FolkAntas 2005

O prometido é débeda, de xeito que hoxe presentamos o Cartel do Festival FolkAntas 2005.

Agardámosvos a tod@s en Antas de Ulla (Lugo) o día 6 de agosto para que nos axudedes a facer a festa do Folk cos amigos de Treixadura, Cempés e Macfeck.

Lembrade que estaremos xustiño no Centro Xeográfico de Galiza enviando ondas musicais. Non faltes!

Organización FolkAntas2005

Continue reading FolkAntas 2005

XII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional – Pardiñas – Guitiriz

XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.
Continue reading XII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional – Pardiñas – Guitiriz

Primeiro Serán de Verán en Xeve

A Asociacion Cultural Recreativa de Xeve organiza o primeiro Serán do Fragoso (Santo André de Xeve, perto de Pontevedra) o vindeiro domingo 31 de Xullo, a partir das nove da tardiña.

É importante que haxa canta máis xente mellor, pois trátase dun dos primeiros intentos (xunto co serán de Marcón) de achegar os seráns á zona peri-urbana de Pontevedra. Nasce coa intencion de se repetir en vindeiros anos, e iso depende en boa medida da vosa asistencia.

Non dubidedes en pasarvos por alí, haberá boa festa. Saúde e viva a troula!!
Máis informacion no tlf 635543822 (Xandre) ou en teardellerena@hotmail.com

Cine e Teatro para os máis pequenos

Hoxe luns, ás 22:30 horas, o cinema ao aire libre volve a Ribadeo da man de Caixanova, que ofrecerá a proxección de LOS INCREÍBLES no campo da Igrexa de Vilaselán, grazas á colaboración que esta entidade ten coa Concellaría de Cultura de Ribadeo.

Los Increíbles é o último éxito da factoría Disney, unha película de animación que conta con moitísimo sentido do humor a vida civil e retirada dun antigo superheroe.

Ademais de Los Increíbles, Caixanova traerá o 1 de agosto, neste caso no Parque de San Francisco, a película LOS CHICOS DEL CORO, nominada ao Oscar á mellor película estranxeira en 2004.

Por outra parte, mañá martes TROMPICALLO TÍTERES volve á nosa vila, desta volta co espectáculo JIÑOL, que leva recollendo éxitos por toda Galiza. O espectáculo é apto para todos os públicos, e moi especialmente recomendado para os máis pequenos. A representación terá lugar ás 20:30 horas, no Cantón dos Moreno.

Continue reading Cine e Teatro para os máis pequenos

MAR POR MEDIO comeza maña

MAR POR MEDIO comeza maña coa análise da EMIGRACIÓN GALEGA E ASTURIANA

As Xornadas Mar por Medio comezan mañá coas conferencias de Ramón Villares e Francisco Erice, que estarán precedidas polo acto de inauguración e apertura da edición deste ano.

Ao longo desta semana, até o venres, Mar por Medio analizará dedes diversas perspectivas o fenómeno da emigración e as súas consecuencias históricas, mais tamén -cunha visión prospectiva- o seu papel hoxe e no futuro do noso país.

Para mañá martes o programa é o seguinte:

17:30 hs. Acto de Apertura e Presentación
18:00 hs. A emigración galega e os seus retornos

Ramón Villares (Consello da Cultura Galega – Universidade de Santiago de Compostela)

19:00 hs. Características da emigración galega e asturiana

Francisco Erice (Universidade de Oviedo)

Continue reading MAR POR MEDIO comeza maña

último día de matrícula MAR POR MEDIO

MAR POR MEDIO ANALIZA O PAPEL DA
EMIGRACIÓN GALEGA E ASTURIANA A AMÉRICA

Todas aquelas persoas interesadas en matricularse nas Xornadas Mar por Medio poden facelo, como data límite, o martes 19 antes das 14:00 horas, na oficina de Información Xuvenil no Auditorio Municipal de Ribadeo.

As Xornadas contan cun recoñecemento de 30 horas de asistencia e 1 crédito de libre configuración da Universidade de Santiago de Compostela.

A calidade das Xornadas foi resaltada estes días por numerosos medios de comunicación, que se interesaron polas mesmas de xeito moi notable.

Para aquelas persoas que desexen coñecer o programa, achegámolo en formato word como arquivo adxunto.

Continue reading último día de matrícula MAR POR MEDIO

Olerías de Gundivós e Niñodaguia, na Casa da Cultura de Ribadeo

AS FORMAS DA TRADICIóN

Hoxe xoves, ás 11:30 horas, inaugúrase a exposición que, froito da colaboración entre a Concellaría de Cultura e o Centro de Artesanía e Deseño do Inludes, vai ser posible visitar na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Ribadeo, do 14 de xullo ao 28 de agosto de 2005. Na inauguración estarán a Concelleira de Cultura de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, e a directora do Centro de Artesanía e Deseño, Francisca López.

A exposición contará con pezas de olería de Niñodaguia e Gundivós, e está aberta a todo o público interesado nela.

Continue reading Olerías de Gundivós e Niñodaguia, na Casa da Cultura de Ribadeo

Información da convocatoria dun curso de danza

Dende a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG) achegámosvos información da organización dun curso de danza para os días 23 e 24 de xullo 2005 en Santiago de Compostela, a cargo de Nova Galega de Danza.

Este curso está englobado nos convenios de colaboración e patrocinio suscritos entre a AADTEG e o IGAEM e Fundación AISGE.
Do que pregamos difusión.

Atentamente,
Marta Sacau
Reponsable de Administración

AADTEG
Porta da pena, 10 – baixo esq
15704 Santiago de Compostela
tlf/fax: + 34 981 584 171
www.aadteg.org
actores@arrakis.es

Descarga a Convocatoria do Curso.

Cuba en Compostela

O intercambio cultural entre os dous Santiagos, de Cuba e de Compostela, chega ao seu ecuador.

O festival pioneiro nas relacións culturais entre Galiza e Cuba, asumido polo Concellaría de Cultura do Concello de Compostela, que pretende ter continuidade no tempo e no espazo, coa organización de encontros anuais a un lado e outro do Atlántico, entra na segunda semana de programación. Música, danza, teatro, poesía e audiovisual cubanos invaden salas, bares, teatros e prazas públicas de Compostela descubríndonos a vitalidade cultural da illa irmá.

www.arredemo.info

Continue reading Cuba en Compostela

presentación do libro: Gondomar, o son do río

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Gondomar teñen o pracer de convidar a:

Vostede

á presentación do libro Gondomar, o son do río, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, no que se recollen 84 fotografías do Gondomar dos primeiros anos do século XX acompañadas cada unha do seu texto.

Continue reading presentación do libro: Gondomar, o son do río

Información Emilio Rua

Benquerid@s amig@s:

Esta semana, Emilio Rua, un cantautor dos clasicos, dos de sempre. Pouco mais de vinte anos de idade e un pasado artistico forxado nunha banda familiar que percorreu as terras do Val de Monterrei, Zamora e a raia seca do territorio comunal da Galiza que e Portugal, abeirase aos diferentes xeneros musicais sen se definir particularmente por ningun deles: flirteos co rock, esencias latinas, aire pop. Musica anovadora e actual con letras que manan do corazon. En 2004 decide participar na V Muestra Nacional de Canción de Autor (Cantigas de Mayo) de Ceuti, Murcia, onde e seleccionado entre mais de 200 participantes de toda España. Cantando en galego e sen mais acompañamento que a sua guitarra, a sua armonica, e a sua doce e potente voz, obtivo o maior premio do publico e o segundo premio do xurado. Estara con nos o venres 1 de Xullo as 23 horas. Os prezos 6 euros, 5 anticipada e 3 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web

http://www.barliceum.com
Unha aperta moi grande

Paco Quintas

Continue reading Información Emilio Rua

VI Festa Folc de Vilariño

A Asociación Cultural O Gato celebra o 20 de agosto a sexta edición da súa Festa Folc, onde este ano estarán Quempallou, Macfeck, A Quenlla e Lamatumbá. Coma sempre, será na praia de Vilariño, parroquia do Hío, concello de Cangas do Morrazo.

Festival FolkAntas 2005

Na vila luguesa, Centro Xeográfico da Galiza, vaise celebrar o 6 de agosto do 2005 a Segunda Edición do Festival FolkAntas.

Se o cartel do ano pasado foi intenso (Vaid’Arela, Susana Seivane e Jarbanzo negro), o deste ano non lle vai á zaga: Treixadura gaiteiros, Os Cempés e Macfeck.
Festa rachada na Praza Nova dende as 10 do serán. Pasarase lista.

Muita Arte e un pouquiño de Amor

5º ANIVERSÁRIO DO CMTF.
Festa FOLQUE.

Concerto Combo Folque.
Presentación da reedición do Cancineiro de Inzenga.
Proxección do documental “PUCHO BOEDO, un crooner na fin do mundo” presentado por XURXO SOUTO.
Concerto dos nenos e nenas da ESCOLA FOLQUE INFANTIL.
SERÁN-URBÁN. Con certo baile.

  • Celso F. Sanmartín. (contacontos)
  • Pepa Yañez (cabaret galego)
  • Oscar Fernández – Carlos Quintá (zanfona e diatónico)
  • Edelmiro Fernández – Roberto Grandal. (gaita e acordeón) e mais improvisacións libres en palco.

Información A Quenlla

Benquerid@s amig@s:

Esta semana, o novo e o vello do folk galego, A Quenlla, por un lado os dous compoñentes fundamentais da primeira etapa de Fuxan os Ventos, Mini, e Mero e por outro os compositores do primer disco de Chill Out Celta na Galiza os mesmos Mini e Mero, acompañados por unha banda de excepcion.

Estara connos o venres 17 de Xuño as 23 horas. Os prezos 6 euros, 5 anticipada e 3 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com ou da sua aquenlla.com.

Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading Información A Quenlla

Novas do 3º Pé Andar Criativo

Ola a tod@s!

Dende o Andar Criativo queremos por un lado convidarvos á Festa que terá
lugar o vindeiro día 21 de Xuño ás 21:00 no Desquite (Rúa Tren 5 A Coruña).

A Festa terá por obxectivo a presentación oficial da nosa páxina web www.terceirope.com, do noso fanzine do que sacaremos 500 copias e que tamén se chamará terceirope.com e dos obradoiros de verán, dos que achegamos o cartaz.

Na mesma festa faremos un pase de vídeos coas dúas últimas festas (con actuacións, entre outr@s de Richard Rivera, Xurxo Souto, Lourdes Pedroso, Sofía de Labanhou ou Marisol Manfurada) e unha actuación en primicia de Bárbara Monteagudo con Nelson Quinteiro; canto tradicional galego (alalás) e danza contemporánea. Ademais haberá festa rachada con dilheis… xa vos enviaremos o cartaz!
Continue reading Novas do 3º Pé Andar Criativo

Ultimo Ven-Res-Pirar da Tempada

Chegamos ao fin do I Ven-Res-Pirar nacido en Ourense para amosar que nesta cidade non tod@s somos marcian@s.

A última Festa Itinerante é este Venres a partir das 10 da noite no Café “A Efémera” sito en fronte do novo Auditorio a carón do Colexio Carmelitas.
Para tod@s aqueles que queiran tocar, cantar, bailar ou conversar.

Información DIEGO STIRMAN

Benquerid@s amig@s:

Esta semana, outro encargo moi agradabel, neste caso, como complemento da 2ª semana titiriteira do Porriño e recomendado moi especialmente polos grandes amigos de Tanxarina, (eu mireino o domingo en Redondela e quedei maravillado) teremos con nos a Diego Stirman, arxentino, que leva 23 anos en Paris, as suas diferentes creacions percorreron innumerables festivais de teatro de rua, festivais de marionetas, cabares, circos dos cinco continentes.
Continue reading Información DIEGO STIRMAN

Presentación disco DONICELAS

Donicelas saca o seu primeiro disco, “Que nunca foi abalada“. O próximo domingo día 12 de xuño ás 20:30 será a presentación no Auditorio Municipal de Salceda. No concerto estarán tódolos participantes do disco: Treixadura, Orfeón Treixadura, Tino Baz e Magoia Bodega.

Esperámosvos a tod@s.