Yujuuuuuu outras 100 novas partis…

There isn`t barn without straw…

O traballo que veñen a facer a Comisión de Partituras da Asociación de Gaiteiros Galegos, liderado desta volta por Eduardo Méndez Baamonde (Dubi) e Ricardo Santos, ven de dar como resultado a revisión exhaustiva dun cento de partituras que estarán ao dispór de todos os socios na sección de descargas.
Continue reading Yujuuuuuu outras 100 novas partis…

CONTINUAN OS MONOGRÁFICOS, APUNTATE.

  • Introducción ó flamenco con o guitarrista Ivan López.
    11 de marzo todo o dia.
    Inscición no tlfe. 650 071828

  • Pandeireta.
    Comeza o monográfico de Pandeireta acompañamento ó canto e arranxos impartido por Ugia Pedreira.
    Sábados de 19 a 20 horas.
    50 euros (40 euros asociados-as)

  • Construcción e cria de cans no Obradoiro de Pablo Cid en Antas de Ulla. Sábado 1 e Domingo 2 de abril.
    60 euros (50 asociados-as) con material.

  • Afinación e mecánica de acordeóns con José Maria López (Euskadi).
    Aplazado até o 8 e 9 de abril de mañá e tarde. Inscrición tlfe. 649 030531
    130 euros

    [+ info. conservatoriofolque@folque.com ou 627 934368]

CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

Volve o Ciclo Trad a Pontevedra por segundo ano consecutivo, desta volta adicado xenéricamente aos acordes de acordeón. Organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e co patrocinio do Concello de Pontevedra e a Conselleria de Cultura, o programa inlúe este ano as actuacións de varias formacións que teñen no acordeón un dos seus sustentos instrumentais: Marful, Ruso Negro, Tangata, Fernández & Quintá e os portugueses Danças Ocultas, ofrecerán o amplo abano deste instrumento que no seu día, alá polos anos 20 e 30, supuxo unha auténtica revolución na música popular.

Continue reading CICLO TRAD: Acordes de Acordeón

Entrega do Percebe de ouro

There isn`t barn without straw

O pasado 25 de febreiro tivo lugar a ‘Gran Noite de Galicia en Barcelona 2006’, unha gala á que acudiron varios cargos da Xunta e mesmo o alcalde da Cidade Condal, Joan Clos.

Os galardóns entrégaos dende hai 24 anos a ‘Enxebre Xuntanza do Percebe da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña’ que quixo facer este ano un recoñecemento á gaita. Os membros do obradoiro de gaitas da familia Seivane foron agasallados co Percebe de Prata. O pai de Susana Seivane foi o encargado de levar a Cambre o merecido crustáceo.
Continue reading Entrega do Percebe de ouro

A Reforma Guidoniana. Pregunta Final.

Pregunta final.

¿Que pinta el mál llamado “doísmo” y su gasto editorial en el estadío actual del lenguaje musical y su evolución, en qué se inspira y de que necesidad parte esa búsqueda, hacia que punto conduce?

Defiende una modificación sin motivo dentro ya de un sistema musical inútil y destructivo en origen (conscientemente) para la música de los pueblos y sus fenómenos sonoros (fue creado con otras funciones) en un instrumento que se define como popular pero diatónico, elemento perteneciente al sistema musical.

El resultado final es sólo una elisión inviable (no puede ser tomada en consideración) pedagógicamente y un absurdo (que cuesta dinero mantener) dentro del actual sistema pedagógico del entorno del niño en Galicia.

Esta práctica consiste en negar a un colectivo los beneficios pedagógicos de esta segunda readaptación que fue la transposición, adoptada de forma unánime en Europa.

No tiene más trascendencia real que eso, el negar beneficios pedagógicos dentro de un sistema establecido y eliminar vínculos que son posibles entre organologías pertenecientes al sistema.

Estos vínculos que son posibles son un patrimonio del sistema, en la pedagogía y en todos los ámbitos de la vida musical.

Alejandro Montes Fernández.
agaitaenre@hotmail.com

Continue reading A Reforma Guidoniana. Pregunta Final.

… isto é um ASSALTO

GRANDE BAILE ASALTO áS 22.30 H. NA GENTALHA DO PICHEL EM COMPOSTELA con afamados e afinados músicos galegos e apressentado polo sr. D. Carlos Santiago.

Amenizado pola afinada e afamada música de:

  • Quim Farinha (Berrogueto) e Pedro Pascual (Marful). – violino e diatónico-
  • Oscar F. Sanjurjo (Cempés) e Carlos QUintá (Linho do Cuco). – sanfona e diatónico-
  • Celina da Piedade (Portugal)- concertina-
    …e tudo aquel que queira e saiba tocar música de baile

Entrada: 300 centimos + cartom de baile.
Organiza: Gentalha do Pichel / Asociación do Conservatorio Folque de Lalín.


Apunta-te no monográfico de Danças Europeias o dia 4 de manha e tarde no CMTF de Lalim impartido por Mercedes Prieto acompanhada de Celina da Piedade. Logo imos junto ó GRANDE BAILE ASSALTO.
tlfe. de inscriçom 627 934368

Continue reading … isto é um ASSALTO

Nova Publicaçom

There isn`t barn without straw…

O Gaitero Xosé Luís Miguélez acaba de sacar ó mercado o libro “Estudios Volume I: Nivel Iniciación”, dentro dos “Cadernos de Gaita Galega” da editorial Dos Acordes.

O “Estudio” é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza, unha especie de exercicio con forma musical. Con estas publicacións preténdese aportar unha ferramenta máis, fundamental no estudio de calquera outro instrumento musical, ó ensino da gaita.

Continue reading Nova Publicaçom

O I Festival Galego de Cabaré “cabaré3 oleiros” remata a súa andaina con dous cheos absolutos e vocación de continuidade

A noite do sábado 25 de febreiro tivo lugar no Auditorio Gabriel
García Márquez de Mera o espectáculo “Femme Fatale”, broche final do I
Festival Galego de Cabaré
e que estivo marcado pola enorme afluencia
de público aos espectáculos.

Preto de trescentas persoas acudiron ao espectáculo “Cabaré na Fábrica” que tivo lugar o venres co grupo de cabaré “Manicómicos”, “Pepa e Davide” e “Mariclown”. O número de espectadores subiría aos cincocentos na segunda montaxe
escénica, “Femme Fatale”, e que se convertíu nun auténtico crisol das
diferentes verquentes de Cabaré que se están a traballar en Galicia.
Música en directo con Os Bluesmakers ou o jazz cabareteiro do grupo
Detour; números aéreos de trapecio e telas con Divino malabar ou
endesequilibrio; cabaré corrosivo con As Super Preñadas, Yoni
Mediogramo, Patricia de Lorenzo ou Gabriella Sacaúntos, transformismo
con Pía de Tolomei, escapismo da man de Pajarito e monólogos da man
dos alumnos do obradoiro de cabaré convertiron ao espectáculo “Femme
Fatale” nun fito histórico para o Cabaré Galego.
Continue reading O I Festival Galego de Cabaré “cabaré3 oleiros” remata a súa andaina con dous cheos absolutos e vocación de continuidade

o ano de xabier díaz e as músicas de salitre

Este venres 3 de marzo, ás 22:00 horas, no Auditorio Municipal, Xabier Díaz festexará en Ribadeo o recente premio que outorga o xornal coruñés LA OPINIÓN aos mellores discos galegos do ano. Músicas de salitre, o traballo co que Xabier Díaz debuta en solitario, gañou o terceiro premio; ESPIDO, unha proposta na que participan Guadi Galego e o compañeiro de Xabier en Música de salitre, Guillermo Fernández, o segundo, e o primeiro foi para Alento, da Nova Galega de Danza, formación na que Xabier Díaz pon a súa voz. Un ano triunfal, pois.

Dentro do ciclo Músicas Posíbeis, que organiza a Concellaría de Cultura de Ribadeo, todos os amantes da música poderán gozar, pois, das cancións do disco de Xabier Díaz. O prezo das entradas será o habitual: 5 ¤ xeral e 3 ¤ estudantes, xubilados e parados.

jazz en Galicia. novo CD de Xavier Constenla

O pianista ourensan Xavier Constenla grabará no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, o seu traballo discográfico que levará o nome de”miña maneira”.

Será no estilo de jazz-fusion, e contará con temas e arranxos propios como:
DEICA, PREPÁRATE, QS-8 (arreglo de pandeirada) etc.
estaran:

  • XAVIER CONSTENLA … piano
  • MIGUEL CABANA … bateria
  • QUIQUE ALVARADO … baixo eléctrico

NOS PREMIOS OPINIÓN DE MÚSICA FOLK GAÑAN NOVAS FORMULAS.

Nos premios de música fok La Opinión (A Coruña) os músicos de Nova Galega de Danza acadan o 1º premio.

2º premio. Espido (Guadi Galego e Guillermo Fdez).
3º premio. Xabier Diaz con Salitre.

————————————————————————————-
Parabéns ós tres desde a comunidade folque e desde o CMTF.
Gostamos que se premien novos horizontes dentro do folque.

Continue reading NOS PREMIOS OPINIÓN DE MÚSICA FOLK GAÑAN NOVAS FORMULAS.

Nova Galega de Danza acada o V Premio Opinión

Nesta edición deuse o resultado máis apretado na historia do galardón, sendo cinco os álbumes que tiveron opcións ata o último momento de acadar un dos Premios Opinión.

O reconto de votos desta V edición dos PREMIOS OPINIÓN
deixa unha igualdade extraordinaria que non acontecera
nos anos anteriores, nos que o disco gañador gañaba
folgadamente e só había resultados apretados para
outros lugares. Mais nesta ocasión, ata cinco
traballos tiveron opcións de acadar premios e os
resultados deixan as posicións de xeito escalonado.
Nova Galega de Danza recibiu 17 puntos, Guadi Galego e
Guillermo Fernández tiveron 16, Xabier Díaz obtivo 15,
Pepe Vaamonde grupo quedaron con 14 e Luar na lubre
aparece con 13, Como se pode comprobar, as diferenzas
son escasas.

Continue reading Nova Galega de Danza acada o V Premio Opinión

Exito rotundo deste Pantagruélico v3.0

Nom há palheiro sem palha

Pareceme a min que esta edición Pantagruélica fixo gala do seu nome e non deixou indeferente a naide, polo menos das referencias que eu teño… boeno pois isto é que co gran ambiente vivido en xeral, ainda que a tocata estivese algo apagada, anunciovos que dende a organiçaçao deste ágape xa estamos a matinar na v4.0 pra limar imperfecións e darlle un acabado o mais parecido posibel ao tono perfecto…

Pantagruélico v4.0 xa es un proxecto e pronto sera realidade… preparadevos…

Que Os Cempés quééé???

Pois que tocarán na excitante festa do augardente da Ulla o día 12 ne Marzo.

E en Oroso nun congreso internacional de periodismo e pesca. eeeh?
pois sí. Será o 6 de Maio.

E no verán xa hai 3 datas pechadas das que non teño os datos pero cando os teña xa se comunicarán, e perdón por non actualizar a web, e Serxo acaba de ter un fillo, e Cabe tamén, e que esperamos que todo vos vaia mui ben e patatín e patatán, etc, etc …

Opa e grassass tod@s….
Os Cempés

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL LOMAX THE SONGHUNTER NO CGAI

Lomax The Songhunter (o cazador de cancións).
Paises Baixos 2004.
Dirección. Rogier Kappers. Producción Joost Verhey. Dur. 94 minutos.

Documental sobre a vida do etnomusicólogo Alan Lomax 1915- 2002, moi coñecido polos seus traballos de campo en Norteamérica, o Caribe, as Illas Británicas, Italia e a Península Ibérica.

Alan Lomax estivo no 1952 en pontos como Corcubión ou a Cañiza aos que volta Rogier Kappers para filmar os participantes nas grabacións orixianais de Lomax.

Este documental será presentado polo profesor de Historia da música galega do CMTF, Ramom PInheiro, o venres dia 24 de febreiro no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en Coruña ás 20,30 horas.

Eixo Norte Galiza – n00

Caros,

Como estava perspectivado, a Audiência Zero tem a anunciar que já está disponível na Internet a página do projecto Eixo Norte-Galiza – www.audienciazero.org/eixo.

Fruto dos contactos desenvolvidos recentemente, esta página é, resumidamente, uma base de trabalho que servirá de apoio às nossas intenções de divulgar e empreender as mais diversas actividades de aproximação cultural entre o Norte de Portugal e a Galiza.


Ilustraçao: Rui Ricardo
Portugal loves Galiza

Podemos adiantar que a apresentação oficial da página realizar-se-á no Porto Rio, prestigiada sala de concertos sobre o Rio Douro, que irá apadrinhar no dia 8 de Abril (sábado), uma noite rock’n’roll de lançamento do Eixo Norte-Galiza.

Entretanto, ainda no mês de Março, a Audiência Zero recomenda o concerto de Smartini (grupo indie/rock das Taipas), no Mercedes (Porto), no dia 10 de Março. Para 18 de Março está agendado o regresso a Portugal dos galegos Samesugas (Santiago de Compostela), para um concerto no Kastru’s Bar, Esposende.

Cumprimentos

Audiência Zero
Pedro Cadima
pedrocadima@audienciazero.org

O projecto Audiência Zero passa também pelo MySpace visitem-nos em www.myspace.com/audienciazero.

…Riiiiiiing acabou o tempo…

Nom há palheiro sem palha

O prazo rematou pequenos padawans do 6/8… o que non se apuntou até o de agora sentindoo un brazado… manha a meia manha chamarei ao restaurante para concretar o número de jaiteiros que degustaremos as delicias dun prato tan autóctono como farturento… e dos licores que como a musica non poden faltar a esta cita…

Boeno sen mais, deixovos os contatos por se alguén de ultimisima hora quere modificar a seu escolha… até as 12 da manha…

*655-822-003
*xian120@hotmail.com

Continue reading …Riiiiiiing acabou o tempo…

O dúo Fdz-Quintá comenza unha minixira de inverno

Dúo Fdz.-Quintá:

Oscar Fernández, Zanfona Eléctroacústica
Carlos Quintá, Acordeón diatónico

Tedes a opurtunidade de asistir a algún dos concertos de esta formación nas seguintes datas e lugares:

Febreiro

+24 Residencia da 3º edade Lalin (só para residentes)

Marzo
+03 Fene (O son de cociña)
+04 Santiago (gran baile asalto na Gentalha do Pichel)
+08 Ferrol (Manchita cosa)
+10 Allariz (Roi Xordo)
+17 Coruña (A Repichoca)
+24 Lalín (Barriga Verde)

+ Ourense (O Miudiño) Data sin comfirmar

Abril
+06 Pontevedra (Teatro Principal “ciclo Trad”)
+28 Naron (Auditorio Municipal, Encontro Coa Zanfona Contemporánea)

+Lalín Fogar de Breogán Data sin comfirmar
+Bertamiráns Data sin comfirmar

Continue reading O dúo Fdz-Quintá comenza unha minixira de inverno