Ravachol prepara para 2005 nova web baseada en GNU

A popular web do mundo do folque galego ravachol prepara un novo soporte web semellante ao de folque.com neste caso tratase do XOOPS 2.0 baixo Creative Commons License. Polo momento están en probas, esperamos pronto poder ver tan bos contidos na rede como até de agora sempre tivo ravachol.org.

…desde folque.com unha grande aperta e forte ánimo para poder ver pronto rematado o proxecto neste 2005 que xa entra.

Podes ver a páxina de probas aquí.
Adiante compañeiros!

Xosé Manuel Budiño publica na súa web novo material multimedia

Budiño despide o ano na sua web cunha colección de 232 fotografías
inéditas
que son o repaso de diverso material multimedia recollido nos últimos
anos.

Entre este material están fotografías dos diversos espectáculos
levados a cabo durante este ano: Ortigueira, Vic, Etnosur, Festa dos Mundos
[…]

Non te perdas esta colección: galeria
fotográfica de Budiño
.

TALABARTE TRIO en Ponteareas

Talabarte Trío: Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico) estarán na sala Outotono de Ponteareas o próximo día 8 de Xaneiro, sobre as once da noite.

CURSOS MONOGRÁFICOS. 2005. CMTF de Lalín.

Adianto dos cursos monográficos do CMTF de Lalín. Desde o mes de xaneiro a xuño podes disfrutar dunha serie de cursos de formación permanente, específicos, temáticos e de duración variavel.
Dirixido a músicos afeizoados e profesionais, licenciados/as en maxisterio musical, profesorado de música, interesados/as en xeral.

  • Monográficos de construcción.
  • Monográficos de composición.
  • Monográficos de historia.
  • Monográficos de baile galego.
  • Monográficos con Portugal.
  • Monográficos de instrumentos.
    Continue reading CURSOS MONOGRÁFICOS. 2005. CMTF de Lalín.
  • EXPOSICIÓN. Caxigueiro. Narracións. Mes decembro no Museo Provincial de Lugo.

    Durante o mes de decembro permanecerá aberta no Museo Provincial de Lugo a exposición de Caxigueiro titulada Narracións con música de Ugia Pedreira e a técnica do Master D.S. Xurxo Pinheiro. Colabora na música: Pierrot Rougier (Bretanha).

    [+ info]: http://www.museolugo.org/paranoti/noti2.htm
    Continue reading EXPOSICIÓN. Caxigueiro. Narracións. Mes decembro no Museo Provincial de Lugo.

    NOVA GALEGA DE DANZA Presenta “ALENTO”

    A compañía Nova galega de Danza presenta o domingo 26 de Nadal o espectáculo “Alento” no teatro Rosalia de Castro de A Coruña ás 20.30 horas.
    Os músicos da mesma compañía entran en estudio no mes de Xaneiro para gravar un disco que contén a música de este espectáculo e que sairá á venda no vindeiro ano.

    [+ info]: web Nova Galega de Danza

    Presentación do 2º disco de Malvela. Sala Nasa.

    MALVELA + VOZES DA RÁDIO
    NATAL DOS SIMPLES. Na Sala Nasa de Compostela ás 21 o 21 de decembro.

    Vozes da Radio, o mellor grupo vocal “a capella” da actualidade en Portugal, e Malvela, grupo de cantareiras de Mos, presentan un espectáculo conxunto titulado “Natal dos Simples”, no que abordarán un percorrido polo Nadal da xente do pobo, un Nadal sen artificios, para retomar o camiño do entendemento e volver a andar polas corredoiras do Nadal galego, do Natal portugués e do Nadal de todo o mundo.
    Continue reading Presentación do 2º disco de Malvela. Sala Nasa.

    valorar ligazóns

    Polo que imos vendo en todo este tempo de evolución, cantidade de cousas dentro de folque.com están sen explorar… Comproba que as ligazóns do apartado de ligazóns poden ser valoradas e recibir votos. Esta información pode ser moi útil para quen non coñece os sitios ligados, unha vez máis animarte a participar…

    valora os teus sitios preferidos!

    Raigañas presenta o CD Baila que podes bailar

    O vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños, o grupo de cantareiras Raigañas presentará a súa primeira gravación musical baixo o título Baila que podes bailar.

    Unha ducia de temas tradicionais recolleitos na parroquia nativa deste grupo de voces femininas (Cerqueda) e tamén ó longo das comarcas de Bergantiños e Xallas. O acto de presentación contará coa colaboración de persoeiros da música e danza tradicional como Quique Peón e Olga Kirk, entre outros.

    Unha boa ocasión para escoitar a música máis tradicional da Costa da Morte.

    Día do ORGULLO GAITEIRO. Ourense. Venres 17 e sábado 18 de decembro.

    O Dia do Orgullo Gaiteiro celebrarase en Ourense o dia 17 e 18 de decembro, coincidindo coa data da primeira referencia histórica coñecida de un gaiteiro na provincia de Ourense, Gomes Mouro, recollida no documento de 17 de decembro de 1458 (que podedes consultar na sección Documentos).

    OURENSE TEN TRADICIÓN. O DIA DO GAITEIRO É UN DIA PARA CELEBRAR O GRANDE PATRIMONIO MUSICAL DE OURENSE.
    +info: aulagomesmouro
    Continue reading Día do ORGULLO GAITEIRO. Ourense. Venres 17 e sábado 18 de decembro.

    AO PÉ DA LETRA. VIGO. Teatro Garcia Barbón. Xoves 16 ás 20.30 horas.

    AO PÉ DA LETRA:
    Marful, Xavier Díaz, Fran Pérez, Safari Orchestra, Non Residentz, Guadi Galego.
    Artista convidado: JORGE DREXLER. www.jorgedrexler.com

    Teatro Garcia Barbón. Vigo ás 20.30 horas.
    CONCERTO DE NATAL. Universidade de Vigo.
    Recoller invitacións no Reitorado.

    ‘Ao pé da letra’ é un punto de encontro de varios artistas e proxectos musicais galegos que queren tomar a palabra. Procedentes de universos e premisas musicais diferentes, todos comparten a vontade de dicir e de situar a voz no centro das súas creacións musicais. Tal vez iso é todo o que teñen en común, e aínda así conforman unha curiosa tribo que explora as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea.

    O café cantante de Marful (Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual) o rock intimista e experimental de Narf, o pop de sabores tropicais de Xavier Díaz, o rap suave e contundente de Safari Orchestra, a melodía postradicional de Guadi Galego ou o hip hop existencial e irónico de Non Residentz , exploran novos camiños de expresión musical na Galiza do século XXI. Unha conxura de voces nun escenario común.

    ‘Ao pé da letra’ plantéxase como un espectáculo colectivo creado a partir do traballo e as propostas individuais de cada artista. Un tema de presentación dalle paso ás actuacións de cada artista, enlazadas mediante o Dj Two Faces, que fai ás veces de mestre de cerimonias, para rematar cunha segunda versión do tema inicial máis próxima do rexistro electrónico.
    Continue reading AO PÉ DA LETRA. VIGO. Teatro Garcia Barbón. Xoves 16 ás 20.30 horas.

    CEIA-CONVIVIO DE NATAL. CMTF DE LALÍN.

    O CMTF organiza a CEIA – CONVIVIO DE NATAL para todo o alumnado (gaita, acordeón diatónico, sanfona, percusión, canto, requinta, teoria e solfexo)matriculado nestes 4 anos, para o alumnado dos monográficos, do 1º postgrado da USC, a equipa docente do centro, profesorado asociado, traballadores da Asociación e amigos/as.

    Interesad@s: Enviar e-mail a conservatoriofolque@bandua.com ou apuntarse no tlfe. 627 934368
    + info: no mesmo tlfe.
    O pagamento realizarase no lugar do xantar.

    Saida do Conservatorio Folque de Lalín ás 21 horas hacia o restaurante.
    Auditorio Municipal s/n
    36500 Lalín – Pontevedra.

    ESPECIAL TERRAS DE MIRANDA

    EXPOSIÇOM DE INSTRUMENTOS POPULARES MIRANDESES:
    No dia 6 de Dezembro pelas 17 horas será inaugurada uma exposição de Instrumentos Musicais Mirandeses na Casa da Música Mirandesa (Largo do Castelo).

    APRESENTAÇOM DA REVISTA “O FIADEIRO”
    Ainda em Miranda, no próximo dia 8 de Dezembro, pelas 16 horas, na Casa da Cultura Mirandesa, vai decorrer a apresentação pública do nº15 da revista “O Fiadeiro-El Filandar”.
    Continue reading ESPECIAL TERRAS DE MIRANDA

    O concello de Pontevedra e Ouvirmos presentan: SOCIEDAD POLIFONICA DE PONTEVEDRA

    Un novo disco da Colección “A Tiracolo”:
    Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
    “Unha Voz na Polifonía Europea”

    Venres día 10 no Teatro Principal ás 20.30 h.

    No panorama do Coralismo galego dos anos 20, a Polifónica foi unha xanela aberta a Europa. En contacto coas correntes historicistas do neoclasicismo deu lugar a algo completamente novo que se converteu nun ronsel a seguir por outras moitas formacións. Unha voz na polifonía europea emanada desde Pontevedra na que se recolle ademais a faceta musical dun dos grandes referentes do galeguismo: Alexandre Bóveda.

    Xa disponíbel en www.ouvirmos.com

    Novo traballo da artista MEIRA ASHER

    www.meiraasher.com

    Woman see lot of things, é o novo traballo da artista Meira Asher.
    Composións de sons de voces, historias e sons ambientais de tres ex-nenas combatentes de Serra Leona. Este traballo ten un libro con 160 páxinas de varios autores, textos das mulleres e documentación de parte das instalacións feitas durante o proxecto. As ganancias xeradas pola venda deste Cd libro destinaranse a apoiar a educación do terceiro mundo e as propias mulleres de Serra Leona.

    Viagem a Águeda. The Mission.

    Os irmanamentos estão bem, para quem os entender. E lá fomos cara a vila de Águeda a irmanarmo-nos. Portugal não é só Lisboa. Cinco mosqueteiras que o masculino era minoria, com o seu Dartagnam directora à frente, chegamos quase sem querer directamente à associação D’orfeu. Águeda. A associação cultural estava lá num quintal velho ao fundo dum passeio cheio de paralelepípedos brancos e grises. O director agachado trás um Macintosh branco de cola abriu-nos as portas e deixou-nos via para também abrir a sala de computadores, salas onde se aprende música, paredes muito contemporâneas cheias de fotos, tudo arrodeado por gabinetes cheios de gestão compulsiva. Um quintal em cultura da reciclagem.
    Continue reading Viagem a Águeda. The Mission.

    Free Culture

    A túa disposiçom o livro Free Culture, escrito por Laurence Lessig, presidente de Creative Commons, no apartado “descargas” de folque.com

    Traducción o castelán realizada por Antonio Córdoba / Elástico.
    Está em formato PDF precissas Acrobat Reader.
    Saúde.

    Novas referencias de OUVIRMOS

    Ouvirmos, a primeira editora especializada en documentación musical galega,
    pon á venda novas referencias do seu catálogo e inicia umha nova liña
    de productos editoriais coa Revista Murgía.

    Podes atopar estas novas referencias na súa web: www.ouvirmos.com
    así como escoitar os avances dos seus productos.

    ESCOITAR :: LISTEN
    Aires
    da Terra :: Foliada da Montaña

    Sociedad
    Coral Polifónica de Pontevedra :: Canto du Ourense

    Os
    Dezas de Moneixas :: Pasodoble de Lalín

    Coro
    Toxos e Froles :: A volta da festa

    Manuel
    Quiroga :: Danza espagnola para violín

    Continue reading Novas referencias de OUVIRMOS

    Abrese o 2º prazo de MATRíCULA para a EFI. Escola Folque Infantil.

    Neste mes de decembro abrimos o segundo prazo de matriculación para dar oportunidade ás/ós rapazas e rapaces que non entraron en outubro.
    As clases impártense os sábados de 6 a 8 da tarde nas aulas do Conservatorio de Lalín.
    A primeira hora adícase á ensinanza de instrumento: gaita, frauta ou percusión e na segunda impártese a materia de canto e introducción á música popular.

    O prezo de matrícula é de 40 euros mensuais, cun único pago por trimestre. Pódese formalizar no Auditorio Municipal de Lalín polas tardes, contactando ó 627 934 368 ou conservatoriofolque[a]bandua.com
    Continue reading Abrese o 2º prazo de MATRíCULA para a EFI. Escola Folque Infantil.

    MOXENAS: A Memória do Som

    Moxenas: a Memória do Som
    As Edicións do Cumio vão apresentar em Vigo (Galiza) no dia 2 de Dezembro, às 20:00 horas, no salão nobre da Escola de Artes e Ofícios (anterior Universidade Popular de Vigo) o livro-DVD “Moxenas, a Memoria do Son. Vida e obra dun gaiteiro da Comarca de Vigo” do musicólogo Miguel Pérez Lorenzo, sobre o gaiteiro galego Nazario González Iglesias, mais conhecido por “Moxenas”.
    Continue reading MOXENAS: A Memória do Som