Em Portugal estamos a produzir e a realizar um programa de rádio chamado “Euroregião Rádio” uma hora semanal com transmissão em diversas estações de rádio do Norte de Portugal. O Programa “Euroregião Rádio” tem por objectivo divulgar e projectar o património tradicional das afinidades histórico-culturais e sócio-linguístas que fazem e formam as gentes da Galiza e do Norte de Portugal. O “Euroregião Rádio” é normalmente composto por reportagens, entrevistas e música tradicional da Galiza e Norte de Portugal. Por este motivo entendemos que este é um espaço priveligiado para a divulgação dos vossos trabalhos musicais. Vimos assim soliciar, se entenderem, que nos enviem as vossas músicas para que façam parte do conteúdo musical do nosso programa de rádio. Junto enviamos o mapa das emissões semanais do programa “Euroregião Rádio” – que é transmitido em 6 rádios do norte de portugal.
A vossa música poderá ser enviada por correio para: Programa EUROREGIÃO RÁDIO Por e-mail: Com os melhores cumprimentos |
Curso de construcción de palletas con Juán Casalderrey
There isn`t barn without straw…
A vindeira fin de semana a AOFT, (Asociación Ourensana de Folclore Tradicional), organiza un curso de construcción de palletas co artesán Juán Casalderrey.
O horario será o seguinte:
Continue reading Curso de construcción de palletas con Juán Casalderrey
Xantar Gaiteiro 2006
There isn`t barn without straw…
De novo no comezo da primavera, coma noutras e facéndoo xa ritual, nesta ocasión a Asociación de Gaiteiros Galegos quéreo celebrar cun suculento xantar ao estilo do país, formalizando o ‘XI Xantar Gaiteiro’, para o vindeiro domingo 26 de marzo no restaurante Punta del Este de Carballo (A Coruña).
Continue reading Xantar Gaiteiro 2006
PRóXIMAMENTE A EXPRESIVIDADE FEMENINA GALEGA NA RG EN FOLLA DE RUTA
Em qualquer momento, em qualquer quinta (xoves) ás 12. 15 no programa Um dia por diante da Radio Galega na secçom musical de Ugia Pedreira poderedes escuitar ao vivo a disertaçom A EXPRESIVIDADE MUSICAL FEMENINA NO CONTEXTO DE SER MULHER GALEGA, da srta Olga Nogueira e U. Pedreira.
Disertaçom presentada no 2001 acima da estátua de Loriga em Lalim agora revisada polas autoras e pronto divulgada polas ondas.
III xornadas de Bioconstrución e Enerxías Alternativas
Xabier Blanco, mestre gaiteiro artesán estará presente nas III xornadas de Bioconstrución e Enerxías Alternativas que se celebrarán en Moaña (IES Paralaia) os próximos 24, 25 e 26 de marzo de 2006.
[+ info: Programa das Xornadas]
Continue reading III xornadas de Bioconstrución e Enerxías Alternativas
Gaita e baile tradicional na “Stichting draailier en doedelzak”… coidado!!
There isn`t barn without straw
A fin de semana de 22 e 23 de abril, Simón Díaz e Manolo Serantes serán os responsables de impartir, respectivamente, os cursos de gaita e danza galega que ofrecerá a “Stichting draailier en doedelzak”, asociación de zanfona e gaita que leva a cabo unha intensa labor en torno á música tradicional en Bélxica e Holanda.
O curso de gaita está destinado a alumnos que xa teñen algunha experiencia con instrumentos de fol. O repertorio que se estudará será de musica galega, pero poden acudir interpretes con outro tipo de cornamusas pois do que se trata é de facer un achegamento ao repertorio, as técnicas e o sentir galego. A posibilidade de facer unha pequena cooperación co o curso de baile esta presente.
Para o curso de danza o repertorio O tamén se trae de Galiza.
Niste taller veranse bailes como a muiñeira, a xota, o fandango e a regueifa, facendo referencia á xénese e historia de cada un destes bailes.
Quedades avisados…
A Fábrica de Perillo. 1905 2005
O vindeiro venres 24 de marzo e ás 20:30 no Auditorio da Nova Fábrica de Oleiros terá lugar a presentación oficial do libro de Sabela Figueira Tenreiro. “A Fábrica de Perillo. 1905 2005”.
Tratase dun dos “Cadernos de estudos oleirenses” no que a autora fai un percorrido pola historia deste singular caso no que a arquitectura ou patrimonio industrial foi rehabilitado para usos sociais e culturais.
Na presentación do libro, con prólogo de Felipe Senén intervirán ademais do mesmo a propia autora; Sabela Figueira Tenreiro, o alcade de Oleiros, Ángel García Seoane e o concelleiro de Normalización Lingüística Antón Tenreiro.
O acto contará ademais coa proxeción dun documental sobre a Fábrica elaborado por MR Misto e a actuación en directo de Nelson Quinteiro, que interpretará un tema que está recollido no libro e que ilustra as condicións de vida das mulleres que traballaban nas conserveiras a principios de século.
Información Os Carunchos
Benquerid@s amig@s:
Esta semana abrira a nosa nova programacion un dos grupos mais festeiros do pais Os Carunchos. Gaita solista, percusions varias, polifonia nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversion. Teñen compartido escenario cos mais importantes grupos de musica galega: Na Lua, Leilía, Berrogüeto, Os Cempes, Treixadura, Ardentia, Chouteira, Luar na Lubre,… e veñen de editar o seu 3º traballo discografico que leva por nome “Montealegre”, un disco fresco e cheo de ritmo.
Sera o venres 17 as 23 horas. Os prezos 5 euros, 4 anticipada e 2,5 para socios.
Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com que estara actualizada esta semana.
Unha aperta moi grande
Paco Quintas
Continue reading Información Os Carunchos
Nelson Quinteiro na Parroquia
Despois de ter actuado en Cangas dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo Nelson Quinteiro volve á súa parroquia este venres 17 e marzo.
Naquela ocasión presentaba o seu espectáculo completo… no Canis Lupus.
Esta vez volve pero cun repertorio feito a medida para o local que será o seu escenario… o AMBIGÚ.
A partir das 23:00 do venres, no Ambigú entón poderedes ver a un Nelson máis raiano que nunca… estrenando unha batería de cantigas tradicionais portuguesas que irá incorporando a bloques do seu espectáculo “Unidade didáctica nº 1”.
Muito obrigado e até a sexta feira, entao.
A Ética Profesional
A Ética Profesional.
Cinco preguntas e unha reflexión na busca dun código ético:
Favorecer a operatividade organolóxica dentro dun sistema musical, (neste caso o sistema diatónico) ten claros beneficios para o neno, porque mostra a esencia dunha organoloxía ou dun conxunto de organoloxías como o que son na realidade e a relación de parentesco entre elas.
Continue reading A Ética Profesional
BAILE, MúSICA E DESFILE DE TRAXES REXIONAIS EN LALíN
O vindeiro sábado 25 de Marzo ás 20:30hrs. o grupo Xirandola ofrecerá un espectáculo que constará de baile, música e desfile de traxes tracidionais. A cita será no Salón Teatro do Auditorio de Lalín.
Achegádevos!!!
Organiza: Concellaría de Cultura do Concello de Lalín.
queremos estar …máis perto de ti
A Escola de Música e Danza de Ribadeo ten máis de 250 alumnos, procedentes tanto da nosa vila coma de concellos veciños, galegos e asturianos. A súa existencia, sufragada polo propio Concello, é un orgullo do que todos os ribadenses fachendeamos desde os tempos en que o lembrado Hernán Naval a creou e a convertiu nun exemplo de bo facer.
Hoxe en día, baixo a dirección de Lourenço da Cruz, a Concellaría de Cultura está decidida a que os cidadáns de Ribadeo poidamos gozar do traballo, aprendizaxe e ilusión de todos os novos e novísimos músicos que nela se forman. Queremos unha Escola de Música máis integrada aínda na vida cotiá do concello, máis relacional e próxima, máis aberta. É por isto que. dentro do ciclo de cultura nas parroquias MÁIS PERTO DE TI os alumnos da E.M.Música estarán tocando nas seguintes localizacións:
|
Concerto de GAIDEóN
Concerto de GAIDEÓN o vindeiro venres, 17 de marzo, ás 23hs na Casa do Coto (Tomeza-Pontevedra)
GAIDEÓN é un dúo de gaita e acordeón que fan música do pais, dun xeito esencial, prescindindo de GAIDEÓN está composto por: |
GAIDEÓN musica popular galega
(+34)667.792.799 (+34)686.468.727
gaideon@gmail.com
Nova programacion Bar Liceum do 17/03/2006 ao 12/05/2006
Benquerid@s amig@s:
Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comenza o venres 17 de Marzo e remata o 12 de Maio.
Unha vez mais atoparedes variedade nos actos que vos presentamos folk galego, musica popular portuguesa, hip-hop, musica de autor con humor, musicas do mundo e os inclasificabeis homes do Caiga quien caiga e remataremos presentando o Festival de Cans.
Continue reading Nova programacion Bar Liceum do 17/03/2006 ao 12/05/2006
Cursiño de percusión en Xove
ESTE MES CURSO DE PERCUSIÓN. Difundeo a quen lle poida innteresar. Vítor da Cheda Asociación Cultural SAÍÑAS Portocelo Nº 9 – C.P. 27877 – CIF: G 27022870 CURSIÑO DE TÉCNICA DE PERCUSIÓN DATAS: PROFESOR: LUGAR: PREZO: 15 ¤ (inclue o xantar do sábado). CURSIÑO DE TÉCNICA DE CANTO E PANDEIRETA DATAS: PROFESORA: LUGAR: PREZO: 15 ¤ (inclue o xantar do sábado). Inscripcións no número de tlf. 686 072 260 ou no correo electrónico: contacto@sainhas.org O número de plazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptandose inscripcións ata completar o total. Organiza: Asociación Cultural SAÍÑAS. / Colaboran: Asociación de Gaiteiros Galegos e Concello de Xove. |
Concurso de Cuartetos en Cervo
There isn`t barn without straw
O concurso celebrarase o xoves 13 de abril de 2006 as 17.00 horas no auditorio de Sargadelos en Cervo, Lugo. Haberá unha unica categoria pra maiores de 15 anos.
2º 400¤ 3º 200¤
+info: Asociacion cultural “Airiños do Xunco” Telefonos: |
De curso em curso…
There isn`t barn without straw
Esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, terá lugar o Cursiño de Técnica de Percusión dentro ciclo que a Asociación Cultural Saíñas, Lugo, organiza, en colaboración co Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Nesta ocasión será Xaquín Xesteira “Xocas” o encargado de impartir as aulas. O lugar de celebración será o Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro) e o prezo da matrícula será de 15 ¤ (inclúe o xantar do sábado).
As inscricións pódense formalizar no número de teléfono 686 072 260 ou no correo electrónico: contacto@sainhas.org. O número de prazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptándose inscricións ata completar o total.
quedades avisados…
Crónica do grande Baile Assalto feito por Raquel Miragaia e Luzinha
Grande sucesso
Pois assim foi, um autêntico êxito este primeiro grande baile assalto na Gentalha do Pichel.
Um numeroso grupo de pessoas com vontade de dançar, anotar no seu cartom de baile as pretendentes, escutar boa música e desfrutar, deu-se cita este sábado 4 de março no local que a Gentalha do Pichel tem em Santiago de Compostela.
O baile foi organizado em parceria polo Conservatório Folque de Lalim, como fim de festa do monográfico de danças europeias, e a Gentalha do Pichel.
E o clube de fans de Marful, na sua vontade de seguir (que nom perseguir) aos membros do grupo, lá estava, para escuitar ao Pedro Pascual, bem acompanhado polo violinista Quim Farinha, que aqui vedes em plena actuaçom:
Mas nom foram os únicos, a também acordeonista portuguesa Celina da Piedade pujo música ao baile, enquanto a professora de dança Mercedes Prieto animava às já de por si animadas assistentes. Já para acabar a festa, tocaram também Óscar Sanjurjo (Cempés) e Carlos Quintá (Linho do Cuco).
E para que vejades que nom mentimos, aqui tedes um exemplo de como estava o local de cheinho e os cartons de baile de completos.
(Devemos todas as imagens a Luzinha)
Tropa Quempallou
Convidámosvos a participar na muiñada do Millo Corvo o venres 24 de Marzal no Muíño da Presa, na aldea de Meiro (Bueu).
Aproximadamente entre as 9 e as 12 da noite, mentres se moe o escuro e saboroso millo co que se farán os produtos da Degustación do domingo, haberá parolada, foliada e o que faga falla no mesmo muíño. Traede instrumentos, algo de mantenza se vos presta e por suposto gaña de festiña.
E o domingo 26, na propia aldea, o VIII Encontro-Degustación do Millo Corvo, con pregón a cargo de Uxía Senlle e actuación das Malvela pola mañá; e pola tarde participación das enxebres Pandereteiras de Barro de Arén (Cerdedo), e o peche do grupo folque Quempallou.
Adxúntovos cartaz. Non o perdades!!!
CURSO AFINACIóN E MECáNICA DE ACORDEóNS
Amig@s do mundo do acordeón e a lingüeta libre:
Por fin terá lugar o esperado curso de afinación e mecánica de acordeóns co gran afinador vasco José María López. Será no CMTF de Lalín os días 8 e 9 de Abril.
O programa será de 16 horas e o prezo son 120 euros que se abonan no comezo do curso. Podedes consultar o programa aqui incluido ou solicitar máis información no teléfono 649 03 05 31.
CONSTRUCCIóN E CRIA DE CANS
Sábado 1 e domingo 2 pola mañá.
Obradoiro do Artesán Pablo Cid. Antas de ulla.
á noite: Cea e Jam-Session.
60¤ / 50¤ asociados ao CMTF.
Neste monográfico ensinará cómo se construen os cans (que dende logo é o máis sinxelo), explicará os puntos implicados na producción do son deste, dende a propia ponte onde se situa, o tipo de reglaxe que se debe adoitar, os ángulos descritos pola corda, os tipos de madeira a empregar e a sua incidencia no funcionamento.
Os alunnos empregaran o material incluido no prezo do curso (serra, limas, formón e material para suxeitar as pezas de madeira e tamén distintos tipos de madeira) para facer as suas propias creacións.
Tamén se tratará o tema do reglaxe da sanfona, como solucionar alguns dos problemas e visualizar todo tipo de problema práctico que teñan os instrumentistas co seu instrumento.
E como din os vellos: NON SE MANCAR.
…á noite: Cea e Jam-Session.
Matrícula e reserva aloxamento no tlfe. 662 304157
Referencia do anterior curso de construcción de cans.
Acústico Femenino en Compostela este sábado 11 de marzo 2006
Celebración dunha noite musical no Teatro Principal de Santiago de Compostela o sábado 11 de marzo 2006, en conmemoración do día da Muller. A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela presenta esta noite musical: Acústico Feminino Acústico Feminino, 20 mulleres e un piano quere ser unha mostra da capacidade creativa das mulleres de Galiza a través da música de Leilía, Batuko Tabanka e Nordestinas, |
Continue reading Acústico Femenino en Compostela este sábado 11 de marzo 2006
Xuntanza de Música Tradicional en Vilagarcía
There isn`t barn without straw
O 17 deste mes a partir 22.30 en Vilagarcía terá lugar unha xuntanza musical tradi… na Cafetería Vila Aurora… Também en Pontecaldelas tera lugar um serám a iso das 21.30 do día 12 também de Marzo. E xa pra rematar este mini resumo desta semá… Outro serám na Hermida, Pazos de Borbén as 21.30. Lume pa´ diante… |
Primeiro traballo dos composteláns Fanny+Alexander
A REGUEIFA PLATAFORMA fai a súa estrea coa edición do primeiro traballo do grupo compostelán FANNY+ALEXANDER nun doble formato, un EP de catro temas -de distribución gratuita online baixo licenza Creative Commons a través de www.aregueifa.net– e a saída ao mercado dun CD que inclúe ademáis outros catro temas do seu pasado máis recente. Oito temas -sete en galego e un en inglés- englobados baixo o descriptivo título de Lusco e Fusco nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais. Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n’ cuts, pandeiros… e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma Hood, The Postal Service ou Electric President.
What happens with pipes in this country??? …incribel pero certo
There isn`t barn without straw
Aínda que de forma lenta, os trámites realizados pola AGG na Deputación de Pontevedra para esclarecer os pormenores da adxudicación da escola de gaitas á AGBGPPP, van dando algún que outro resultado.
Hoxe mesmo chegou a notificación da institución provincial comunicando a resolución do concurso e o informe que solicitara a AGG para coñecer as puntuacións outorgadas. Só proporciona as puntuacións da AGG e máis da AGBGPPP, non as do resto de concursantes, polo que animan e ofrecen apoio ao resto de concursantes para presentaren solicitudes de informes similares aos que solicitou a AGG.
Continue reading What happens with pipes in this country??? …incribel pero certo