Possível interpretação da nomenclatura de Pintos sobre a sanfona

Os termos referentes as diversas partes da sanfona não vêm acompanhadas das respectivas definições. Num intento de criar a polémica necessária que nos leve ao conhecimento do significado real de cada item proponho as que seguem, fruto mais da intuição que de qualquer método científico.

Convido-vos a que participeis com as vossas sugestões.
Continue reading Possível interpretação da nomenclatura de Pintos sobre a sanfona

NOVAS CURTAS. ASSOCIAÇAO CULTURAL DORFEU. ÁGUEDA. PORTUGAL.

EMBOSCADAS DE SUL A NORTE
O mais recente espectáculo da d’Orfeu “Emboscadas” fará em Outubro vários concertos pelo país. Criação estreada este ano em torno da voz de Miguel Calhaz (foto) que partilha arranjos com Marco Figueiredo, o quinteto vai apresentar em três localidades as suas recriações de tributo à música portuguesa.

1 Outubro Amadora – Recreios da Amadora – 21:00
2 Outubro Azambuja – EPAC (Espaço Público Actividades Culturais) – 21:30
23 Outubro Montemor-o-Novo – Parque Exposições Mercados e Feiras – 21:30
29 Outubro Freixo-de-Espada-à-Cinta – Auditório Municipal – 21:30

informaçom: www.dorfeu.com
Continue reading NOVAS CURTAS. ASSOCIAÇAO CULTURAL DORFEU. ÁGUEDA. PORTUGAL.

EN PREPARACIÓN. Cadernos de Aula do CMTF de Lalín.

O profesorado do CMTF de Lalín está preparando os seus primeiros cadernos de aula para seren distribuidos entre o alumnado.
Consiste en uns cadernos con teoria e práctica (partituras) sobre cada materia.

Proximamente os cadernos estarán á venda no mesmo Conservatorio.
O músico/a interesado poderá dispoñer de:

  • Caderno de Teoria e Método da música Patrimonial. José Luis do Pico.
  • Caderno de Acordeón Diatónico. Pedro Pascual.
  • Caderno de Canto. Guadi Galego + Ugia Pedreira.
  • Caderno de Sanfona. Oscar Fdez.
  • Caderno de Gaita. Edelmiro Fdez.
  • Caderno de Requinta. Roberto Sala.
  • Caderno de Percusión. Chuco Estevez.

CURSOS DE OUTONO EN AULA COMPÁS – VIGO

1º CURSO DE SANFONA. Impartido por Germán Diaz. 6 e 7 de novembro de 10 a 14 horas. Máximo 15 asistentes. Prezo: 60¤ persoa

2º CURSO DE HARPA BARROCA. Impartido por Manuel Vilas. 29 de novembro ó 3 de decembro. Nivel I – mañás Nivel II – tardes. Máximo 8 asistentes. Prezo: 90 ¤

+info e matrícula: aulacompas@mundo-r.com
Horario de información: Luns, mércores e xoves de 17. ás 20 h. no tlfe. 986 122510
Lugar: Venezuela n.16 Entresuelo (Entrada por Taboada Leal, 17) Vigo. Pontevedra.

SONS DA DIVERSIDADE. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.

UNHA OLLADA ÁS MUSICAS DO MUNDO

6 de novembro-CAPERCAILLIE-Choice Language
20 de novembro-KROKE-Quartet Live at Home
26 de novembro-MICHAEL NYMAN-Celebración do 60º Aniversario
3 de decembro-LILA DOWNS-Una sangre
22 de decembro-BERROGÜETTO-Desolasons

Sons da diversidade é un ciclo de concertos impulsado pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Desenvolverase no Auditorio da Galicia dende o 2 de abril ata o 22 de decembro de 2004.
Continue reading SONS DA DIVERSIDADE. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.

ACÁBASE O PERÍODO DE MATRICULACIÓN !!!

Ouvirmos é empresa colaboradora do Curso de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela titulado:

II CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Faltan poucos días para que finalice o período de matriculación.
Está pode ser unha das últimas oportunidades para formarte
con profesores como:

Dra. Dª. Carolina Robertson
D. Josep Martí
D. José López-Calo
D. Carlos Villanueva
Dra. D. Dorothé Schubart
D. Xabier Groba

+ info www.usc.es/cemt

II POSTGRAO EN MÚSICA TRADICIONAL – USC

Organiza: Departamento de Hª da Arte (Área de Música)
Información: www.usc.es/cemt

Presentación:
Despois do éxito do pasado ano, o Curso de Posgrao en Música Tradicional Galega consolídase para dar resposta á demanda da sociedade dunha formación especializada no noso campo de investigación.

Este ano contaremos tamén coa participación dun prestixioso cadro de profesorado especializado procedente de diversas disciplinas (musicoloxía, historia da arte, antropoloxía, pedagoxía musical…) así como tamén coa participación dun destacado cadro de mestres de música tradicional para os talleres de instrumentos. Coma novidade pretendemos incorporar prácticas en colaboración con empresas que poida axudar a unha saída laboral dos nosos posgraduados.

Outra das novidades é a de separar en tres niveis (que poderán cursarse independentemente como cursos de formación) ó posgrao. Un primeiro nivel dedicado á antropoloxía da música. No segundo nivel tratarase a historia da música galega. No terceiro nivel se falará das fontes para o estudio da música tradicional. Finalmente tamén concluiremos cun apéndice relativo ós aspectos socioeconómicos da música galega.

Dende a dirección do curso pensamos que pode ser unha interesante oferta destinada a atinxir unha formación sólida e diversificada no terreo da música tradicional galega, quere atender por tanto a triple demanda existente: por parte dos licenciados e diplomados universitarios en especialidades de educación musical, preocupados pola materia para completar a súa formación, por parte dos propios profesionais da música tradicional, así como por parte das asociacións de música e cultura tradicional galega.
Continue reading II POSTGRAO EN MÚSICA TRADICIONAL – USC

Uxía na nosa Eurovisión

FESTIVAL LIET DA CANCIÓN EN LINGUAS MINORITARIAS
LIET YNTERNASJONAAL

22/10/2004 09:59
Esta fin de semana celébrase en Ljouwert o festival Liet da canción en linguas minorizadas. Ljouwert é a capital de Frisia, e o Liet un festival que comezou como da canción en lingua frisoa e que dende hai dúas edicións se abriu ás linguas minorizadas europeas.
Continue reading Uxía na nosa Eurovisión

TOCADORES BRASIL CENTRAL E LITORAL SUL

Exibição de documentários, baile e convívio.
Museu Nacional de Etnologia, Lisboa, 21 de Outubro.

No dia 21 de Outubro, quinta-feira, terá lugar no Museu Nacional de Etnologia, em Lisboa, a exibição dos documentários “Tocadores Brasil Central” e “Tocadores Litoral Sul”, que apresentam um pouco das tradições musicais populares dos estados brasileiros de Santa Catarina, Paraná, São Paulo, Goiás, Minas Gerais e Entorno do Distrito Federal.
Continue reading TOCADORES BRASIL CENTRAL E LITORAL SUL

DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con NACHO MUÑOZ

1º MONOGRÁFICO CURSO 04/05.
Duración Trimestral.

DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con Nacho Muñoz

Creación individual e colectiva dunha obra musical partindo da improvisación. Execución ao vivo e grabación en formato dixital.
Escuita, improvisa, experimenta, compón, executa e graba.

Sábados á tarde no Auditorio de Lalín a partir do sábado 23 de outubro.

Continue reading DA IMPROVISACIÓN Á COMPOSICIÓN con NACHO MUÑOZ