OS MúSICOS GALEGOS ESIXEN á XUNTA MAIS APOIOS

RECLAMAN A CONSIDERACIÓN DO SEU TRABALLO COMO UN BEN CULTURAL E ECONÓMICO
Os músicos galegos esixen á Xunta máis apoios.

[19/04/2006 19:27] Representantes de grupos como Milladoiro, Mamá Cabra e Nova Galega de Danza e autores como Xabier Díaz e Amaro Ferreiro, reuníronse hoxe en Santiago co galo das súas respectivas nominacións aos X Premios da Música. Este grupo de músicos denunciaron o esquecemento que sufre a industria musical galega por parte da Xunta e reclamaron apoios como os que recibe o sector audiovisual, así como a consideración do seu traballo como un ben “cultural e económico”.
Continue reading OS MúSICOS GALEGOS ESIXEN á XUNTA MAIS APOIOS

LENINGRAD

MISHA BIES GOLAS – XOAN CARLOS RODRIGUEZ
presentan no Verbum de Vigo (Casa das palabras, Av. de Samil 17):

L E N I N G R A D
o 28 de abril ao 28 de maio 2006 – exposición.

– alí estaba eu: súper-úvula-millas-por hora. Ti tímido ante tanto caucho.


Quem é Misha Bies Golas?
Para a comunidade folque o artista chamado tambem Miguel Calvo Ulloa, mestre de ceremonias do paseo musical o dia do globo, realizador da portada do disco de Grodan de Flo, artista lalinense.

Esta vez Miguel ilustra os poemas de Carlos Rodriguez e as suas ilustracións estarán expostas no Verbum.

Jazz session no 1500

Esta Páscoa estive em Belmonte, perto da Covilhã, cidade onde nasceu Pedro Álvares Cabral, o descobridor do Brasil. No Ecomuseu há uma exposição sobre a descoberta tendo como fio condutor uma carta que Pero Vaz de Caminha, integrante da expedição, escreve ao Rei D. Manuel I, com data do 1 de Maio de 1500.

«E além do rio andavam muitos deles (indios) dançando e folgando, uns diante os outros, sem se tomarem pelas mãos. E faziam-no bem. Passou-se então para a outra banda do rio Diogo Dias, que fora almoxarife de Socavém, o qual é homem gracioso e de prazer. E levou consigo um gaiteiro nosso com sua gaita.

E meteu-se a dançar com eles, tomando-os pelas mãos; e eles folgavam e riam, e andavam com ele muito bem ao som da gaita. Depois de dançarem fez-lhes ali muitas voltas ligeiras, andando no chão, de salto real, de que se eles espantavam e riam e folgavam muito. E conquanto com aquilo os segurou e afagou muito, tomavam logo uma esquiveza como monteses, e foram-se para cima.»

«Nesse dia, enquanto ali andavam, dançaram e bailaram sempre com os nossos, ao som de um tamboril nosso, como se fossem mais amigos nossos do que nós seus.»

Pode tratar-se da primeira referência certa do uso da gaita na América e resulta alucinante pensar nesta espécie de fusão intercultural, do espantados que ficariam os indígenas e o grande arma danças que devia ser o tal Diogo Dias.

O texto completo pode ler-se aqui.
Mais nada, aguardo que vos pareça tão interessante como a mim.

José Luís d. P. Orjais.

Viva o Fu Remol. Crítica positiva.

Viva o Fu Remol!
Olga Nogueira

(Versión dunha reseña do mesmo título publicada na revista Grial, n° 169 marzo 2006)

Xénero: Crónica
Titulo: Viva o Fu remol! A música pop en Galicia
Autor: Pedro Feijoo Barreiro
Editorial: Xerais. Vigo: 2005
Páxinas: 248
Prezo: 17¤

Esta é a ficha do primeiro libro de Pedro Feijoo Barreiro, un músico metido a escritor, que nos embarca neste seu “espectáculo” guiados pola súa “(dis)capacidade literaria”. E resulta curioso a de músicos literatos – filologos musicais que hai en Galiza: Julián Hernández (Hai vida inteligente en el rock? Temas de Hoy, Madrid, 1999), Antón Reixa (Viva Galicia Beibe, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1994), Xurxo Souto, Pedro Feijoo… Que levará a un músico a escribir un libro? Todo músico leva un poeta dentro (Luísa Villalta, O outro lado da música, a poesía. A Nosa Terra, Vigo, 1999)?
Continue reading Viva o Fu Remol. Crítica positiva.

LOS GUARDIANES DE LA TRADICION. Luis. G. Viana

Saúde folques!

Escríbovos para falarvos deste libro que veño de ler e que me deu moito que pensar. Gustaríame animar aos que non o lerades a que o fagades (na medida en que o deades conseguido, que non é tarefa doada) e establecer un dialogo aberto con aqueles que xa o leran. En calquera caso, sempre podedes consultar o artigo do mesmo autor, mesmo titulo, na revista sibetrans: www.sibetrans.com/trans/trans6/diaz.htm

O que o libro (e o artigo) pretenden demostrar é algo que pode que moitos de vos xa pensara sen argumentalo coma Díaz Viana: que os compiladores (recolectores, folkloristas) son os inventores dunha tradición que só existe na sua cabeciña, baixo os seus preconceptos, prexuízos e intereses. O que os (as) converte nos gardians da tradición.

Olga Nogueira.
Continue reading LOS GUARDIANES DE LA TRADICION. Luis. G. Viana

Letras Galegas 2006

Agrupación Musical do Rosal
As Letras Galegas e o 20º Aniversario da Agrupación.

Xa fai tempo que tiñamos cavilado algo semellante pero non se daban as circunstancias, despois de ter unha xuntanza coa conselleira de cultura do Concello do Rosal e mostrando o seu interese por parte do seu departamento e dos alumnos e socios desta agrupación para organizar esta festa das letras.

Cremos que e un día moi importante no eido da cultura galega a parte de enxalzar a figura do persoeiro a que está adicado o día, tamén queremos amosar a nosa arte através da música e tamén recadar fondos para a Agrupación.
Continue reading Letras Galegas 2006

Danças do mundo em Compostela

Nesta segunda feira 10 de Abril, às 20h30, no C.S. O Pichel (Santa Clara 21. Santiago de Compostela) a Gentalha do Pichel abre as portas do curso de danças do mundo impartido por Marta Coutinho, e q será amenizado pola concertina de Celina da Piedade.

O preço será de 3euros, animade-vos!! difundide a informaçom, obrigad@s!!

CONCENTRACIóN – HOMENAXE áS VíTIMAS DO FRANQUISMO

CONCENTRACIóN-HOMENAXE áS VíTIMAS DO FRANQUISMO DE SILLEDA
(75º ANIVERSARIO IIª REPúBLICA)

A Asociación Cultural Adellis de Silleda e a Comisión pola Memoria Señor Afranio
convocan para o vindeiro domingo 9 de abril ás 18 horas, diante do monolito falanxista situado na Praza da igrexa de Silleda unha concentración-homenaxe aos republicanos de Silleda asasinados polo franquismo lembrando o 75 aniversario da II República.

Un saúdo,
Comisión pola Memoria Siñor Afranio

Xuntamos cartel
Por favor, difundide esta convocatoria entre os vosos correos

Audiência Zero apresenta Samesugas e Motornoise

O Eixo Norte-Galiza, da Audiência Zero, tem as honras de apresentar concertos de Samesugas e Motornoise para o fim-de-semana de 7 e 8 de Abril. E… o resultado só poderá ser, em curtas palavras, verdadeiramente explosivo. A concretização destes concertos responde aos esforços da Audiência Zero no sentido de impulsionar uma crescente relação cultural entre Portugal e Galiza.

Assim sendo e ao abrigo destes objectivos, a Sala Woodstock (7 de Abril), de Portonovo, e o Porto-Rio (8 de Abril), no Porto, recebem o punk pesado e descarnado dos portuenses Motornoise, aliado ao rock’n’roll mais selvagem servido pelos galegos Samesugas. Duas alucinantes noites de concertos, e uma viagem conjunta e acelerada de dois grupos sintonizados com mesmas origens musicais.

o auténtico Sexo Gallego

“existe un auténtico sexo da Región Gallega?”

Tras realizar unha investigación Inseminaria chegamos a algunhas conclusións:

a resposta é rotunda, existe!.
o auténtido sexo gallego ten algunhas peculiariedades que o afasta do sexo
doutras regións e nacións. o cumio do sexo gallego é ” non me fodas
no camiño que non son unha cadela, bates cos collós no chan e énchesme a cona
de terra
“. en realidade é toda unha provoación SUperaFavor
porque claramente estase indicando con ese tan Gallego ‘non pero si
que o auténtico Sexo Gallego desevolvese no camiño (esto
é así antes de Kerouac), o home bate cos collós no chan e efectivamente enche
a cona de terra: o sexo gallego é suxo. moito.

lugar: o auténtico sexo Gallego desenvolvese en
plenitude en dous lugares míticos. non é a cama propia ou allea, non é o asento
de atrás dalgún coche aparcado nos eucaliptos, non… os lugares idóneos son
o muíño e o palleiro.

natalidade. como o sexo Gallego auténtico está
completamente deturpado, a Región Gallega padece a natalidade máis baixa do
planeta: todos os camiños están asfaltados pola Xunta e polo tanto non hai
terra coa que encher conas e tampouco hai muíños nen palleiros dispoñíbeis
para a poboación.

Fonte: Inseminario

Nace, Verdegaia

There isn`t barn without straw…

NACEU VERDEGAIA!
Verdegaia é o nome escollido para a nova asociación ecoloxista de ámbito galego que se constituiu o 2 de abril nunha asemblea celebrada en Compostela, para a que se inscribiron 90 persoas.

Unha asociación plural, apartidaria, democrática e independente, que aspira a cubrir un oco até o de agora libre no panorama ecoloxista galego.

Unha asociación que contará con activistas organizad@s en Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo desde o seu nacemento.

Proximamente, poderás saber máis sobre a asociación no web www.verdegaia.org
[+info: www.constituinte.info]

II Foliada de Melide

II FOLIADA DE MELIDE

Domingo 30 de Abril
Pazo de Congresos e Exposicións

Organiza: Agrupación Folclórica “Castelo”
Colabora: Concello de Melide
Asociación Catasol

11:00 Pasarrúas Grupo de Gaitas “Castelo” de Melide
11:30 Apertura “Mostra de Artesanía”

  • Obradoiro Lis
  • Nebra instrumentos musicais
  • Xosé Miguel Mosquera. Gaitas e flautas
  • Obradoiro de instrumentos tradicionais Mouriño
  • German Arias. Luthier
  • Pablo Cid. Zanfonas
  • Sanin. Percusións
  • J. Presedo. Master gaita
  • Xosé Luis Toxo. Construcción de guitarras
  • A Grileira
  • Comercio xusto. Fundación Enxebre
  • Recicla con arte
  • Valdi
  • Berto Leis. Forxa
  • Teresa Taboada. Traxes rexionais
  • Ángel. Talla de madeira
  • Paul Marino

11:30 Apertura “Exposicións”

  • “Os Garceiras” (Esc. de gaita e percusión galegas Axoúxere)
  • “Os Xogos Populares Galegos” (AGXPT Asoc. Galega do Xogo Popular e Tradicional)
  • “Melide en fotos” (Agrup. Folc. Castelo – Colabora:Museo Terra de Melide)
  • “Comercio xusto” (Fundación Enxebre)

13:00 Actuación Grupo de baile “Azougue” E.M.F de Betanzos
13:30 OBRADOIRO: “A malla” Exhibición dunha máquina de mallar
do S. XIX (Manuel Varela)
14:30 Xantar popular
17:00 Actuación Mini e Mero: “Romances de cego”
17:30 OBRADOIRO INFANTIL: “Os maios” Agrup. Folclórica “Castelo”)
18:00 CHARLA: “Afinación da gaita e tratamento das palletas”(Jesús
Miranda)
19:30 Marcha Gaiteira. Percorrido pola vila
22:00 SERÁN

  • Agrupación folclórica “Castelo” (Melide)
  • Grupo de gaitas “Charamela” (Antas de Ulla)
  • Grupo de gaitas “Maristela” (Sobrado)
  • Grupo de gaitas “Pao de Buxo” de Saídres (Silleda)
  • Esc. de gaita e percusión galegas “Axoúxere” (Melide)
  • Grupo de gaitas “Castro Curbín” (Arzúa)
  • Grupo de gaitas “Bico da Balouta” (Agolada)
  • “Melidaos” Gaiteiros (Melide)
  • Gaiteiros “Froito Novo” (Melide)

00:30 CONXURO DA QUEIMADA e a continuación serán aberto para tódolos
grupos que desexen participar

Música Galega no Forum Metropolitano de A Coruña

There isn´t barn without straw…

Este sábado 1 de abril ás 19:30, no Forum Metropolitano da Coruña, terá lugar un festival de música galega organizado pola Sociedade Cultural Galicia-Bretaña. Poderase escoitar ao grupo de zanfoñas e ao de Gaitas do laureado Coro “Cántigas da Terra“; ao grupo de danzas e a charanga da “Asociación Cultural A Ponte Vella“, de Teo; e ao grupo de música tradicional “Ruote“.

A entrada é de balde…
quedades avisados…

II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA

II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA
28, 29 e 30 de abril 2006
Auditorio Municipal de Narón

EXPOSICIÓN INTERACTIVA. O ARTESANATO DA ZANFONA.

ARTESáNS:

  • Xaneco Tubio – Outeiro de Rei, Lugo
  • Pablo Cid – Antas de Ulla, Lugo
  • Jaime Rebollo – Marín, Pontevedra
  • Venres 28 11:00/13:30 e 16:00/20:00

CURSO DE ZANFONA CON MARC EGEA (CATALUNYA) www.marcegea.com
Sábado 29 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Domingo 30 de 10:00 a 13:00

CONCERTOS:

  • MARC EGEA. (Catalunya)
  • LUIS CORREA. (Galicia)
  • Dúo FDZ. – QUINTÁ. (Galicia)

Venres 28 ás 20:30

Para inscribirse no curso tede en conta:
Prezo 70¤ / 60¤ asociados ao CMTF.

e-mail: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384829 – Tlfno: 981 391144

Enviar Fax ou e-mail cos seguintes datos:

  • nome e apelidos
  • correio electrónico
  • nº de tfno.
  • Xustificante de ingreso na conta:

2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia
Reserva de aloxamento e comidas no mesmo tfno. da inscripción.

Continue reading II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA

Información Guadi Gallego e Guillermo Fernández

Benquerid@s amig@s:

Esta semana presentaremos o proxecto ESPIDO que supon unha caste de fusion por roce melodicoarmonico de dous musicos, Guadi Galego e Guillermo Fernández, compoñentes do grupo Berrogüetto. Unha mestura de creatividade que ven de dar lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abalorios: tan so unha guitarra -a de Guillermo Fernández-, unha voz -a de Guadi Galego- e algunha que outra programacion dan forma aos seus temas. Con este ESPIDO, Guadi Galego e Guillermo Fernandez véñense consolidar coma nomes destacados e de prestixio no panorama da chamada world music, desta vez cunha proposta chea de sinceridade, sinxeleza e coa unica complexidade do corazon e da esencia da musica feita dende Galiza e en galego. Será o venres 31 as 23 horas. Os prezos 8 euros, 6 anticipada e 4 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com.

Noutro orden de cousas, comentarvos tamen, que dende o primeiro de Abril o Liceum estara aberto tamen polas mañans, todolos dias ininterrumpidamente, dende as 8 da mañan ata as 2 da madrugada e as fins de semana ata as 3h30, estaremos ahi para o que precisedes. Por fin despois de moito tempo xa podedes voltar a desaiunar ao Liceum.

Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading Información Guadi Gallego e Guillermo Fernández

Apeteceche ir a Gales este verán?

O 21 e 22 de Julho celebra-se em Gales o Festival Folque:
Sesiwn Fawr 2006

Desde Gales envia-nos o convite Swyn Angharad.

Gwybodaeth Cyffredinol
Gorffennaff 21 & 22 July

Bore da, a chroeso i wefan Sesiwn Fawr 2006

Yn ddi-dor ers 1992 mae Dolgellau wedi llwyfannu y Sesiwn Fawr flynyddol. Yn dilyn dechrau digon bychan mae’r wyl wedi tyfu i fod yn un o brif wyliau cerddoriaeth byd Ewrop. Mae’r rhaglen ar gyfer 2006 yn gyffrous iawn gyda artistiaid o sawl cyfandir yn hedfan i Ddolgellau i droi’r Sesiwn Fawr yn garnifal cerddorol eto eleni.

Llinell Docynnau ar 08712301314
Continue reading Apeteceche ir a Gales este verán?

A SGAE acosa a ONGs de acción humanitaria

There isn`t barn without straw…

Todo o imperio dos dereitos de autor en perigo!… todo?

Non!, nunha das provincias occidentais da vella Europa, en Hispania, uns cruzados logran resistir teimudamente aos piratas.

Quen son estes benéficos heroes?
Pois a Sociedad General de Autores y Editores, a SGAE. Esta loable organización -sen ánimo de lucro segundo os seus estatutos!- de 107 anos de existencia, conta con 485 empregados e numerosos profisionais a soldo para defender os dereitos dos seus 80.000 afiliados, aínda que só uns 6.000 reciban máis de 2.000 euros ao ano e por tanto teñan dereito a voto. A SGAE adícase a loitar contra o mal, combatendo o top manta, coa satisfacción de heterodoxos -en ámbitos non pecuniarios- cantantes como Sabina, aplicar o canon de copia a todos os produtos posíbeis (CDs e DVDs de todo tipo), e querelándose incluso contra os sibaritas de Apple polo seu innovador iPod!.
Continue reading A SGAE acosa a ONGs de acción humanitaria

Subvencións, axudas…

There isn`t barn without straw…

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria ven de publicar, nos últimos días, unha serie de axudas que teñen a finalidade de potenciar o comercio e o sector artesanal galego.

Este tipo de iniciativas poden resultar interesantespara os comerciais, industriais e artesáns vinculados á música tradicional galega. Por esta razón, a AGG habilitou un apartado no portal da Asociación dende o cal se poden descargar os documentos relativos a estes e outros anuncios: “Descargas: Anuncios, subvencións, oposicións…”

[+ info: www.gaiteirosgalegos.com]