
    Parabéns ós tres desde a comunidade folque e desde o CMTF.
    Gostamos que se premien novos horizontes dentro do folque.

    Continue reading NOS PREMIOS OPINIÓN DE MÚSICA FOLK GAÑAN NOVAS FORMULAS.

    Nova Galega de Danza acada o V Premio Opinión

    Nesta edición deuse o resultado máis apretado na historia do galardón, sendo cinco os álbumes que tiveron opcións ata o último momento de acadar un dos Premios Opinión.

    O reconto de votos desta V edición dos PREMIOS OPINIÓN
    deixa unha igualdade extraordinaria que non acontecera
    nos anos anteriores, nos que o disco gañador gañaba
    folgadamente e só había resultados apretados para
    outros lugares. Mais nesta ocasión, ata cinco
    traballos tiveron opcións de acadar premios e os
    resultados deixan as posicións de xeito escalonado.
    Nova Galega de Danza recibiu 17 puntos, Guadi Galego e
    Guillermo Fernández tiveron 16, Xabier Díaz obtivo 15,
    Pepe Vaamonde grupo quedaron con 14 e Luar na lubre
    aparece con 13, Como se pode comprobar, as diferenzas
    son escasas.

    Continue reading Nova Galega de Danza acada o V Premio Opinión