Correccion na festa rachada da Baña

Sobre o mensaxe que vos chegou sobre IV FESTA RACHADA DA BAÑA, decir que este texto no que di que invitamos a comer, foi dirixido ós artesans que participan na feira e dende alí reenviaronvolo. O resto da xente debe traela comida xa que estamos tratando de recuperar as merendas nas romarías. Alí tampouco vai haber onde comprar de comer. Perdon polas molestias, un saúdo.

Emilio Lois.

IV Festa Rachada a Baña 2005

Os interesados/as poden poñerse en contacto con Emilio Lois no teléfono: 696 740 502

A festa baséase na música tradicional, con grupos tocando durante o dia polo medio da xente a modo de romaria e a xente quédase a comer alí. A feira de artesanía é o 1º ano que se fai, e vai ser todo o dia (segun os artesans queiran). A organización os invita a comer. […aos artesáns: ver comentario]
Continue reading IV Festa Rachada a Baña 2005

II festival interfolk de LUGO

Este festival nace coa intención de utilizar a música como mecanismo de unión das distintas culturas, así como medio de apertura ó mundo celta.

O programa deste ano recolle as actuacións de grupos de prestixio internacional dentro do mundo do folk, como é o caso dos bretóns Gwendal, o sábado, ou os galegos Milladoiro, o domingo.

Tamén estarán presentes Livika Drum Experience, o venres, e Harem, o sábado. Como complemento ó programa, o grupo Cántigas e Frores fará un pasacalles con actuacións pola praza do Campo, rúa Nova e praza da Soidade, o domingo, a partir da unha da tarde.

Como en anos anteriores, as actuacións serán gratuítas e terán lugar na praza de Santa María.
Continue reading II festival interfolk de LUGO

Romeria da Música Tradicional de Pontevedra

I Romeria da música tradicional de Pontevedra.
Asociación de Gaiteiros Galegos.

Sábado 11 de xuño a partir das 11h. até as 22.h na Alameda de Pontevedra.
Actuacións libres nos distintos pontos da cidade ou no Palco da Alameda.
Participa coa tua música baixo o lema “PARA MOSTRA CHEGA UN RONCÓN”
Continue reading Romeria da Música Tradicional de Pontevedra

O Festival Ortigueira 2005 preséntase oficialmente o 1 de xuño en Compostela

Quedan sete días para coñecer como será o Festival Ortigueira 2005.

A organización vén de fixar para o 1 de xuño en Compostela a presentación oficial do cartel anunciador deste ano, firmado polo deseñador Javier Mariscal, e o avance da programación de macroconcertos previstos para as 96 horas de música libre.


Continue reading O Festival Ortigueira 2005 preséntase oficialmente o 1 de xuño en Compostela

Programa del 30ª Festival de SAINT CHARTIER (2.005)

Aquí teneís el magnífico programa del Festival de Saint Chartier (2.005), que se celebrará del 13 al 17 del próximo mes de Julio. Además incluye el 30º encuentro internacional de luthiers y de maestros gaiteros. En él podreís asistir a las mejores y variadas actuaciónes internacionales que se celebrán en el marco incomparable del castillo de Saint Chartier (Francía) en cuyo parque se darán cita 130 luthieres de todo el mundo, entre los cuales, nos encontramos nosotros.

Continue reading Programa del 30ª Festival de SAINT CHARTIER (2.005)

Contemporriño: entre o 12 e o 17 de maio

Entre o 12 e o 17 de Maio, Porriño será o escenario de diferentes manifestacións artisticas da man de Insomnia e Clave Records para a Concellería de cultura.

Festexa-la Cultura Galega parece sempre levar unha pátina enxebrista, pero Comtemporriño quere ser unha ollada actual, unha mostra diferente vencellada ás rúas, á xente e sobre todo ás novas tecnologías e a soportes, algúns convencionais e outros inesperados, que fomenten a participación dos visitantes.

Videoarte, pintura, graffiti, fotografía, obradoiros-sesión de DJ e VJ, charlas e unha xornada de software libre tecerán un entramado coas proxeccións de curtos e do, celebrado en internet, “Cálico Electrónico” para formar a arañeira das Letras e as artes Galegas. Unha arañeira arrolada pola música de metal e indi que soará o 13 e 14 Maio.

Contemporriño, unha cita atractiva fora dos circuitos habituais e preto de todas partes. Do 12 ao 17 de Maio, Porriño a capital da arañeira cultural.

Telf contacto información: 625 115753 Ramón

————————————————————————————-
INSOMNIA – CLAVE RECORDS – CONCELLALÍA DE CULTURA DE PORRIÑO
contenporrinho@hotmail.com
Continue reading Contemporriño: entre o 12 e o 17 de maio

Festa do Dezassete [que se fai o 14]

Dentro dos actos de celebraçom terá lugar um Concerto pola Língua o sábado 14 às 10 da noite na compostelana Praça de Maçarelos.

Mais um ano a Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel celebra a

Festa do Dezassete [que se fai o 14]

para festejar o dia das letras. A Gentalha convida as pessoas que o desejarem a participar nos actos de celebraçom que darám começo a partir das 5 da tarde do sábado 14 de Maio na Praça de Maçarelos de Compostela.

Continue reading Festa do Dezassete [que se fai o 14]

Iª Xornada MUIÑEIRA de CABANA

CABANA DE BERGANTIÑOS
15 DE MAIO DE 2005

A muiñeira de Cabana é unha das pezas para gaita máis coñecidas da música galega, esta peza de autor foi escrita por don Manuel Figueroa Moreira, coñecido como Manuel do Bosque por ser deste lugar do Concello de Cabana.

Sábese que Manuel elaboraba instrumentos musicais e tamén tocaba varios deles.
Sendo contemporáneo de don Saturnino Cuíñas, crego de Cesullas, non podía quedar a súa obra sen compilar. Foron á casa do creador da peza don Saturnino Cuíñas e don Adolfo Anta, director de Cántigas da Terra, para recoller nunha partitura a peza de Manuel do Bosque.

A muiñeira de Cabana divídese en tres partes, as dúas primeiras en modo menor e a terceira en modo maior o que lle dá un maior realce; conta con todas as esencias, todas as cadencias e todas as frases musicais do país.

Ten A muiñeira de Cabana un grande prestixio dentro da nosa música, pódese dicir que non hai punteiro que non repasase as súas notas. Téñena no seu repertorio dende os gaiteiros das nosas agrupacións ata músicos recoñecidos internacionalmente coma Milladoiro, Carlos Núñez ou The Chiftains.

Ricardo Santos
Continue reading Iª Xornada MUIÑEIRA de CABANA

FOLIADA EN MELIDE o 16 de Maio

Día: 16 de Maio a partir das 21:30 h.
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións (Recinto Feiral)
A Agrupación Folclórica “O Castelo”, organizadora desta primeira foliada na
Terra de Melide quere convidar a todos os amantes da música tradicional a
vir danzar, tocar e disfrutar dunha noite de FESTA RACHADA¡¡.

Grupos participantes:

· Agrupación folclórica “O Castelo” (Melide)
· Escola de gaitas e percusións galegas tradicionais “Axoúxere” (Melide)
· Grupos de gaitas “Charamela” (Antas de Ulla)
· Gaiteiros “Froito Novo” (Melide)
· Grupo de gaitas “Pao de Buxo” de Saídres (A Golada)
· Grupo de gaitas “Castro Curbín” (Arzúa)
· Gaiteiros da Taravela

Concerto en Ortigueira 14 de maio de 2005

Para finalizar a I Xornada do folclore e da Gaita a “Escola de Gaitas de Ortigueira” ten programado o seguinte concerto:

  • Zarambeques (Ortigueira)
  • Bagoa de Raiña (Ortigueira) xuntanse especialmente para esta ocasión
  • Mondopetriz (San Sadurniño)

    Durante o concerto servirase unha queimada popular.

  • IX edición da Festa da Marosa, en Burela

    “GOZA CO SABER DO POVO” 2005
    IX EDICIÓN DA FESTA DA MAROSA

    VENRES 6 DE MAIO FESTA PRESENTACIÓN
    Hora: 20:00 h. Lugar: SALA BUDHA (Burela)
    Rolda de prensa para os medios de comunicación.
    Hora: 23:00 h Lugar: SALA BUDHA (Burela)
    Concerto dos grupos locais: BURELA BLUES e LUZ NEGRA

    SÁBADO 14 DE MAIO FESTA DA MAROSA
    CITAS DO DÍA
    17:00 h. Na casa da cultura. Mostra de pantomima, clown e acrobacia con CIRCANELO.
    20:00 h. A CHICHARRADA, merenda popular. Na carpa da Praia da Marosa.
    22:00 h. Comeza a música. A orde de actuación será a seguinte:

    • MOFA E BEFA
    • A CRUS DE BAIXAR
    • BERROGÜETTO
    • RUXE-RUXE

    Xa avanzada a noite farase a tradicional QUEIMADA e repartiranse BOLOS PREÑADOS.
    Lembrade que a ACAMPADA é DE BALDE e a ENTRADA LIBRE!!!
    Continue reading IX edición da Festa da Marosa, en Burela

    Foliada en MELIDE

    Día: 16 de Maio a partir das 21:30 h.
    Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións (Recinto Feiral)

    A Agrupación Folclórica “O Castelo”, organizadora desta primeira foliada na Terra de Melide quere convidar a todos os amantes da música tradicional a vir danzar, tocar e disfrutar dunha noite de FESTA RACHADA¡¡.

    Grupos participantes:

    • Agrupación folclórica “O Castelo” (Melide)
    • Escola de gaitas e percusións galegas tradicionais “Axoúxere” (Melide)
    • Grupos de gaitas “Charamela” (Antas de Ulla)
    • Gaiteiros “Froito Novo” (Melide)
    • Grupo de gaitas “Pao de Buxo” de Saídres (A Golada)
    • Grupo de gaitas “Castro Curbín” (Arzúa)
    • Gaiteiros da Taravela

    XX Día da Muiñeira

    Programa:
    Sábado 7 de maio de 2005.
    Festas da Ascensión. Santiago de Compostela.

    • 11.00 h. Xogos tradicionais e populares na praza do Toural.
    • 12.00 h. Actuacións das diversas agrupacións nas prazas de Cervantes (Brincadeira), Obradoiro (Colexiata de Sar) e Toural (Cantigas e Agarimos).
    • 13.00 h. Actuación conxunta na praza da Quintana.
    • 17.00 h. Concentración dos grupos participantes na Alameda.
    • 17.30 h. Desfile e actuacións na praza da Quintana.

    Patrocina: Concello de Santiago – Concellería de Festas.
    Organiza: A. F. Cantigas e Agarimos.
    [+ info: cantigaseagarimos.com]

    Programación de Seráns

    E logo que raio é un serán??
    Pois serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior…) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir.

    Fonte: terrameiga.net

    SERÁN
    LUGAR
    PROVINCIA
    DATA
    Serán do Val Soutomaior
    Pontevedra
    20/11/2004
    Seráns da Sala Nasa Sala Nasa – Santiago de Compostela
    Santiago
    Mércores á noite
    Serán de Gargamala Gargamala – Mondariz
    Pontevedra
    29/01/2005
    Serán de San Vicente de Oitavén San Vicente de Oitavén – Fornelos de Montes
    Pontevedra
    5/02/2005
    Serán dos Namorados Toutón – Mondariz
    Pontevedra
    12/02/2005
    Serán de Oliveira Santiago de Oliveira – Ponteareas
    Pontevedra
    19/02/2005
    Serán da Hermida A Ermida – Pazos de Borben
    Pontevedra
    4/03/2005
    Serán de Pontecaldelas Pontecaldelas
    Pontevedra
    12/03/2005
    Serán de Fozara Fozara – Ponteareas
    Pontevedra
    26/03/2005
    Serán de Vilasobroso Villasobroso – Mondariz
    Pontevedra
    2/04/2005
    Serán de Marcón Marcón – Pontevedra
    Pontevedra
    9/04/2005
    Serán de Moreira Moreira – Soutomaior
    Pontevedra
    9/04/2005
    Serán de Chapela Chapela – Redondela
    Pontevedra
    16/04/2005
    Serán da Insua A Insua – Pontecaldelas
    Pontevedra
    16/04/2005
    Serán de Meirol Meirol – Mondariz
    Pontevedra
    23/04/2005
    Serán de Coiro Muiño de Fausto. Coiro – Cangas
    Pontevedra
    7/05/2005
    Serán de Porriño Porriño
    Pontevedra
    7/05/2005
    Serán das letras Campo de fútbol de Sobrado – Tomiño
    Pontevedra
    14/05/2005
    Foliada en Melide Pabillón municipal – Melide
    A Coruña
    16/05/2005
    Serán
    de Redondela
    Alameda de Redondela
    Pontevedra
    21/05/2005
    Serán do Carballal O Carballal – Vigo
    Pontevedra
    21/05/2005

    A hora de comezo dos seráns está entorno as 21 horas.

    Actividades Fundaçom ARTÁBRIA Abril-Maio 2005

    • 23 ABRIL às 22.30 Concerto: Celebrando o 25 de Abril com José Constenla
    • 25 ABRIL às 19.00 Celebrando o 25 de Abril.
      Projecçom do filme Capitães de Abril.

    • 28 ABRIL às 20.30 Conferência: “Repressom em Euskal Herria”
      com o membro de BEHATOKIA Julem Arzuaga. [Organiza BRIGA]

    • 29 ABRIL às 19.00 Mesa Redonda “Raíz e significado do 1º de Maio”.
    • 30 ABRIL às 22.00 Festa Ska com Dj Costrojam.
    • 01 MAIO Jantar em Pedroso depois da Manifestaçom organizado pola Revolta.
    • 06 MAIO às 22.00 Concerto Tino Baz.
    • 07 MAIO às 22.00 Concerto Presência Zero Entrada Solidária 1 ¤.
    • 08 MAIO às 12.00 Celebraçom de Os Maios organizado pola Revolta.
    • 13 MAIO às 22.00 Concerto: Bitxobola (Perversons de La Polla e demais).
    • 16 MAIO às 22.00 Repichoca da Língua.
    • 17 MAIO Celebrando o dia das Letras: Passa-ruas e Oferta Floral.
      Conferência “A situaçom da língua em 2005” às 18.30 com Mauricio Castro.

    • 20 MAIO Apresentaçom da nova etapa do Novas da Galiza.
    • 21 MAIO às 22.00 Concerto: Servando.
    • 22 MAIO Domingo Gastronómico.
    • 29 MAIO Domingo Gastronómico.

    Artábria Fundaçom
    Rua Travessa de Batalhons nº7
    caixacorreios@artabria.net
    http://www.artabria.net
    Telf. 981 369921

    QUINTETO TATI, unha ollada á escena portuguesa actual

    Esta semana reábrese na sala NASA de Compostela o ciclo titulado Portugal&cía., unha aproximación por fóra dos tópicos á música, ao teatro e á danza que se están a facer agora mesmo en Portugal, co fin de obtermos unha visión máis real da creación contemporánea portuguesa.

    O mércores 27 de abril, ás 21,30h., o Quinteto Tati presenta a súa reinvención de estilos tradicionais (valses, rumbas, fados…) feita desde a complexidade sonora do jazz e cunhas letras cheas de ironía e alto contido poético. Cancións como “Valsa quase antidepressiva”, “Rumba dos inadaptados (ou a morte do jovem contribuinte)”, “Fado qualquer” ou “Inventário marítimo”, onde se debuxa a paisaxe dunha Lisboa asulagada polo océano, son mostras dunha música que fala en voz alta e en portugués a xentes de todo o mundo.

    O venres 29 e sábado 30, ás 22,0h., Útero Teatro poranos en contacto coas máis novas dramaturxias portuguesas. “Amor crú” é unha obra estreada no último Festival de Citemor, baixo un tunel da autovia que une Figueira da Foz e Coimbra. Unha historia sobre o amor feita para queimar preguntas, protagonizado por tres personaxes-mulleres que se asemellan ata confundirse, pero que teñen disitntas datas de caducidade inscritas nos seus corpos.

    Ciclo musical no pub Dublín de A Coruña

    Mercedes Peón inaugura un ciclo musical no pub Dublín.
    Linho do cuco, Xochilmica, Talabarte e Luvas Verdes completan o cartel.

    O pub coruñés Dublín vai organizar un ciclo musical durante os dous vindeiros meses, nos que programarán cinco actuacións no local.

    A inauguración terá lugar mañá cun recital especial de Mercedes Peón, ás dez da noite, horario posto para todo o ciclo, no que interpretará pezas acompañada dun acordeonista nun formato escollido só para este concerto. Hai tempo que a artista coruñesa deixou de facer espectáculos baseados na tradición, cos que se deu a coñecer, e que agora só actúa xunto a súa banda. Será unha ocasión única para poder escoitala cun acompañamento sinxelo. Da tradición veñen os compoñentes de Linho do Cuco, que o 16 de maio presentarán as pezas da súa ópera prima.

    O 31, os Talabarte ocuparán o escenario. Este trío está composto por músicos experimentados, como son Quim Farinha, violinista de Berrogüetto, Pedro Pascual, compoñente de Laio e Marful, e Kim García, abondo coñecido no eido do jazz e actual compoñente da banda de Susana Seivane.

    Xochilmica virá cos temas que conforman o seu primeiro traballo discográfico, titulado 5 elementos. O seu concerto terá lugar o 14 de xuño. O 28 de maio pechan o ciclo, que pretende ter continuidade despois do verán, os Luvas Verdes, gañadores o ano pasado do certame para cuartetos de gaita, e que por esas datas esperan ter o seu debut discográfico no mercado.

    Redondela en curto

    O actor pontevedrés Celso Bugallo, gañador dun premio Goya pola súa interpretación na película “Mar adentro” de Alejandro Amenábar, apadriñará o Festival de cine “Redondela en Curto”, que comenza hoxe 22 de abril, a partir das 21.00 horas, no Multiusos de A Xunqueira.

    A xornada inagural abrirase cun espectáculo de sombras chinas realizado polo grupo de títeres Tanxarina e a proyección dunha cortometraxe histórica titulada “Miña aldea”, realizada en 1964 polo cineasta redondelano Rafael Luca de Tena.

    A continuación comenzará o pase dos tres primeiros curtos do concurso: “7:35 AM”, de Nacho Vigalondo; “La ruta natural”, de Alex Pastor; e “Soy Raquel”, de César Vallejo.

    Pola noite, ás 24.00 horas, proxectarase outros seis curtos fora de concurso no Pub Vinchuca, na rúa Meixón Frío.

    Na xornada de mañán celebraranse tres pases no Cine 2R (12.00, 16.30 e 18.30 horas) e outros cinco pases no Multiusos (12.00, 16.30, 18.30, 20.00 e 22.00 horas), de catro curtos cada un. Nambos casos, o prezo das entradas será de un euro por pase.

    O día pecharase na discoteca Diva 04, ás 24.00 horas, cunha actuación de teatro a cargo da compañía Mediavolta, que porá en escea a obra “Alucine”. Trátase dunha divertida parodia de esceas de películas.

    O festival “Redondela en Curto” rematará o domingo con dous pases no Multiusos, ás 16.30 e ás 18.30 horas, e a entrega de premios ás 20.00 horas.

    www.redondelaencurto.com