Eixo Norte Galiza – n00

Caros,

Como estava perspectivado, a Audiência Zero tem a anunciar que já está disponível na Internet a página do projecto Eixo Norte-Galiza – www.audienciazero.org/eixo.

Fruto dos contactos desenvolvidos recentemente, esta página é, resumidamente, uma base de trabalho que servirá de apoio às nossas intenções de divulgar e empreender as mais diversas actividades de aproximação cultural entre o Norte de Portugal e a Galiza.


Ilustraçao: Rui Ricardo
Portugal loves Galiza

Podemos adiantar que a apresentação oficial da página realizar-se-á no Porto Rio, prestigiada sala de concertos sobre o Rio Douro, que irá apadrinhar no dia 8 de Abril (sábado), uma noite rock’n’roll de lançamento do Eixo Norte-Galiza.

Entretanto, ainda no mês de Março, a Audiência Zero recomenda o concerto de Smartini (grupo indie/rock das Taipas), no Mercedes (Porto), no dia 10 de Março. Para 18 de Março está agendado o regresso a Portugal dos galegos Samesugas (Santiago de Compostela), para um concerto no Kastru’s Bar, Esposende.

Cumprimentos

Audiência Zero
Pedro Cadima
pedrocadima@audienciazero.org

O projecto Audiência Zero passa também pelo MySpace visitem-nos em www.myspace.com/audienciazero.

chuza.org

nasce Chuza!

Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor
Continue reading chuza.org

Creación dos selos Vir e Localizados

En Ouvirmos non só restauramos o pasado…
Agora lanzamos dous selos desde os que coñecer propostas musicais de futuro: LOCALIZADOS e VIR.

Ecléctica EnsembleLOCALIZADOS vai dar coa creación actual da música galega. Localizaremos as novidades expresivas e darémoslles espazo.

Inauguraremos este novo catálogo co proxecto sonoro de Ecléctica Ensemble: se gustabas dos seus directos, este disco vaite conmocionar.

GalegozVIR vai viabilizar proxectos discográficos. Ouvirmos coproducirá a novos creadores galegos que queiran manter o control sobre o seu produto.

Abriremos a serie bailando con Galegoz, o proxecto aranhoto de Marcos Paino.

I.Concurso Folk del Elai-Alai

Hola soy Gorka Sáez, Coordinador del centro de cultura elai-alai de Portugalete.

Os adjunto unas bases para el concurso de música folk que realizaremos los días 6 y 7 de Mayo de 2006 en relación a la Primera feria de folklore que haremos en estas mismas fechas.
En donde una de las actividades será una feria de luthiers entre otras cosas.
Me gustaría que pusierais en algún lado de la página las bases del concurso fólk que está dirigido a todas las personas o grupos de todo el estado.

Un saludo y muchas gracias: Gorka Sáez

Continue reading I.Concurso Folk del Elai-Alai

Novo número da revista Etno-folk

Ouvirmos colabora con Dos Acordes e co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín na edición do nº 4 da revista Etno-folk.

Este vai ser un número especial dedicado á publicación das Actas do Congreso de Antropoloxía Musical: O texto e o contexto, celebrado no CMTFL en 2001.

Ademais, as seccións habituais desta xa imprescindíbel revista: artigos, partituras, reseñas,…

Proximamente disponíbel en librarías e tamén na web de ouvirmos.com.

“Census, o soño do Enumerador” na sala Nasa

O vindeiro martes 21 de Febreiro ás 21:30, a compañía multidisciplinar Ludd vai atracar CENSUS nos peiraos da Nasa , en Compostela. Unha peza teatral sobre os movementos migratorios. Nas sentinas, cargas ilegais de corpos, discursos dictatoriais e mecanos musicais. E Jesse Owens batindo o record de salto de lonxitude, por riba do vaiado de Melilla…

O xoves 16 de febreiro dobre cita con Lamatumbá…

LUME en COMPOSTELA !!!
xoves 16 de febreiro de 2006

Despois de acadar cifras de disco de ouro en galicia, LAMATUMBÁ lanza o 15 de febreiro unha reedición especial do seu novo disco “lume (para que saia o sol)” e por este motivo celebrarase unha dobre cita moi especial, un día de festa lamatumbeira en Santiago de Compostela á que estades convidados…

DURANTE A TARDE – Lamatumbá toma a tenda de discos Gong (Praza de Galicia), e ofrece ledicia, moitos agasallos e sinaturas gratuítas a todos aqueles que merquen ou se acheguen cunha copia de “Lume (para que saia o sol)” e ós que non tamén se lles dará agarimo, pero con promesa de enmenda canto antes… na mesma tenda ás 17:00, distinguidos membros do grupo contarannos as súas vindeiras aventuras (reedición de “Lume..”, xira estatal, novos videoclips…). Rogamos puntualidade, xa que un ratiño despois abriranse, para tódolos presentes, as numerosas botellas de licor café que temos reservadas e, segundo avancen os minutos, non poderemos garantizar a orde pública necesaria para tal evento…

Á NOITE – Lamatumbá e tódolos novos tripulantes que se unan, poñen rumbo ó número 4 do Cantom de S. Bieito, sede do BAR AVANTE, onde tomarán os mandos dos aparatos de música durante toda a noite, con convidados moi especiais, novos agasallos (camisolas, pósters…) e a estrea en exclusiva dun novo tema, que foi o escollido para inaugurar a nova e ilusionante etapa de videoclips no Xabarín Club da TVG.

…non te esquezas… o vindeiro xoves 16 de febreiro esperámosche en Compostela… lume!!!!!!

PRESENTACIóN DOS LIBROS MULTIMEDIA DA EDITORIAL DO CUMIO

Este sábado once de febreiro ás 20.00 horas presentación dos libros OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA, do que son autores Carlos Rey, Héctor Silveiro e Paulo Nogueira, e GAITEIROS DO AREAL. O LEGADO DOS AREEIRAS DE CATOIRA, do que son autores Xosé Manuel Navia e Francisco Xavier García Bouzas, no Conservatorio Folque de Lalín.

Será unha presentación dupla, en simultáneo, cun autor de cada un dos libros, e como director da editorial estará tamén Antón Mascato, e tamén disfrutaremos dunha proxección de video, ou audio, en cada caso.

ACTIVIDADES DA GENTALHA DO PICHEL

OLÁ! informo-vos das actividades q terám lugar este sábado 11 de Fevereiro no centro social O Pichel (Sta Clara 21):

  • Às 17h30 teatro para bebés, entre 6 meses e 3 anos, “Glub, Glub”a cargo da companhia CARAMUXO TEATRO. Os convites gratuitos poderám recolher-se desde umha hora antes. Depois chocolatada de balde.
  • Às 22h30 apresentaçom do disco de ARDENTIA “15 anos de viagem”. Música tradicional-folque.

A Radio Galega renova a programación das mañás da fin de semana con ‘Extrarradio’ sobre a nova cultura emerxente

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 (EUROPA PRESS)

A Radio Galega renova a programación das mañás da fin de semana con ‘Extrarradio‘, en horario de 11.00 a 14.00 horas os sábados e de 10.00 horas a 13.30 horas os domingos, que estará conducido por Belén Regueira e Eduardo Herrero.

‘Extrarradio’, que comezará mañá a súa difusión, quere documentar a nova cultura emerxente en Galicia e ser un punto de referencia para os mozos e mozas galegas. Dentro dos contidos do programa haberá tempo para falar de música, cine, novas tecnoloxías e da vida cotiá dos mozos galegos, sen esquecer os problemas vitais, económicos e laborais das súas vidas.

Tamén buscará en todo momento e de xeito activo a participación dos oíntes, a través das chamadas, correos e dunha páxina web que moi pronto estará activa.

Ademais, cada semana se presentarán novos discos e maquetas de grupos galegos e se repasará a actualidade musical española e internacional. Haberá unha entrevista en profundidade con mozos e mozas representativos no ámbito cutural ou profesional, tertulias, debates e contacto constante coa nova diáspora galega.

Neste primeiro programa vistarán ‘Extrarradio’ dous grupos galegos, a banda de funk-rock ‘Loretta Martin’ e os composteláns ‘The Homens’, que presentarán a súa primeira maqueta. No tempo da tertulia falarase dos ‘Novos emigrantes’, pois son moitos os mozos galegos que deixaron a comunidade para buscar traballo ou novas perspectivas contando ademais coa participación dalgúns deles desde as Illas Canarias, Barcelona ou Londres.

En ‘Extrarradio’ colabrarán algúns dos internautas e ‘Blogueiros’ máis activos coma María Yáñez, que cada semana achegará as propostas máis interesantes e curiosas que se poden atopar na rede.

Tamén o espazo que conduce Belén Regueira e Eduardo Herrero repasará o mellor e o peor da carteleira cinematográfica da semana e farán unha ampla axenda de propostas para pasar a tarde e a noite do sábado.

Teatro Arte Livre em Vigo

O Teatro Arte Livre vai dedicar todos os joves a cocertos de músicas …por isso recebendo projectos.

Atenciosamente
Eisenhower moreno

TAL
Teatro Arte Livre
Encena Produccións Artisticas S.L
rua vazquez varela, 19- baixo dereita 36204 -Vigo
tlf:+34 986 11 44 44

www.tal2005.com email: talvigo@hotmail.com
Eisenhower Moreno – Roberto Cordovani

Móvil: 629 649 720 / 636 109 767

Comisión pola Memoria Siñor Afranio – Asemblea Xeral

O próximo sábado 11 de febreiro ás 17,30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Silleda a Asemblea xeral constituínte da Comisión pola Memoria Siñor Afranio.

Recentemente a Comisión xestora formada por membros de asociacións culturais de Lalín (O Naranxo e Manuel Ferreiro), Silleda, A Estrada, Cerdedo, Cuntis, Caldas e Cotobade, recibiu os Estatutos legalizados…

A Comisión pola Memoria Siñor Afranio constituíuse para a recuperación da memoria e homenaxe ás persoas que foron perseguidas pola súa loita a prol dos dereitos e liberdades individuais e colectivos.

Os obxectivos da Comisión son:

  • Elaborar un repertorio de represaliados e represaliadas no noso ámbito territorial
  • Facer un listado da simboloxía franquista existente nas aldeas e vilas da zona
  • Establecer un mapa de lugares da memoria relativo á represión franquista e dos represaliados e represaliadas
  • Colaborar cos colectivos locais que teñan os mesmos obxectivos, procurando a maior repercusión das actividades

Convidámosvos a tod@s a unirvos a esta iniciativa e facerse socios da Comisión.
A memoria da represión é un acto de xustiza.

Se non podes asistir e queres facerte soci@ ou colaborar con nos,
o correo (provisional) da Comisión é sinhorafranio@gmail.com

Para calquera dúbida ou consulta:
igrexas@redesescarlata.org

Por favor, difunde esta convocatoria.
Saúdos republicanos

Manuel Igrexas
da Comisión xestora

Abrigueiro Estudios

Ola amigos:

O meu nome e Arturo Vaquero (humanoid), alguns coñecedesme de ser o tecnico do grupo de “Pepe Vaamonde” ou “Safari Orquestra” ou por outros lares. Hai moitos anos que ando detras de facer un estudio de gravacion distinto a todos, en canto a prezos, trato ao musico e resultado, xa que coma musico e productor visitei moitos estudios e sei donde coxean. Por fin o sono está rematado na montaña Lucense, xa estamos casi un ano traballando e penso que chegou a hora de darme ó pracer de coñecernos mutuamente, MANDOVOS UN ARQUIVO PDF DE 2 FOLLAS coa parrafadiña do estudio e os prezos, calquera dubida que teñades estou a vosa enteira disposición. Para os que non nos coñezades (ou si) podedes pedirme un cd con grabacions feitas, espero que sexa do voso agrado inda que eu penso que esto e como o sexo (se non se proba non se pode comparar e saber con exactitud). Unha aperta grande e se alguen non quere que lle mande información por favor que me envie unha mesaxe co asunto “Yo me lo pierdo” e xa non vos molestamos.

Unha aperta

Arturo Vaquero
661945264

Documento: abrigueiro estudios PDF

La SGAE admite el error de cobrar a un grupo teatral de discapacitados

Autores obligó a pagar 518 euros a una asociación cultural segoviana, pero anuncia que devolverá el dinero

[internautas.org 26/01/2006]
CARLOS ÁLVARO/SEGOVIA / Nortede Castilla.es La Sociedad General de Autores (SGAE) reconoció anoche que el cobro de 518 euros a la Asociación Taller Cultural de Fuentepelayo por el uso de los títulos de unas obras en un festival benéfico de teatro fue un «error administrativo». A través de un comunicado, la sociedad de autores confirma que devolverá la cantidad cobrada al colectivo que preside Juan Cruz Serrano porque, dado el carácter claramente benéfico de este certamen, nunca cobra derechos de autor en este tipo de actividades. La noticia fue publicada ayer en la edición de Segovia de EL NORTE DE CASTILLA y contó con una amplia difusión de ámbito nacional e internacional a través de nortecastilla.es.

«La SGAE devolverá los 518 euros al Taller Cultural de Fuentepelayo y hará llegar sus disculpas a su director, Juan Cruz Serrano, así como a los participantes y asistentes al Encuentro Nacional de Teatro Especial», confirma la sociedad. No obstante, la SGAE aclara que los autores que representa «se sienten legitimados para ejercer sus derechos en otros ámbitos, dado que, aunque no sea este el caso, algunas actividades benéficas ocultan a menudo las acciones promocionales de potentes empresas comerciales».
Continue reading La SGAE admite el error de cobrar a un grupo teatral de discapacitados

Boletín nº3 do 3º Pé

Ola amig@s!

Este mes vén cheíño de novidades, así que non as perdades de vista:

  1. Xa temos a programación definitiva do Festival Galego de Cabaré “Cabaré3 Oleiros”! Botádelle un ollo!
  2. A I Xornada de Pés Abertos, todo un éxito
  3. Novos horarios e Prazas para os obradoiros permanentes do Andar Criativo
  4. Intensivo de Iniciación ao Teatro do 3 ao 5 de febreiro

Continue reading Boletín nº3 do 3º Pé

Presentación do disco dos Gaiteiros de Soutelo

O sábado 21 de xaneiro, ás 18.00 h. no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei) Ouvirmos presenta o oitavo disco da colección A Tiracolo: Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1928): Terra de Montes. Falará Juanjo Fernández, autor do libreto.

Os Gaiteiros de Soutelo

Neste disco compílanse a totalidade dos rexistros sonoros dos Gaiteiros de Soutelo gravados en Ourense en 1928.

Os Gaiteiros de Soutelo (1919-1936), con Avelino Cachafeiro á cabeza, canonizaron o cuarteto de gaitas e o seu repertorio é o máis divulgado e interpretado da gaita galega.

2º concurso fotografia anecdótica: Aduaneiros sem Fronteiras

Depois do sucesso atingido na primeira ediçom, chega o 2º Concurso de Fotografia Anecdótica convocado polo colectivo de desenhadores mais espelido do planeta galego.

Aduaneiros sem Fronteiras começou há já mais dum ano um projecto de análise da realidade galega baseado no visual e a suas alterações. Embora teren mantido o mesmo aspecto e funcionamento desde o primeiro dia, ao longo deste periodo o projecto redefiniu-se tantas vezes como obras e comentários foram publicados sempre com a intençom final de aprofundar cada dia mais em conceitos como a retranca, o anti-colonialismo, as reviravoltas da nossa língua, etc. Em resumo: o conhecimento da Galiza para atingirmos o próprio auto-conhecimento.

[+INFO: Aduaneiros sem Fronteiras]

Pont sobre el Llac

Chéganos a nova dunnha bitácora catalá adicada á poesía galego-portuguesa: El Pont sobre el Llac. O proxecto corre por conta de Xulio Ricardo Trigo e Júlia Cortès Ortega e amáis de ofrecer versións poéticas ao catalán, achega informacións sobre escritores e tradutores da Galiza, Portugal e Brasil. Unha maneira de tender pontes entre a literatura catalá e a literatura lusófona, e que anceia, máis alá da súa vocación poética, ser un vieiro de intercambio entre culturas.

Nas súas primeiras “postas” é posible atopar poemas traducidos e recensións sobre a obra de Anxos Sumai, Sá Carneiro, Sophia de Mello, Antía Otero, Pessoa, Emma Couceiro, Uxío Novoneyra, Eugénio de Andrade ou Miguel Anxo Fernán Vello.

[+INFO. www.arredemo.info]

CIRCOMANÍA. I Xornada de Pés Abertos

O aninovo ven cargadiño de novidades para o 3º Pé. Andar Criativo.
Unha destas novidades serán as Xornadas de Pés Abertos; festas
temáticas que celebraremos o 3º xoves de cada mes.

A primeira Xornada de Pés Abertos terá lugar o xoves 19 de xaneiro de 2006, no local social do Andar Criativo (R/ do tren 5 baixo. A Coruña) e estará
adicada ao Circo.

CIRCOMANÍA
Un espectáculo único no que participarán diferentes personaxes dos que
habitan o noso Andar. Con Patxi “Tenro”, Chusmi ou Josito “O Mago”.

As seguintes xornadas estarán adicadas á voz, á comedia, ó contacontos
ou á danza… xa vos iremos informando das nosas xornadas que irán
mudando no espacio e na temática pero que terán data fixa; o terceiro
xoves de cada mes.