2006

Camarada,
Saúde e forza para o 2.006.

enviado por Rómulo Sanjurjo.

nova editorial: RINOCERONTE

Ola a todos!

Acaba de nacer unha nova editorial cunha idea bastante orixinal… Difundídeo! Xa podedes ver a páxina web de Rinoceronte Editora en: rinoceronte.es

“Un ámbito lingüístico non pode considerarse normalizado se só ofrece cabida a produtos editoriais escritos orixinariamente na lingua propia.”

“Barucas d’agüerro” novo disco de Dulzaineros del Bajo Aragón

Barucas d’agüerro” novo disco de Dulzaineros del Bajo Aragón
Escuchalo en dulzainerosbajoaragon.com
y en www.zicutan.com

Dulzaineros del Bajo Aragón, una de las formaciones folk de más prestigio y calidad en Aragón, desarrolla varios frentes de trabajo: investigación, edición discográfica y, sobre todo, interpretación musical.
Continue reading “Barucas d’agüerro” novo disco de Dulzaineros del Bajo Aragón

Novo número de Etno-Folk, Revista Galega de Etnomusicoloxía

Acaba de facer a súa aparición no mercado o número 3 de Etno-Folk, Revista Galega de Etnomusicoloxía.

Etno-folk nace coa idea de proporcionar, a todas as persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos, unha plataforma donde poidan publicar os seus traballos de investigación, coñecer as líñas de investigación abertas, traballos de campo… sempre baixo o criterio da publicación que é, ante todo, musical, étnico e investigador. Neste momento contamos con tres números editados (adxuntamos sumario deles).

Con este número, Etno-Folk consolídase plenamente no mercado tras un ano de existencia. Os contidos da publicación figuran a continuación, así como o boletín de subscrición. Se están interesados, poden remitilo por correo electrónico, ou atopar información máis detallada na web http://www.dosacordes.com, ou solicitala a info@dosacordes.com.
Continue reading Novo número de Etno-Folk, Revista Galega de Etnomusicoloxía

«Som Voltas», Novo CD de Servando e Contradança

Capa do disco «Som Voltas» de Servando e Contradança
Editado pola AGAL

Som Voltas é o título do novo trabalho do conhecido músico viguês Servando Barreiro, junto com o grupo Contradança, editado em colaboraçom com a Associaçom Galega da Língua (AGAL). Nele figura recolhido o seu trabalho realizado nestes últimos anos no campo da música tradicional galega e portuguesa.

O CD inclui, além de temas propriamente tradicionais, outros de composiçom própria, alguns deles de carácter infantil, fruto das suas sessões com os mais miúdos, bem como outros de carácter mais intimista. Termina com umha linda história de Castelão interpretada e musicada polo próprio Servando.

A capa e as ilustrações do interior som a cargo de Leandro Lamas, trata-se de um disco bonito de ver e de escuitar.

O preço do CD é de apenas 12 euros (8 euros para os sócios da AGAL) mais portes do correio, podendo ser pedido a secretaria@agal-gz.org. Também se encontra distribuído em diferentes locais sociais e lojas nas cidades galegas.
Continue reading «Som Voltas», Novo CD de Servando e Contradança

narf quere ser tambor

O cantante e compositor Fran Pérez presenta o seu novo single, un avance do traballo que desenvolverá en 2006.

¿Pode unha soa canción conter a esencia dun artista? ¿Pode un poema converter a un guitarrista nun instrumento de percusión? Con Quero ser tambor, NARF desprega toda a súa forza musical para rebentar silencios e transformarse el mesmo en berro, percusión. Desde xa o corazón do tambor comeza a latexar con intensidade.

NARF atopou no poema asinado en 1959 polo escritor moçambicano José Craveirinha -premio Camoes e referencia central da literatura en lingua portuguesa- unha mensaxe que precisaba para sí mesmo. Converterse en tambor a través dos versos do poeta; por riba de todo ser tambor para comunicarse e esconxurar medos e escuridades.

Co single Quero ser Tambor, o músico Fran Pérez adianta o que serán o seu novo traballo e os seus novos temas o vindeiro ano no seo do proxecto NARF. O single, gravado no pasado mes de setembro de 2005 cunha banda eléctrica, reflexa cara onde van as pescudas deste músico que investiga ritmos e sonoridades. Cun estilo propio, o pop de Fran Pérez condúcese por camiños tropicais, cálidos, de ecos africanos e palabras contundentes.

Como xa ven sendo marca do artista, con Quero ser Tambor Fran Pérez leva a cabo un dos seus exercicios favoritos: apaixoarse cun texto até dar coa música que convirte a palabra en canción. Desta vez, a paixón levouno a el a convertirse nun tambor.

Ti tamén podes ser tambor baixándote o novo single de NARF.

Ouvirmos edita a fotobiografía sonora de Manuel María

A Fotobiografía Sonora de Manuel María é un novidoso volume que nos aproxima á figura literaria e humana do poeta da Terra Chá.

Esta obra aglutina en sete décadas máis dun cento de fotografías da vida de Manuel María, acompañadas dun breve estudo do seu labor durante o mesmo período. Xan Fraga Rodríguez e Mónica Rodríguez Vázquez foron os encargados destes textos introdutorios.

A novidade desta obra está nos dous CDs que a acompañan.

No primeiro deles, Poemas, podemos escoitar a voz do propio autor recitando os seus poemas. Carlos Díaz Martínez, editor, responsábel en gran medida da existencia das gravacións da voz de Manuel María, é o encargado de comentalos.
O segundo CD, Músicas, achéganos unha escolma das cancións compostas a partir de poemas de Manuel María: desde Fuxan Os Ventos até Barbat, pasando por María Manuela ou Suso Vaamonde. Xurxo Souto Eiroa, músico e director de programación da Radio Galega, é quen documenta e guía a escoita.

O remate pono Camilo Gómez Torres, biógrafo e grande estudoso da obra de Manuel María, que nos facilita a súa exhaustiva relación de todos os rexistros sonoros que existen da obra de Manuel María.

CD1, Poemas, track 14.
A nosa nobre fala ten (Versos para un país de minifundios). 1:09. [WMA].

CD1, Poemas, track 14.
A nosa nobre fala ten (Versos para un país de minifundios). 1:09. [MP3].

[+ info: ouvirmos.com]

Boletín de Cultura do Concello de Ribadeo – BON NADAL

TEMPOS DE CONFUSIÓN

Entra ledo e espido na praza das espadas
cunha rosa na voz reclamando a roseira
e a palabriña chave para que naza amor
no cativo xardín que azar nos concedera.
Nada te han asustar os estragos do tempo,
nin os lobos da dor, o desprezo ou a envexa.
Perderase o remol de quen fala das flores,
mais virá a primavera.

Gonzalo Navaza, Libra

A CONCELLARÍA DE CULTURA
DE RIBADEO
DESÉXAVOS A TODOS
SAÚDE, TRABALLO E UN BON ANO 2006.

Hai unha forza que nos empurra cara ao mundo
e outra que nos xungue á terra nativa..

Castelao, Sempre en Galiza

Música tradicional e folque con siareir@s galeg@s

Dende Siareir@s Galeg@s convidamos e pedimola colaboraçom a todolos colectivos, asociaçoms… de musica tradicional e folque da Galiza a participar na manifestaçom que dum jeito festivo e reivindicativo percorrerá as ruas da capital do País o vindouro 29 de Dezembro.

A manifestaçom sairá às 18.30 da praça das Praterias em Compostela e finalizará no estádio de Sam Lázaro, onde todos e todas animaremos a nossa selecçom e reivindicaremos a sua oficialidade.

Saúdos, Siareir@s Galeg@s

promoción disco de A RODA

Recensión do último disco
A piques de cumprir trinta anos, e xa consolidados como precursores ou pioneiros dentro do panorama da música popular galega, A RODA vai presentar o último proxecto da formación, que suporá, ó mesmo tempo, o seu duodécimo traballo discográfico.

Baixo o título A roda alalá adorA, xúntanse en total doce pistas, nun abano de diferentes rexistros, que van dende a música folk-instrumental, ata a máis senlleira e característica canción tradicional galega, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso.
Continue reading promoción disco de A RODA

Sae a concurso público a praza de dirección da Escola de Gaitas

Fontes da Excma. Deputación de Pontevedra informaron á Asociación de Gaiteiros Galegos que, na semana de Nadal, sairán publicadas no BOP as bases para acceder ao concurso público para a implantación da Escola de Gaitas que tanta polémica xerou este vran pasado.

Como a AGG xa publicara en distintas ocasións, este concurso semella estar dirixido a consolidar o convenio que fora aprobado a principios deste ano de xeito pouco ortodoxo. O feito de que a convocatoria se faga nas datas de Nadal fai sospeitar que se busca, dada a tempada de parón vacacional, que se entere pouca xente para deixar paso libre á “Asociación de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra” beneficiaria do convenio citado.

Está claro que o Sr. Deputado de Cultura, Sr. José Juan Durán, e, por extensión, o Sr. Presidente, D. Rafael Louzán, non teñen intención algunha de ter en conta as advertencias da AGG no sentido do mal que, á larga, vai facer a ABGPPP á música tradicional de Pontevedra dada a súa inclinación
por instrumentos, técnicas e formacións foráneas que nada teñen que ver coa nosa cultura.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere informar a calquera persoa ou asociación que estea vinculada ca música tradicional, e que pretenda tomar parte no concuso, que está en disposición de axudar na tramitación dos proxectos e documentación pertinente para propoñer unha alternativa ao atentado conta o noso patrimonio cultural que pretenden levar a cabo a

ABGPPP e a Excma. Deputación de Pontevedra

Mercar con sentidiño

¿Tes que facer algún agasallo nestas datas?
Pois se queres pásate pola Asociación Manuel Ferreiro que temos unha exposición (e venda) de productos de Comercio Xusto. Pensa que se mercas algunha destas cousas, ademáis de facer un bonito agasallo estarás dando saída a productos de pequenas comunidades de productores que doutro xeito non sería posible.

Estes productos che garanten que estás a reducir a cadea de intermediarios, que as condicións laborais dos productores son dignas, que non hai discriminación por sexo, que non hai explotación infantil, que se respeta o medio ambiente, que os beneficios reinvirtense no desenvolvemento social de tódala comunidade, e sobre todo que levas productos de gran CALIDADE.

Nestas datas pon sentidiño a tanto consumismo, porque a túa compra vale moito máis do que crees.

A exposición e venda de comercio xusto está na Asociación Manuel Ferreiro (rúa F, nº 27 – detrás do instituto Laxeiro – Lalín)

HORARIO:
en laborais, pola mañá de 12 a 2 e pola tarde de 5 a 9.
¡Ah! e nós non obtemos ningún beneficio, só somos o medio de achegar esto a xente de Lalín e do Deza.

Un saudiño neste mes de Nadal.

Olería de buño e Música Popular

Hoxe ás doce do mediodía, na Oficina de Turismo – OMIC de Ribadeo, o INLUDES e a Concellaría de Cultura de Ribadeo presentaron a exposición sobre Olería de Buño que esta entidade lucense organiza e difunde por toda a provincia. Ademais das pezas da mostra, a exposición conta con paneis informativo e material editado para un mellor aproveitamento da visita á mesma. Desde o Concello de Ribadeo quérese convidar aos centros de ensino interesados en que programen visitas dos seus alumnos poñéndose en contacto coa OMIX (982 128 808).

Por outra parte, durante esta semana alumnos da Escola de Música de Ribadeo farán concertos nas parroquias de Covelas, Rinlo e Ove, para difundir o seu traballo e fomentar a interacción do centro coa sociedade que o financia.

Boletín nº2 do 3º Pé

Boletín 3º Pé Nº 2
6 de dezembro de 2005

NOVAS:

  • 1. Sae á rúa o nº 2 do fanzine terceirope.com
  • 2. O Andar criativo ofrece 4 intensivos para o nadal: contacontos; danza contemporánea; voz+canto; comedia del arte.
  • 3. O 17 de dezembro celebraremos o 1º Encontro 3º Pé.
  • 4. O Concello de Oleiros dá luz verde ao proxecto do festival “Cabaré3 Oleiros”.


Continue reading Boletín nº2 do 3º Pé

Un camión de la basura arranca una balaustrada del siglo XVI

Un camión de la basura arranca una balaustrada del siglo XVI del edificio del Liceo del casco histórico de Ourense al engancharse en la iluminación navideña.

El presidente del Liceo, José Carlos Martínez Pedrayo, responsabilizó de esta situación tanto a la empresa de iluminación como a la de recogida de basura por la “falta de cuidado” con un edificio histórico. Además, lamentó que se haya esperado a que un bien cultural como es esta balaustrada del año 1585 se vea dañado para “tomar precauciones” a la hora de instalar el alumbrado en edificios históricos.

“Espero que sirva de ejemplo, que lamentablemente hemos sido las víctimas, pero que sirva de ejemplo para todo Ourense, porque se están cometiendo tropelías por hacerlo todo con rapidez y sin permiso y sin que nadie dé autorización para ello”, concluyó el presidente de la entidad cultural.

Fonte: Europa Press

A vicepresidencia da xunta de Galiza e a AGG establecerán liñas de colaboración

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana recibiu esta mañá no seu despacho aos representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Os gaiteiros pedíronlle ao Vicepresidente a apertura dunha etapa de diálogo e colaboración co novo goberno coa finalidade de potenciar a música tradicional galega. Para conseguir este propósito propoñen a sinatura dun protocolo que regule a presenza da música tradicional galega nos actos institucionais da Xunta e apoio para a investigación e o ensino da música tradicional, creando, por exemplo, titulacións homologadas.

Os gaiteiros demandaron tamén do Vicepresidente, un apoio explícito para axudar a consolidar a estrutura da asociación que os agrupa.

Centenario do nacimento do J.Bal y Gay

Música dun tempo
Se repasaramos a memoria musical do país apreciaremos que Galicia non tivo un Mozart nin un Beethoven, ou un Manuel de Falla. Pero hai moitos nomes que contribuíron a crear a historia musical do país e que teñen certa entidade e relevancia. Entre todos eles destaca o de Jesús Bal y Gay do que se cumpren cen anos do seu nacemento e que foi autor do “Cancioneiro Galego”. A súa é outra das historias que deixou o exilio galego e que cómpre non esquecer.
__________________________________
No CMTF enteramo-nos do centenario do nascimento de Bal y Gay polas aulas de Teoria e Método da música Patrimonial de J.Luis do Pico e nas aulas de Historia da Música Galega que imparte Ramom Pinheiro, director artístico de Ouvirmos e responsável do primeiro dosier realizado sobre o Centenario jà no curso passado, 04-05.

Grazas a Ouvirmos, mais uma vez por documentar e revalorizar este dato e esta figura da música galega.
Continue reading Centenario do nacimento do J.Bal y Gay

Meniños Cantores coa Candidatura

Pase o que pase, somos unha obra mestra
Pase o que pase, conservaremos o nóso Patrimonio
Pase o que pase, este traballo é un referente mundial
Pase o que pase,
Os Meniños Cantores estamos contentos

Mañá saberemos se a UNESCO proclama o Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Obra Mestra da Humanidade. Os Meniños Cantores estamos convencidos e por iso mañá, pase o que pase, será un día de festa. Únete a nós!

Curso de Perfecionamento de Percusión Tradicional impartido por MIGUEL SOUTO

Con motivo do 5º aniversario da Asociacion Cultural Donaire, ésta ten pensado a realizacion dunha serie de actos dos que iremos informando.

Un deles, será a realizacion dun cursiño intensivo de perfeccionamento de percusion, dunha hora e media de duracion, que impartirá MIGUEL SOUTO. Os cursos desenrolaranse no Centro Civico de San Diego (Os castros- A Coruña) o sabado 17 de Decembro, nos seguintes horarios: 10-11:30 p.m., e o segundo de 11:45 – 13:15 p.m.

As cuotas serán de 6¤ para os socios da asociacion e de 15¤ para os non socios.

En principio temos pensado en un dous cursos de 10 persoas cada un pero de non haber xente suficiente xuntaremos a xente nun só curso.

Os requisitos para matricularse en dito curso serán:

  • 1.- ter un nivel minimo de coñecemento (o curso é de perfeccionamento)
  • 2.- Deberase formalizar a inscripcion chamando o número 677 81 95 37 (PILY) e realizando o ingreso correspondiente na conta da Asociacion Cultural Donaire (caixa Galicia): 2091-3000-70-3040016470, antes do dia 10 de decembro especificando no concepto: curso de percusion. De non facerse o ingreso a inscripcion non será válida.
  • 3.- A admision de alumnos farase por exclusiva orde de inscripcion.
  • 4.- O material a utilizar no curso (baquetas como mínimo, caixas sordas, tamboril, etc… correrá por conta do alumno.

Sen mais, un saúdo e contamos con que o curso sea do voso interes.

Comisión Pola Memoria “Siñor Afranio”

O vindeiro día 25 (venres), ás 17,30 h., a Comisión Pola Memoria “Siñor Afranio” (impulsada por 8 asociacións das bisbarras do Deza-Tabeirós-Montes, Cuntis, Moraña e Cotobade) vai facer a súa presentación pública en Lalín (Pontevedra), no local da Asociación Cultural “Manuel Ferreiro”, sita na Rúa F, 27, Entrechán (detrás do IES Laxeiro). Estades convidados todas e todos e, se hai vontade, podedes unirvos a esta nova iniciativa.

A Comisión Pola Memoria “Siñor Afranio” ten como finalidade a recuperación da memoria e a homenaxe ás persoas que foron perseguidas pola súa loita a prol dos dereitos e liberdades individuais e colectivos. Para iso, levará a cabo, entre outras, as seguintes iniciativas:

  • Elaborar un repertorio de represaliados e represaliadas polo franquismo no ámbito territorial da asociación.
  • Facer un listado da simboloxía franquista existente en aldeas, vilas e cidades da zona.
  • Establecer un mapa de lugares da memoria relativo á represión franquista e dos represaliados e represaliadas.
  • Colaborar con todos os colectivos locais existentes que teñan os mesmos obxectivos, potenciando e procurando a maior repercusión das actividades.

Convidamos a tod@s a unirse a esta iniciativa.

Saúdos
Manuel Igrexas
igrexas[a]redesescarlata.org
membro da comisión organizadora